COVID: Carballo tamén pecha os parques infantís ante a continua subida

Imaxe da Comisión de Seguemento COVID celebrada onte no Salón de Plenos de Carballo

Con 392 casos activos, 389 novos casos rexistrados nos últimos 14 días (160 casos activos máis que hai unha semana), Carballo sitúase como o gran epicentro da pandemia na comarca. De aí que a Comisión de seguemento do COVID celebrada onte tomase novas medidas de prenveción.

O Concello, ademais de Bibliotecas, piscinas… pecha tamén os parques de xogos e as pistas multideporte.

Igualmente a Policía Local recuperará o sistema de quendas que utilizou durante o estado de alarma e reforzará o control sobre o cumprimento da normativa.

Continúa a escalada

A cifra de novos positivos segue medrando. Hoxe son un total 1081 novos casos rexistrados no últimos 14 días (9 máis ca onte) o que daría unha taxa de incidencia acumulada media de 700 casos por cada 100.000 habitantes. Segue a ser a comarca de Bergantiños a máis preocupante, con concellos como Carballo, A Laracha e agora tamén Malpica superando a cifra de 1.000 casos por cada 100.000 habitantes.

Dumbría é outro dos concellos coa taxa de incidencia media máis alta (1.300), mentres seguimos esperando os resultados do cribado masivo realizado en Camariñas e Vimianzo. Un cribado de 6.000 persoas que se está ralentizando pois o Sergas está tendo problemas para contactar por SMS con moitas persoas que na súa ficha ten o teléfono fixo.

De aí que dende o Sergas animen á veciñanza a chamar ao Centro de Saúde e actualizar os datos de contacto.

Centros de ensino

Semella que pega un frenazo a subida nos centros de ensino e se estabiliza.

Concello Centro Total Positivos Aulas Pechadas
CABANA CPI As Revoltas 1 0
CAMARIÑAS CEIP Ponte do Porto 2 0
CAMARIÑAS IES Plurilingüe Pedra da Aguia 2 0
CAMARIÑAS CEIP O Areal 3 0
CARBALLO E.I As Landras 1 0
CARBALLO CEEPR Aspaber 1 0
CARBALLO CEIP Gándara-Sofán 3 0
CARBALLO IES Alfredo Brañas 11 0
CARBALLO CPR Artai 6 0
CARBALLO CEIP Bergantiños 7 0
CARBALLO CEIP Fogar 6 1
CARBALLO IES Monte Neme 8 0
CARBALLO CEIP Netoma-Razo 1 0
CARBALLO IES Parga Pondal 4 0
CEE CEIP Plurilingüe Eugenio López 3 1
CEE CPR Plurilingüe Manuela Rial Mouzo 3 0
CEE IES Fernando Blanco 4 0
CEE IES Agra Raices 3 0
CORCUBIÓN CEIP Praia de Quenxe 2 0
CORISTANCO EI Coristanco 1 1
CORISTANCO CEIP de Bormoio-Agualada 1 0
CORISTANCO EFAG Fonteboa 2 0
CORISTANCO CEIP Canosa-Rus 4 0
CORISTANCO CPI Alcalde Xosé Pichel 5 0
CORISTANCO CRA de Coristanco - Santa Comba 1 0
CORISTANCO CEIP de Bormoio-Agualada 1 0
DUMBRÍA CEIPP Santa Eulalia de Dumbría 2 0
FISTERRA CPR Ntra.Sra. del Carmen 3 0
LAXE CPI Plurilingüe Cabo da Area 6 0
LAXE EEI de Traba 1 0
LARACHA CEIP Alfredo Brañas 1 0
LARACHA E.I. A Laracha 1 0
LARACHA CEIP Ramón Otero Pedrayo 12 1
LARACHA ES Agra de Leborís 2 0
MALPICA CEIP Joaquín Rodríguez Otero 2 0
MALPICA CEIP Milladoiro 5 0
MALPICA IES Urbano Lugrís 2 0
MAZARICOS CPI Plurilingüe da Picota 2 0
MUROS CEIP Ramón de Artaza y Malvárez 2 0
MUXÍA IES Ramón Caamaño 1 0
PONTECESO CRA NOsa Señora do Faro 2 1
PONTECESO IES Eduardo Pondal 2 0
SANTA COMBA IES Terra de Xallas 2 0
VIMIANZO CEIP Plurilingüe San Vicenzo 6 0
VIMIANZO IES Terra de Soneira 3 0
VIMIANZO CEIP Baíñas 1 0
ZAS CEIP Labarta Pose 1 0
TOTAL 47 145

5

 

Máis novas sobre o covid

Artigos relacionados