Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Monte Pindo e o Pai Sarmiento

Monte Pindo e o Pai Sarmiento
O Monte Pindo e o Pai Sarmiento
O monxe bieito Frei Martín Sarmiento (1695 – 1772) foi, no século XVIII, o grande precursor do renacer cultural galego que tivo lugar na centuria seguinte. Como síntese do que significou para Galicia podemos lembrar unhas fermosas palabras de Xosé Filgueira Valverde: “Co Pai Sarmiento remata a noite dos séculos escuros na cultura do País. Coa súa teimuda defensa de Galicia, coa súa inmensa erudición e co seu labor de investigación, Sarmiento trae a luz que escorrenta as tebras, fai xurdir a conciencia de ser e sentirse galego. E son os homes do Rexurdimento do século XIX os primeiros en reclamar o seu maxisterio. Coa súa autoridade intelectual, Frei Martín Sarmiento botou os alicerces da Galicia contemporánea. Con el rompe a luz primeira dos nosos días”.

O noso frade viviu toda a súa vida adulta no Mosteiro bieito de San Martiño de Madrid. A pesar do seu afastamento físico, Galicia estivo sempre presente no seu pensamento e na súa obra. Durante esta estadía madrileña fixo algunhas viaxes a Galicia das que nos deixou, de maneira manuscrita, os diarios dos seus percorridos. A súa incursión máis importante foi a de 1745, a nós interésanos de maneira especial porque neste itinerario fai unha longa descrición do Monte Pindo.

O Pai Sarmiento nun gravado de 1774 de Isidro Carnicero e Francisco Muntaner
O Pai Sarmiento nun gravado de 1774 de Isidro Carnicero e Francisco Muntaner

O Pai Sarmiento na súa longa viaxe pola nosa Terra non se esqueceu da Costa da Morte. Estivo en Malpica, Ponteceso, Laxe, A Ponte do Porto, Muxía, Fisterra, Corcubión e Cee. Dende esta última localidade seguiu pola liña de costa ata a Ameixenda, e dende alí en vez de continuar pola beiramar, colle un camiño polo interior que o leva por Niñóns ata a aldea de San Cremenzo (Santa Uxía de Ézaro). Cerca de alí cruza o Xallas na “Barca dos Cregos”, que cualifica de perigosa pois o río “viene muy despeñado”. Por un índice de documentos da parroquia de Arcos custodiados no Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela, sabemos que esta barca pertencía á Confraría das Ánimas da mencionada freguesía. En 1784 era arrendada ao mellor ofertante, non estamos en situación de dar máis luz sobre o asunto porque o documento en cuestión non puidemos consultalo, segundo os responsables do arquivo, debido ao seu mal estado de conservación. O nome que lle daban á barca estaría motivado polo feito de comunicar as parroquias de Arcos e Santa Uxía, sendo tamén utilizada polos cregos de ambas comunidades eclesiásticas para asistir ás funcións litúrxicas que de seguro compartían.

Contraste entre as siluetas do Monte Pindo e do Lugar do Enxilde vistas dende o camiño que sube dende o río Xallas.
Contraste entre as siluetas do Monte Pindo e do Lugar do Enxilde vistas dende o camiño que sube dende o río Xallas.

Dende esta paraxe sube ata O Enxilde onde fará unha das paradas cunha das máis longas descricións que figura no diario. Deterase longo tempo observando a impoñente silueta do Pindo e informándose das numerosas historias e lendas que rodean o Olimpo Celta. Entre outras cousas dinos o frade bieito:
”Mirando desde el mismo lugarito de Eugilde y al mediodía se ve de frente el monte Pindo, el cual no tanto es un monte empinado, sino una como sierra, cadena o retablo de montes unidos que hacen a la vista una figura más hermosa, que la montaña de Monserrate. De hecho le conviene admirablemente el nombre de Monte Pindo; y creo que será antiguo, y que se le habrá puesto a imitación del Pindo de la Grecia”.

Como se pode comprobar por este fragmento o Pai Sarmiento, seguramente por un erro nos seus apuntamentos, denomina Eugilde á aldea que todos coñecemos por Enxilde (Engilde na súa deturpada versión castelanizada).

Aínda que no Concello de Mazaricos unicamente se sitúan os contrafortes da súa cara leste, coidamos que hai que vir ata aquí, e concretamente ao lugar escollido polo Pai Sarmiento para describir esta mole escarpada e alborotada de espido granito dunha tonalidade lixeiramente rosada.

