Xoves. 02.05.2024
El tiempo

A familia Anorthosis salva unha xornada excesiva chea de baixas

A familia Anorthosis salva unha xornada excesiva chea de baixas

Moitos encontros os celebrados polos equipos do Anorthosis Vimianzo esta pasada fin de semana. En total de 9 se contamos o adiantado do 5 de xaneiro e que correspondía a esta xornada. Pero os resultados non foron todos o satisfactorios que cabía esperar, pero se temos en conta as dificultades para formar algún dos equipos debido as múltiples baixas, a parroquia soneirá debe estar contenta de solventar a xornada e pensar en positivo para as próximas.

3ª división nacional masculina

  • Conxo TM - Anorthosis Vimianzo 5-2 (17-10)
  • Arteal Ventanas - Anorthosis Vimianzo 6-1 (19-7)

Dúas derrotas do primeiro equipo. Con elas, o Anorthosis queda 8º, máis preto da zona de abaixo que da de arriba.

1ª división galega

  • Cambre Promesas - Concello de Zas Aquacenit 1-6 (4-20)
  • Conxo Ponte de Ferro- Concello de Zas O Gaiteiro 7-0 (21-2)

Segue arrasando o Aquacénti mentres que O Gaiteiro segue pagando a súa inexperiencia. O Aquacenit lidera a 1ª Galega, empatado co Breogán Oleiros C, con 9 vitorias e 1 derrota nas 10 xornadas disputadas.

Familia do Concello de Zas Aquacenit e do Concello de Zas O Gaiteiro

2ª división galega

  • Oroso TM Hotel Santa Cruz - Concello de Zas O Pinar 7-0 (21-1)
  • Oroso TM Talleres MR - Concello de Zas O Pinar 2-5 (7- 16)

2ª división nacional femenina

  • Aluminios Xeal de Zas - Cambados TM 0-3 (1-9)
  • Aluminios Xeal de Zas - Monte Porreiro "A" 0-3 (0-9)
  • Aluminios Xeal de Zas - Monte Porreiro "B" 1-3 (6-9)

Vindera cita

Se a fin de semana pasada foron moitos os encontros a disputar, para o vindeiro só 2, e con eles complétase a 1ª volta na categoría masculina.

1ª división galega: Sábado 18 de xaneiro a partir das 16'00 h no ximnasio do CPI de Zas:

  • Concello de Zas Aquacenit - E.S. Sigüeiro.
  • Concello de Zas O Gaiteiro - E.S. Sigüeiro.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Estevo Lema.

Comentarios