Xa nos vai tocando
Levo case unha semana penando pola casa adiante, pivotando coma un zombi entre o sofá e a cama... a expresión mesma da decadencia física levada o límite. Vivo entre sudores e tusigueiras, mudando a roupa pegada o corpo ata que deixa estampada o logotipo dalgunha marca.
Non aturo máis e as uito e cuarto, sen cita, tiro para o médico para que me saque adiante como poida, como fixo miña nai e meu pai pero eles sen cobrar.
Ó salir pola porta da consulta, na sala de espera, espera tamén outro coñecido, da mesma quinta, fixemos o servicio militar xuntos. Mirámonos e rosmamos un "que tal home"... que na miña cachola soaba... "estamos para o arrastre tío, isto si que é unha guerra, e as defensas van perdendo"... precisamos reforzos.. .malditos ianquis..!!!!
As uito e media estou fóra, fóra de xogo por completo, así que antes de pasar pola farmacia, que aínda non abriu, métome un par de horas no imperio dos sentidos, no que se volviu a miña cama.
Alí sudo un pouco máis... e máis..
Érgome de novo e almorzo a metade do de sempre e nada sabe a nada, ou todo sabe igual, coma as noticias da tele, que dá o mesmo, amnistía que terrorismo... todo sabe igual, todo politizable, xuzgable... noticiable.
Arrinco o coche e soa R3, placebo perfecto para chegar inmune ata a farmacia; métome na primeira por medo a non chegar á segunda. Alí está Fernando, a segunda xeración... antes os pais, agora os fillos.
Coma nós, os enfermos, antes nosos pais, agora nós mesmos.
Agora é a miña xeración a que comenza a asomar polos Centros de Saúde, ninguén escapa, non hai soborno posible.
Saio da farmacia... antibiótico, antidiarreico, mucolítico... un desastre.
VIVA A SANIDADE PÚBLICA QUE ALGO FAI POR MIN.
FELINOS E RATOS
"Se o rato ratea, o gato gatea... pero se o rato non gatea.. o gato non ratea".
Calquer felino precisa dun estímulo para atacar. Ás veces, cando miras para o gato ou gata (que son máis rateadoras), daste conta de que son capaces de inventarse os seus propios estímulos... dá o mesmo que sexa o seu rabo ou unha chapa de pesicola... o conto é que se mova algo.
Nótaselle na mirada viva, curiosa e sobre todo anticipada, ca que é capaz de pronosticar en décimas o próximo movemento do rato.
Esa, exactamente esa, era a mirada que o candidato Rueda non tiña no debate da TVG.
Quérolle ben a os ratos, pero admiro a os felinos, máis ben, felinas, como dixen, máis rateadoras.
Pero como a colei... non vos esperabas esta viraxe... jajaja... pasa a lista nejra!!!
Duas caracerísticas ten que cumplir un aspirante a felino para ter éxito na caza. A primeira como dixen é estímulo, que nace do propio instinto e a segunda é falar a linguaxe felina e non outra. A lingua está conectada co Ser; algo que, unha boa parte dos galegos non ve... ou non quer ver, fui o que lle aconteciu onte a Rueda como aspirante a felino,que nin ten estímulo nin fala a sua lingua. Rueda e non Roda,fala castelan "al más puro estilo Ayusooor"... e así as ideas non fluen... que peniña... atacaba por atacar cousa que nunca fai un felino... antes dorme.
Pero como este é un país de suicidas e os millores paros biolóxicos chegaron co Prestixe... e os plásticos chegaron de toda a vida á costa como se fora un castigo divino e non culpa dalguén... aquí, o "jalejo" apandador votará para que siga chegando plástico como se fixo toda a vida... ou queredes vós saber máis que eu "ca esperiensia que eu teño". Así que non me extrañaría nada que Jalisia fora o 18 F... unha auténtica ratonera.
- Nando Lestón, Artista, pintor e escultor que vive en Carnota.
A VIÑETA DE NANDO LESTÓN
NOVAS RELACIONADAS
- Taller Mar (Movimento Artístico Rural)
- “Cando ti non estás”, a colección de estampas de Caldebarcos que expón Nando Lestón
MÁIS ARTIGOS DE NANDO LESTÓN EN QPC
- Garamendi.
- Mi querida Babel
- Un novo Deus... Abalado sexa
- Madrí, rotonda de Hespaña.
- No país dos cegos o torto é o rei
- Letras
- SALVE CARNOTA.
- Entre ideoloxías anda a probe vida
- Ser pintor na Costa-Verdescente da Morte.
- Turismo global. Unha pandemia máis.
- Orxías culinarias.
- ASPAFIN, a Asociación de Pacientes do Finisterrae.
- La grande belleza... y la grande torpeza.
- Limpade... limpade vós.