Un xoves de poesía leonesa no Tinglado

A un amanecer, otro crepúsculo é o título da obra (poemario) que o poeta Leonés Víctor M. Díez vén a presentar a Tinglado (Carnota). Presentam este mesmo xoves ás 20:30h, en colaboración coa Libraría Chorima, o libro nun acto poético musical ca colaboración da Doutora en música, Chefa Alonso.

Víctor, poeta, actor performer, dí escribir como se o fixera a pé de escenario e non é para menos, pois este poemario contén trinta anos de escritura poética.

Cunha longa traxectoria,ten ao seu lombo unha ducia de títulos, entre os que se encontran as antoloxías "Maldito baile obligatorio" (Ed.Liliputiense) e "Todo espera un fuego" (Ed. Provincia).
Víctor sempre estivo ligado á escritura e á escea e colaborou como columnista en revistas literarias, festivais de cine, catálogos de pintura e guías de viaxe.
É coñecido polos seus traballos como poeta de acción con músicos como Cajabaja, SIN RED, Angela Davis, Blanca doble, En crudo..), colectivos escénicos e proxectos audiovisuales.

Tamén hai que decir que ten un importante percorrido como activista da Cultura e Programador cultural.
Entre os seus títulos máis destacados podemos falar de "Evaporado va", "Oído en tierra", "Escrito sonámbulo" ou "Maldito baile obligatorio"...

A bagaxe de Víctor é inconmensurable e as postas en escea non son as de un poeta doce, non... queren chegar ao lugar que xa non lembras, aquel que quedou na marxe da memoria e el está aí para relembrar. Palabra certeira, ás veces suicida pois non ten volta atrás. Palabra "navalla" que corta o fiu da complacencia e libera a "animalidade".
"Nos hemos desnudado la piel bajo una callada pradera de estrellas. Sin pies. Así nos silenciamos hacia una flor enferma.Como el dia es centrífugo en la nube evaporado va el jardín"..

Acompañando a Víctor está Chefa Alonso.
É doutora en Performing Arts pola Universidade de Brunel e Licenciada en Medicina pola Universidade de Santiago.
Compón música para un grande número de espectáculos como danza, teatro, circo, audiovisuais e documentais.
Crea e dirixe a Orquesta Carnival e a Orquesta en Tránsito. Xunto á bailarina Raquel Sánchez crea "Bailar el Agua", proxecto de creación e improvisación interdisciplinar dirixida a persoas con discapacidade intelectual. Foi tamén unha das Artistas invitadas polo Centro de Arte Reina Sofía co seu proxecto "Malezas".

Por parte de Tinglado queríamos agradecer ás persoas que nos fixeron medrar, fundamentalmente escritoras-es e lembrar que nos trasladamos a Carnota, ao lado da nosa aliada "Librería Chorima", xa que este evento como todos os que fixemos está co-participado con ela.

 

A VIÑETA DE NANDO LESTÓN

NOVAS RELACIONADAS

MÁIS ARTIGOS DE NANDO LESTÓN EN QPC