xoves. 23.01.2025
El tiempo

Ruralismo 3.0/03: Cabaseira de Baíñas

  • Coleccionable. Transición Rural á Modernidade (S.XX).
  • Fotografia: Antonio Nodar.
  • Texto: Nando Lestón.
Cabeceira o horreo, construccion de piedra con ventilacion para guardar el grano y los alimentos. los pies representan la imagen del champiñon y tenian por funcion cortar el accesso a las ratas. Las piedras estaban colocadas de manera que quedaran espacios de ventilacion para el pasaje del aire.
Foto: Antonio Nodar
Ruralismo 3.0/03: Cabaseira de Baíñas

A Arquitectura Tradicional Galega, non acostuma a ser imponente.
Ás veces, asemede, está construída de xeito desigual, unhas veces tosca e outras labrada e canteada ata rozar a perfección e a armonía co entorno.
A Arquitectura da que falamos é a funcional, a útil. Por necesidade.

Esta Cabaseira non ía ser unha excepción; coma outras muitas presenta un aspecto sinxelo, humilde... deslocalizada na actualidade... non será a Raíña das Cabaseiras.
Pero ten o seu aquel.

Logo falamos de como Antonio atopa o xeito de que semelle un "portento".
Comenzamos cun ceo despexado pero atravesado por unha intensa nube en diagonal, que tamiza a lus e crea dous panos... un alumiado e o outro en penumbra, un efecto óptico que a cámara non resiste. Pequenos focos de lus pelexan por alumiar pero son sofocados pola pesadez desta nube que desprende farrapos. A nube ten presencia, mesmo semella que a imaxe está feita para ela.
Hai elementos anécdóticos, pero importantes, que someten á imaxen a certa decadencia; falamos dos postes da lus, así como as edificacións aledañas ao hórreo, que nos falan do progreso fronte á resistencia da edificación tradicional ou á forma de vivir nativas.

Ao fondo da imaxe, o que semellan adultos falando nun espacio humanizado, pasan desapercibidos, non aportando máis que unha mera presencia e testimonio de que por alí hai vida.
Pero se falamos de Presencia, esta está no Hórreo.
Antonio dálle un espacio preminente e central, destacando a monumentalidade do sinxelo, do arcaico, do rústico e do aldeán.


Compón dabaixo arriba, nun contra-picado fotográfico que fai máis pronunciada a presencia, con fugas e perspectivas asimétricas que monumentalizan esta arquitectura.

As fugas están por todas partes, no teito, nas capas, no basamento e na pequena estrada que lle transita a carón; estas fugas case coinciden todas nas cabezas dos postes que vemos ó fondo.

A Cabaseira, o seu corpo, pés e basamento, fan un "todo" único, como se todo estivera soldado entre sí; a pesar do aspeuto transitado polo tempo,observamos solidez. Ben é certo que hai un dato que non debemos pasar por alto;esta cabaseira ten once pés. Observamos que un deles (o terceiro comenzando pola esquerda) está ocupando un espacio que altera as distancias; semella posto con posterioridade, debido, seguramente, a algunha fractura dos perpiaños que se asentan nas capas, xa que hai pequenos remates e apaños feitos con cemento.

O paso do tempo fai mella, hai unha evidente erosión nos pés que, a estas alturas, semellan cogumelos petrificados.

Polo número de pés e tamaño a cabaseira non é de probes,pero na sua factura comprobamos que as pedras están colocadas ó xeito,e decir, apoiadas entre sí se artificios nin traballo de cantería. Non se aprecian adornos, nin cruces, así que se pronuncia como unha cabaseira "pagana".

Por último, cómpre destacar a escasa sintonía que existe nos procesos de transición entre diferentes épocas.
Aproada na cabaseira, hai un elemento que non "sintoniza" co resto, aínda que sexa mesmamente para sintonizar canais. O progreso acostuma a desplazar as formas de vida en armonía ca Terra e cas xentes que a habitan, usando elementos tradicionais como soporte da sua existencia,sexan bosques,mares ou terras de cultivo. A ninguén se lle escapa semellante "aberración", pero Patrimonio, polo xeral, nin come nin deixa comer.

Hai Grandeza e humildade a partes iguais nesta arquitectura. Hai servicio á Comunidade nesta arquitectura que, gardará o gran dos ratiños para que o pan levede. Hai Humanidade en cada pedra, posta unha a unha para que a vida teña futuro... incerto pero real.

Só penso, finalmente que, aínda que cada xeración ten dereito a crear as suas propias tradicións e xeitos de entender a Vida... hai que ter en conta que outras Vidas deixan rastro. Ese rastro non debe borrarse para así poder sustentarnos, como fai a cabaseira, nalgo sólido e común. A Cultura.

  • Fotografia: Antonio Nodar
  • Texto: Nando Lestón

Ruralismo 3.0

 

MÁIS ARTIGOS DE NANDO LESTÓN EN QPC

A VIÑETA DE NANDO LESTÓN

Outras historias de Antonio Nodar

 

Comentarios