Venres. 29.03.2024
El tiempo

COVID: Novo cribado na Laracha mentres a incidencia se estanca

Datos Covid Costa da Morte 06-05-2021
COVID: Novo cribado na Laracha mentres a incidencia se estanca

Esta fin de semana remata o estado de alarma e a Xunta vén de anunciar que levantará o peche perimetral e o toque de queda a partir das 0:00h deste domingo 9. Ademais, aumenta o horario de restaurantes ás 01.00 horas, sempre que o Concello de turno non estea no nivel máximo de restricións.

Non hai concellos costeiros no nivel máximo, pero si no nivel Alto, como son A Laracha e Coristanco, cuia hostalería non poderá abrirá no seu interior. Ademais, Carballo está en nivel Medio, onde a hostalería só pode abrir ao 30% no interior e ao 50% nas terrazas.

Para ir controlando os gromos, o Sergas está desevolvendo cribados pola comarca, e o vindeiro será o que realice esta fin de semana na Laracha, concello onde o gromo no CEIP de Caión está provocando inquedanza. Entre sábado 8 e domingo 9 serán convocados 4.850 veciñ@s de entre 20 e 59 anos para facer PCR no Centro de Saúde de A Laracha.

En calquera caso, a tendencia á alza rompeuse esta semana e os casos volven caer, cada vez máis, nos concellos máis afectados. Por exemplo, Carballo ten 10 casos menos que onte nos últimos 14 días.
Polo lado contrario, Concellos que onte non tiñan ningún caso como Cabana, Corcubión, Fisterra, Mazaricos ou Zas suman algún novo caso. Quedan pois só 4 concellos sen ningún caso: Laxe, Camariñas, Corcubión e Muxía.

Rompe a tendencia tamén nos Centros de Ensino

Hoxe temos ademais 4 casos menos e 2 centros menos afectados que hai 5 días entre os Centros de ensino da Costa da Morte.

06-05-2021 Centro Total
Positivos
Aulas
Pechadas
A LARACHA CEIP Caión 8 3
A LARACHA IES Agra Leborís 2 0
A LARACHA CEIP Ramón Otero Pedrayo 1 0
CARBALLO CPR Plurilingüe Artai 1 0
CARBALLO IES Isidro Parga Pondal 10 0
CARBALLO CEIP Fogar 1 0
CARBALLO IES Alfredo Brañas 1 0
CARBALLO IES Monte Neme 2 0
CARNOTA IES Lamas de Castelo 1 0
CARNOTA CEIP Plurilingüe de Carnota 5 0
CEE IES Agra de Raíces 1 0
CEE CEIP Plurilingüe Eugenio López 1 0
CORISTANCO CEIP Canosa-Rus 1 0
PONTECESO IES Eduardo Pondal 1 0
SANTA COMBA CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza 1 0
VIMIANZO CEIP Plurilingüe San Vicenzo 1 0
TOTAL 16 38 3
 

Máis novas sobre o covid

Comentarios