Ao seu aspecto orográfico pouco común, podémoslle engadir toda unha serie de crenzas recollidas por Sarmiento da boca dos paisanos do lugar, a máis singular referente á súa sobresaínte feracidade:
"crece la yerba mucho de la noche para la mañana, que hay infinitas yerbas medicinales y muchas incógnitas, y que allí van a buscarlas algunos médicos; que dentro son fecundísimos los animales, y oí que algunos tiempos solían ir al Pindo los casados estériles e infecundos con el fin de tener sucesión, al modo que dije de la ermita de San Guillelmo en Finisterre”.

Froito da súa observación e do diálogo cos veciños, tamén son moi interesantes as anotacións que nos deixou sobre algúns restos arquitectónicos que aínda se conservaban na zona dereita da serra. Moi próximos ao que nós denominamos “o molete”, porque se coroa cunha forma moi semellante ao cornecho co que rematan os bolos de pan por estas latitudes; aínda que o pai Sarmiento compara este montículo cun peito de muller:
“A la derecha del que mira hay cinco collados, o cinco musas, y en la cumbre de uno de ellos, que representa una mámula o teta, y mira hacia el despeñadero del Ézaro, se eleva un antiguo edificio, y oí decir a un rústico, que era a imitación de la Torre de Hércules de La Coruña, y que había allí ruinas de edificios, jardines, calzadas, etc., todo de sillería. Acaso sería faro, y así se debía registrar de más cerca”.

Non eran un faro senón as ruínas do castelo de San Xurxo. Construción erixida no século X polo bispo Sisnando II para defender esta zona da costa dos ataques piratas. Estivo en pé ata que en 1467, durante as Revoltas Irmandiñas, a derrubaron coma outros moitos símbolos do poder feudal máis opresivo e depredador.

Unha parte do Monte Pindo visto dende o adro da igrexa de Arcos
Unha parte do Monte Pindo visto dende o adro da igrexa de Arcos

Despois da demorada contemplación que lle dedica á Serra do Pindo, e da que ofrecemos ao remate destas liñas unha transcrición case completa, continúa o seu itinerario. Pasa polo lughar de Arcos, a cabeza da parroquia, no que aínda non se erguera a igrexa actual. Obra que se inicia arredor do ano 1786, levándose a cabo en varias fases de diferente duración. A materialización pouco segura dalgunhas partes da igrexa darían lugar a un lembrado preito do que aínda hai memoria nos nosos días. O templo que puido ver o monxe pontevedrés debía ser moi pequeno, seguramente de construción medieval. Nesta aldea tamén tiña o seu solar unha póla lateral da nobre familia dos Mariño de Lobeira, os actuais Vinculeiros, con importantes posesións en toda esta zona, como nos lembra o propio frade noutro treito do diario.

Dende Arcos continuou con dirección Á Noveira, unha casa grande con pedra de armas na fachada principal. Pola miña relación familiar cos seus posuidores, gústame imaxinar que o noso viaxeiro descansou alí unha folga, sendo agasallado cun refrixerio por parte do patrucio da propiedade que, por aqueles anos, era Diego Felipe Lado González; antepasado meu e do que aínda manteño o apelido. Tiña esta familia dereito a sepultarse na capela maior da igrexa parroquial, e así cando o 7 de maio de 1782 faleza o anteriormente nomeado, será enterrado “en la capilla mayor, en las primeras del evangelio, correspondientes solamente a la dicha casa de La Nobeira”. A día de hoxe, esta propiedade segue pertencendo aos seus descendentes, concretamente ao meu parente José Manuel Lado Pérez.

Con ou sen parada na Noveira, o Pai Sarmiento prosigue o seu camiño que, despois de pasar por Reboredo, os bordes de Cima da Arca, Cornido e Canedo, o levará ata o inmenso areal de Carnota.

Para lembrar o paso de tan importante personaxe por Mazaricos e para poñer en valor a paraxe escollida polo frade bieito para facer a súa descrición do Monte Pindo, o Concello vén de crear O MIRADOIRO DE FREI MARTÍN SARMIENTO. Acondicionando con mobiliario e paneis informativos este emblemático lugar con privilexiadas vistas a unha das paisaxes máis enchoupadas de cultura dentro da xeografía galega.

Temos que puntualizar que os diarios de viaxe foron escritos de présa e correndo e co único obxecto de fornecer de datos xeográficos, históricos, etnográficos, lingüísticos,… ao pai Sarmiento para a realización doutros traballos máis demorados. Dicimos isto porque o texto ten unha redacción algo descoidada, en ningún momento pensou o noso protagonista que estes manuscritos sairían da súa cela de traballo, e moito menos que puideran ser publicados.

