Venres. 23.10.2020
El tiempo

O BNG presentou aos seus cabezas de lista en Cabana, Fisterra e Mazaricos

O BNG presentou aos seus cabezas de lista en Cabana, Fisterra e Mazaricos
Candidatos do BNG-Asambleas Abertas de Cabana Fisterra Cee Carnota e Malpica

Aproveitou o BNG para presentar varios candidatos ás Eleccións Municipais de maio. As asembleas de Cabana, Fisterra e Mazaricos presentaban aos seus representantes en eventos ben multitudinarios.

Así xa coñecemos as propostas nacionalistas en Cee e Coristanco, en Carballo, en Muxía, en Camariñas, en , en Malpica, e mais en Carnota.

Pero imos coñecer máis de preto estes tres últimos

Kuka Sar arroupado en Fisterra

Xose Iglesias Kuka Sar Ana Miranda e Xurxo Souto co BNG de Fisterra

A Galería de Fisterra servía de fermoso escenario para a posta en escena da nova candidatura do BNG fisterrán. Tras uns anos con diferentes caras (Modesto Fraga e Germán Martínez non duraron demasiado), Kuka Sar Oliveira, mariñeiro da vila, toma o rumbo do seu barco de pesca artesanal.

Arroupado por moitos compañeiros de partidos como a propia Ana Miranda, e por grandes persoeiros da vida cultural costeira como Viki Rivadulla, Xosé Iglesias ou Xurxo Souto. Moito mar vivo.

A queimada de Roberto Traba foi a encargada de poñer o peche ao evento.

Roberto Traba Velay na presentacion do BNG de Fisterra A Galeria chea para a presentacion do BNg de Fisterra

Presentación masiva do candidato do BNG de Mazaricos

Cheo na Casa da Cultura de Mazaricos para a presentacion do BNg

Cheo na Casa da Cultura da Picota para a presentación de Juan Blanco como candidato á alcadía de Mazaricos. Unha posta de largo, na que Blanco deixou claro que gobernará en minoría se é preciso pero que “en ningún caso” haberá pacto pola súa parte para acadar o poder.

Juan José Blanco Riveiro, de 35 anos, piloto aeronáutico de profesión, casado e cun fillo, rexenta unha empresa de turismo e deportes de aventura no embalse de Fervenza, en Mazaricos, e repite como cabeza de lista do BNG.

Falouse da preocupante situación demográfica do Concello, da súa baixada de soldo e a eliminación da nómina do tenente de alcalde se gañan as eleccións, que reducirá os gastos políticos de 116.000 a aproximadamente a metade. “Con eses 55.000 euros, que en catro anos son 220.000, podemos darlle unha axuda digamos de 5.000 euros a cada autónomo que emprenda actividade no Concello, que sumada aos 6.000 do Estado son 11.000, unha cantidade non moi grande pero importante para alguén que empeza”, detallou Blanco, quen considera que a creación de 11 pequenas empresas ao ano é un obxectivo factible e moi importante nun municipio como o de Mazaricos.

Falou tamén do sector gandeiro, porque “del depende a supervivencia do Concello”, i é que Mazaricos é a primeira potencia productora de leite de provincia, con 70 millóns de litros ao ano. “Nós non lle pedimos o carné a ninguén e fagámolo ben ou mal imos ser quen sintamos as consecuencias, porque vivimos aquí e non imos marchar para ningún sitio”, senalou Blanco, en referencia ao candidato do PP, que reside na Coruña.

Blanco, que asegura que manterá unha comunicación directa ca veciñanza, enfrontarase ao novo candidato do PP, Nicolás Martínez, actual concelleiro do PIMAZ. E para iso, conta xa con máis de 30 persoas comprometidas para integrar ás listas definitivas, “algo nunca visto no BNG mazaricán”.

Juan Jose Blanco co BNg de Mazaricos

O BNG cabanés, para “darlle a volta á tortilla”

Meli Souto dandolle a volta a tortilla co BNG Cabana

O BNG de Cabana-Asambleas Abertas presentou tamén durante a fin de semana ao candidato cabeza de lista en Cabana Fernando Souto Verdes, máis coñecido como Meli. Unha persoa que leva varios anos na pelexa activa contra a mina de ouro de Corcoesto, formando parte da Plataforma en Defensa de Corcoesto e Bergantiños.

Jennifer Penedo fixo unha alegría á primavera para cambiar as cousas, para “darlle a volta á tortilla”, e deu paso a Meli para falar dos problemas de Cabana “onde se fan paseos mentras hai casas sen agua”. Falou da “casca do ovo, da política da casca e da necesidade de darlle a volta á tortilla". Moita emoción da xente nun acto cheo no local social de Neaño.

Novas sobre as Eleccións Municipais

Novas sobre as Eleccións Xerais

Máis novas políticas

Fonte

comentarios