Venres. 20.05.2022
El tiempo

COVID: Fisterra e Mazaricos superan os 1.100 casos por cada 100.000 habitantes

Datos da incidencia COVID Costa da Morte 17-12-2020
Datos da incidencia COVID Costa da Morte 17-12-2020
COVID: Fisterra e Mazaricos superan os 1.100 casos por cada 100.000 habitantes

Hoxe entraron en vigor as novas variables de restricións que deixan libre de medidas a comarca de Bergantiños, incidindo agora o mapa nas comarcas de Xallas, Soneira e Fisterra.

Para dar conta das novidades, a Xunta mantiña onte unha reunión cos alcaldes de toda a zona na que apenas aportou cousas de interese, xa que a información a volvera enviar o día anterior a través da prensa.

Reunion virtual co Conselleiro de SAnidade e os alcaldesas da Costa da Morte
Videoconferencia do xerente da área sanitaria cos alcaldes e alcaldesas da comarca

Variación na última semana

Esta semana desenvólvense novos cribados en varios concellos, porque hai varias zonas onde a situación preocupa e moito.

Comparando os datos de hoxe cos da semana pasada, confírmase a evolución norte-sur da pandemia. Se a comarca de Bergantiños sitúase a día de hoxe cunha taxa de incidencia media de 132 casos por cada 100.000 habitantes (baixou en todos os Concellos agás en Cabana), e resto das comarcas están graves problemas.

A máis perigosa é a comarca de Xallas, onde Mazaricos, con 43 casos e unha taxa de 1106; e Santa Comba, con 60 casos e unha taxa de 636, fan saltar todas as alarmas, pendentes aínda dos cribados destes días. De feito xa se poden ver as medidas tomadas polo Concello de Santa Comba, e polo de Mazaricos.

Máis ao sur os datos máis graves son os de Fisterra, que en apenas unha semana pasou de 14 a 56 casos, chegando a unha incidencia de 1189 casos por cada 100.000 habitantes (lembren que a cifra de 250 é a tope para tomar medidas).

Mapa de restricion COVId en Galicia 17-12-2020
Novo mapa de restricións a día 17-12-2020
 

Máis novas do COVID

comentarios