Sábado. 27.04.2024
El tiempo
Nando Lestón
10:20
18/02/24

Pos-reflexión

Ciertamente, así como el fuego de una pequeña chispa se hace grande y se refuerza, y cuanta más madera encuentra más dispuesto está a quemar, y sin que se le eche agua para apagarlo, tan sólo con no darle más madera, al no tener nada más que consumir, se consume por sí mismo, y pierde toda su fuerza, y ya no es fuego.

Etienne de la Boetie "discurso sobre la servidumbre voluntaria"

Pos-reflexión

Hoxe serei palmariamente breve, pois a xornada de reflexión xa pasou. Erguereées-vos hoxe todos e todas cas ideas mui claras, como vén acontecendo nos derradeiros mil anos, aquí en Galicia, sucursal de materia prima e humana, coma nos vellos tempos, de Castela.

Reflexionar, veciños, require esforzo. Reflexionar debe ser a porta que se abre para encauzar, sen dúbidas, un pensamento máis xenérico. Reflexionar require concentrar a razón, valdeirar o pensamento ata quedar co sustancial... o que importa.

Reflexionar é todo o contrario de prexuiciar. Os prexuicios non axudan.

Reflexionei fai pouco sobre o asunto da UNIDADE frente á DIVERSIDADE.

Ben é seguro que nos derradeiros tempos escuitades dacotío a palabriña "polarizar", que vén de "polo", como se tales palabras identificaran dous puntos opostos, Polo Norte-Polo Sur.

Escuitades a unha parte (UNIDADE) que lle di á outra (DIVERSIDADE), que polariza á sociedade dende unha amalgama de pensamento e ideas diversas e así non hai quen se entenda. Á (UNIDADE) encántalle decir iso, pois sabe que o seu pensamento é UNICO e non o pode compartir con outros. A UNIDADE por definición está soa, pois o Mundo é Diverso.

A Segunda Guerra Mundial deixounos a todos unha mensaxe mui clarita. A DIVERSIDADE crea alianzas que chocan ca UNIDADE.

Muitos diferentes aliáronse para parar a esa UNIDADE, de pensamento único e uniforme que só sabe gobernar sobre a vida das persoas. A UNIDADE goberna Vidas,non Sistema.

Muitos diferentes fixeron frente á Unidade, de feito non lles quedou máis remedio que aliarse para parar o terror... e aínda así houbo terror.

A diversidade da Nación India precisou de aliarse para parar aquela UNIDADE formada polo "home blanco". Non fui dabondo. A UNIDADE venciu e fixo desaparecer aquela fermosa forma de Vida. Asó que...

Sendo de Laxe, de Mapica ou Camariñas;sendo de Muxía, de Corme ou de Camelle, a música do voso alento é diverso, a música sesea en cada Vila ca mistura que me contamina (para ben).

Os do Pindo, de Panchés ou Caldebarcos non falan como os de San Mamede, nin coma os de Lira nin Mallou... en apenas uns cantos kilómetros de costa a nosa música vocal é DIVERSA... E AÍNDA ASÍ..MILAGROSAMENTE... LEVÁMONOS ENTENDENDO TODA A VIDA.

A que polariza é sempre a UNIDADE pois só ten capacidade de entendimento consigo mesma na sua "maioritaria" soedade, pois éla, a diferencia da DIVERSIDADE, quer tabla rasa.Uniformes todos,vamos.

FELIS DIA DE POST-REFLEXIÓN. SORTE A TODAS

  • Nando Lestón, Artista, pintor e escultor que vive en Carnota. 

A VIÑETA DE NANDO LESTÓN

NOVAS RELACIONADAS

MÁIS ARTIGOS DE NANDO LESTÓN EN QPC

Comentarios