Esta panorámica do Monte Pindo é a que describe o Pai Sarmiento dende o alto do Enxilde
Esta panorámica do Monte Pindo é a que describe o Pai Sarmiento dende o alto do Enxilde

Seguidamente pasamos a transcribir o texto deste monxe galego do século XVIII, do que conservamos tantas mostras do seu saber e da súa inmensa curiosidade:

“Es una barca peligrosa. Pues el río Ézaro viene muy despeñado y es el que va a despeñar a poco más de media legua en el mar entre el principio del Monte Pindo y Santa Eugenia del Ézaro, o do Ézaro, y el sitio en donde cae se llama Cadoiro.
El río Ézaro, que en los mapas llaman Lézaro, nace en un sitio, llamado Las Lagoas a seis leguas de la Barca dos Cregos. A tres leguas de La Barca dicha para arriba está el puente de Brandomil y a una legua de La Barca arriba está el otro puente Olveira.
Engilde. Aldea de Arcos inmediata a La Barca, al oriente, después de pasada.
Desde un alto de Eugilde, mirando por una encañada al poniente, hay una vista primorosa pues se ve de plano la villa de Finisterre, y todo el promontorio; a la derecha las caídas a la iglesia de Santa Eugenia del Ézaro; y a la izquierda: la punta del monte Pindo, entre la cual, y la punta de La Piedra de la Galera, en Santa Eugenia —que es la que, con la punta de Ce, hacen la boca de la ría de Corcubión y Ce—, cae o se precipita el dicho río.
(…)
Mirando desde el mismo lugarito de Eugilde y al mediodía se ve de frente el monte Pindo, el cual no tanto es un monte empinado, sino una como sierra, cadena o retablo de montes unidos que hacen a la vista una figura más hermosa, que la montaña de Monserrate. De hecho le conviene admirablemente el nombre de Monte Pindo; y creo que será antiguo, y que se le habrá puesto a imitación del Pindo de la Grecia.
Represente a la vista uno como coro de musas, representadas en nueve collados distintos y muy escarpados; y en el medio se eleva sobre todas una montaña más alta como la Bicípite, o con dos collados. Atiéndase a la lámina que está en el principio de las Obras de Quevedo, impresión de España, y que representa el Parnaso, y imagínese que aquella montaña pintada tiene con aquella altura doble extensión y se tendrá una idea del Pindo mirado desde Eugilde.
A la derecha del que mira hay cinco collados, o cinco musas, y en la cumbre de uno de ellos, que representa una mámula o teta, y mira hacia el despeñadero del Ézaro, se eleva un antiguo edificio, y oí decir a un rústico, que era a imitación de la Torre de Hércules de La Coruña, y que había allí ruinas de edificios, jardines, calzadas, etc., todo de sillería. Acaso sería faro, y así se debía registrar de más cerca.
El Pindo comienza con una punta en el mar en donde se precipita el Ézaro y va haciendo un círculo, o semicírculo, hasta meter la otra punta, que llaman Cal de Barcos, en el mar. Entre esta punta y la primera hay un arenal, o ensenadilla, en el Pindo, y allí la aldea de Panchés y Quilmas, la Curra. Entre el cabo dicho, o punta de Cal de Barcos y el cabo, o punta de Lira está el grandísimo arenal, que termina todo el valle de Carnota. Es común decir que los carnotanos o carnotáns, así del valle como de sus montañas circunvecinas, son fuertísimos y de mucho valor.
El Pindo es del Marqués de la Sierra, y le tiene arrendado para pastos y le vale mucho. No hay lugar en él, sólo hay excelentes pastos, y buenas aguas. Dicen mil cosas de lo que hay dentro: que crece la yerba mucho de la noche para la mañana, que hay infinitas yerbas medicinales y muchas incógnitas, y que allí van a buscarlas algunos médicos; que dentro son fecundísimos los animales, y oí que algunos tiempos solían ir al Pindo los casados estériles e infecundos con el fin de tener sucesión, al modo que dije de la ermita de San Guillelmo en Finisterre. Lo interior y exterior del Pindo (excepto los vallecitos y caídas) está escarpadísimo, y con unas altísimas peñas inaccesibles, y aún todo el Pindo no tiene más entrada que por un lado, y es por cerca del arenal de Carnota, pues en su circuito, además de los nueve peñascos Musas, está coronado de peñascos menores que parecen almenas.
Desde Eugilde pasé a Santiago de Arcos. Cima da Arca. Cornido. Canedo de San Mamed de Carnota. Mediodía, media legua. Pedra Figueira. Santa Comba de Carnota (feligresía)”.

  • Suso Jurjo. Historiador e Técnico de Cultura no Concello de Mazaricos.

Patrimonio Pindexo

Comentarios