Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O Gaiteiro xa sabe gañar

O Gaiteiro xa sabe gañar
Equipo do Concello de Zas O Gaiteiro

Se a fin de semana anterior non fora boa en resultados, esta podemos dicir que foi pletórico. Unha porque se gañaron os dous encontros disputados e outra na 1ª División Galega, e máis importante, porque Concello de Zas O Gaiteiro conseguía a súa primeira vitoria do ano na categoría na que debtaba e ademais o facía con claridade gañando os 4 primeiros partidos. Así deixa a última plaza da clasificación e as esperanzas e o ánimo moi alto para repetir a experiencia.

No outro encontro, do Aquacenit, pouca historia, pois a superioridade do equipo soneirán vese reflexada no marcador, igual que na táboa, na que segue líder con 10 vitorias e 1 derrota empatado co Breogán Oleiros C.

1ª División Galega

  • Concello de Zas Aquacenit - E.S. Sigüeiro 7-0 (21-4)
  • Concello de Zas O Gaiteiro - E.S. Sigüeiro 5-2 (17-9)

Vindeira xornada

Encontros para o vindeiro fin de semana. Todos no ximnasio do CPI de Zas.

  • Venres 24 de xaneiro de 2014:
    - 19'00h. Concello de Zas O Pinar - Construcciones Cernadas.
  • Sábado 25 de xaneiro de 2014:
    - 3ª división nacional: 16'00 h Anorthosis Vimianzo - Conxo TM.
    - 1ª galega: 16'00 h. Concello de Zas Aquacenit - Conxo Ponte de Ferro;
    - 1ª Galega: 18'00 h. Concello de Zas O Gaiteiro - Conxo Ponte de Ferro.
  • Domingo 26 de xaneiro de 2014. 2ª concentración da liga de 2ª nacional femenina:
    - 9'30 h. Monte Porreiro "A" - Monte Porreiro "B"
    - 9'30 h. Aluminios Xeal de Zas - Cambados TM
    - 11'00 h. Aluminios Xeal de Zas - Monte Porreiro "A"
    - 11'00 h. Cambados TM - Monte Porreiro "B"
    - 12'30 h. Aluminios XEal de Zas - Monte Porreiro "B"
    - 12'30 h. Monte Porreiro "A" - Cambados TM.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Estevo Lema.

Comentarios