mércores. 11.12.2024
El tiempo

Ruralismo 3.1: A Señora Serafina do Roquiño

  • Coleccionable. Transición Rural á Modernidade (S.XX).
  • Fotografia: Antonio Nodar.
  • Texto: Nando Lestón.
Sra Serafina do Roquiño, sentada al lado de la Lareira, con la Cunca del caldo, al lado del fuego el pote de hierro fundido que servia para tener agua caliente para los humanos y animales
Sra Serafina do Roquiño, sentada a carón da Lareira, coa Cunca do caldo, ao lado do lume o pote de ferro fundido que servía para ter agua quente para humanos e animais. Foto: Antonio Nodar
Ruralismo 3.1: A Señora Serafina do Roquiño

Todo é negrura na casa de Serafina do Roquiño. Menos a súa alma.

Esta composición fotográfica está chea de xerarquías, con certa sutileza, Nodar, cóntanos a vida da Sra Serafina.

No primeiro plano atopamos unha banqueta, baldeira, seguramente dunha ausencia; pode que sexa viúda.

Ó carón desa banqueta albiscamos a silueta quente, abrillantada polo reflexo da lus do lume, dun Pote, que alimentará a máis importante posesión labrega, os animais que nos axudan a prosperar, co seu traballo, co seu corpo, co seu calor.

No mesmo lado, creando un pano de blancura en forma de lus e calor, está o lume chispeante, con apenas movemento, dereito, creando un corpo que separa dous planos pero, ao mesmo tempo, unifica e da sentido de fogar; disparando carumas como fogos fatuos, alumiando o pensamento.

Así está a Sra. Serafina, que noutro tempo xoven, hoxe está surcada pola vellez, botando de menos ou demais, os aconteceres dunha vida nun agonizante século XX.

Serafina, nome que sgfnifica Flameante e tamén na tradición cristiana, Anxos Alados, centra xunto co lume a escea alumiada. Mira de soslaio a unha presencia inhabitada, as lembranzas non fan sombra porque todo é escuro menos o seu cabelo, blanqueado polas edades que asoman debaixo da touca. Sostén nas mans unha cunca cunha culler pendurante, o alimento para o corpo o calor para a alma.

A Sra.Serafina viste de negro, vai abrigada mesmo dentro da casa, o mandil fai ás veces de mesa improvisada que xa non comparte máis que ela.

Os zapatóns escuros imprimen máis dureza. Contacto directo ca terra, útiles fiables, falan por si sós dunha necesidade que se impón a calquera tipo de sutileza ou pasión. Non hai muito tempo de Ser Muller.

De ter desexos nin contradiccións.

Naquel Século XX, nunha Galicia que vivía no XIII, a Sra. Serafina habitou todas esas almas sen reproche, aprendendo as Artes da Pacencia, aquelas que leva media vida aprendelas. A Cura.

A cura de tódolos males, de amor e de Tullidos. Menciñas de Herbal e Monte. Contos da Lareira. A Palabra e o pensamento. Na Escuridade Alumiada, hoxe Muda.

  • Fotografia: Antonio Nodar
  • Texto: Nando Lestón

 

MÁIS ARTIGOS DE NANDO LESTÓN EN QPC

A VIÑETA DE NANDO LESTÓN

Outras historias de Antonio Nodar

 
 

 

Comentarios