P.E. Berdoias: Ata 11 concellos afectados
Ata 7 concellos son directamente afectados polo Proxecto Eólico de Berdoias e as súas estruturas de evacuación (Vimianzo, Muxía, Dumbría, Ordes, Cerceda, Santa Comba, Tordoia, Trazo, Val do Dubra, Zas e Carral) polo Proxecto Eólico de Berdoias. Un parque de 76 MW de potencia, e 17 aerexeneradores de 145 m de diámetro de rotor e 107,5 m de altura de buxe que se situarían entre Vimianzo, Muxía e Dumbría.
Outro deses 39 proxectos que se nos veñen enriba, sen que as administracións informen, tendo que ser as entidades sociais, como a Asociación Ambiental e Cultural Petón do Lobo, as que nos axude a debullarcomo afectan estes proxectos ao noso territorio.
Dende a entidade, ao faceren o cadro de características, destacan que, ademais dos 17 muíños, o proxecto inclúe 270 puntos para a Liña de Alta Tensión (LAT), que crea unha fragmentación do territorio e unha “afección moi severa ás familias que habitan os seguintes núcleos poboacionais próximos”, afectando a moitas zonas de gandeiría e plantacións.
Outros 30 proxectos_ Impacto global
”Ademais dos 17 muíños proxectados na entorna existen outros 30 parques eólicos o que produce un impacto brutal non só na paisaxe, incrementando o feísmo desta, senón no turismo e sobre todo no benestar das familias que habitan e viven nos núcleos próximos. Por outra banda, esta acumulación masificada de proxectos eólicos nunha mesma área produce unha fragmentación severa dos hábitats e unha perda de biodiversidade moi significativa e con graves prexuizos ambientais. O dano ambiental é inasumible”, denuncian mentres enumeran os parques:
- Monte da Tella (Nova solicitude).
- Patiñeiro (Nova solicitude).
- Monte Outeiro (Nova solicitude).
- Monte dá Croa (En tramitación).
- Monte Chan (Nova solicitude).
- Pena dos Mouros (Nova solicitude).
- Logoso (Nova solicitude).
- Alto da Croa (En construción).
- Alto da Croa- CO/11 (En tramitación).
- Alto da Croa II (En construción).
- Ampliación a Alto da Croa II (En tramitación).
- PE Cabo Vilán (repotenciación).
- Coto Muiño (En tramitación).
- Do Vilán (Construído).
- Miñón (Construído).
- Monte Redondo (Construído).
- Monte Tourado (En construción).
- Monte Tourado – Eixe (Construído).
- Muxía (En tramitación).
- Muxía I Modificado (Construído).
- Muxía II Modificado (Construído).
- Paxareiras II (Construído).
- Paxareiras II- CO- 11(Construído).
- Pena Forcada (modificado) Construído).
- Camariñas (En tramitación).
- O Barrigoso (Construído).
- Ponte Rebordelo (Construído).
- Valsagueiro (Construído).
- Valsagueiro (aero adicional) (En explotación).
- Viravento (antes Cabo Vilán) Construido).
Neste sentido, a eiva máis grande que o colectivo refrenda é a necesidade dunha avaliación global de todo este novo impulso eólico.
Outros impactos
O proxecto non fai avaliación da afectación aos recursos hídricos, a pesar de haber numerosos ríos e regos, entre os que destacan o río Castro, o rego do Garante, o rego do Pedreira, o río do Riotorto e o rego Pozo Grande.
Tampouco hai valoración do impacto ao patrimonio inmaterial, e as entidades lembran a afectación visual ás paisaxes do Camiño de Santiago, promovento á “descontextualización cultural do Camiño e incrementando o feísmo paisaxístico”.
A entidade que tamén ofrece un modelo de alegacións para quen queira presentar, lembra que o plan non inclúe unha avaliación sobre a afectación ao sector forestal e madereiro.
Informe eólicos
Máis novas eólicos
- Abril 21: A veciñanza de Santa Comba e Mazaricos únese á de A Baña, Outes e Negreira contra a invasión de eólicos.
- Abril 21: A veciñanza presenta alegacións contra a fragmentación irregular dos PE Alto Torreiro e Bustelo e Baralláns.
- Abril 21: 8 colectivos constitúen a Coordinadora Bergantiñá pola Defensa da Terra contra a “pandemia eólica”.
- PE Soesto: Dous grandes viraventos entre a praia de Traba e a de Soesto.
- PE A Ruña III: Enriba dun humidal.
- PE Monte da Croa: Ateigando de viraventos nunha zona xa sobreexplotada.
- PE Alto do Torreiro: Denuncian a tramitación fraudulenta do parque por fragmentación irregular.
- PE Monteadugo-SET Morás: Outro mar de viraventos entre Arteixo, Carballo e A Laracha.
- PE Monte Chan: Os Concellos de Laxe e Vimianzo plántanse ante o parque eólico Monte Chan pola súa afectación aos Penedos.
- PE Monte Agrelo e Muriño: Outro proxecto eólico sobre os montes de Cabana e Zas .
- PE Orzar e Tornado: Outros dous proxectos eólicos de Greenalia en Carballo .
- PE Monte Chan e Pena dos Mouros: A veciñanza de Laxe denuncia dous proxecto eólicos sobre Laxe, Camelle e Vimianzo.
- PE Bustelo e Baralláns: Piden a eliminación do proxecto eólico Bustelo e Baralláns polo seu impacto paisaxístico.
- PE Corme: A Xustiza demostra o incumprimento de EDP, e a connivencia da xunta, á hora de medir o ruído dos eólicos de Corme .
- PE Berdoias: Varias entidades presentan alegacións ao Parque Eólico de Berdoias polo impacto no seu patrimonio.
- PE Campelo, Bustelo e Monte Toural: A DIA do Campelo recoñece que os do Campelo, Bustelo e Toural son un só proxecto eólico.
- PE Banzas: O bosque de Santa Locaia, tamén ameazado polos eólicos de Banzas.
- PE Maragouto: Os Quijotes e Petón do Lobo piden que os eólicos non afecten aos humidais de montaña.
- PPEE Alto da Croa, Alto da Croa II e Monte Tourado: Denuncian a posible corrupción trala fragmentación fraudulenta dos parques eólicos de Vimianzo e Dumbría.
- G3 Corme: A desfeita das obras do parque eólico G3 de Corme, en imaxes.
- PE Salgueiras: “O parque eólico Salgueiras é ilegal que cada representante político e social asuma súas responsabilidades”.
- PE Salgueiras: Esixen a modificación do proxecto eólico das Salgueiras polo impacto visual e a aparición de novos elementos patrimoniais
- “Aldeas con horizonte”: Manifesto por unha moratoria a novos parques eólicos.
- PE Cerqueiral: O Cerqueiral, outra ameaza para a nosa paisaxe.
- Greenalia, que promove 7 parques eólicos na comarca, fai unha doazón de material escolar.
- PE Mouriños: A desfeita das obras do parque eólico de Mouriños na Serra de Gontón, en imaxes.
- PPEE Bustelo, Campelo e Toural: Santa Comba vestiuse de negro contra o “megaparque” eólico de Bustelo, Campelo e Toural.
- P.E. Pena Catasol: Laxe xa non é un Concello Libre de Eólicos.
Máis relacionados
- O pleno de Coristanco aproba unha moción para que os impostos dos parques eólicos se reinvirtan nas parroquias afectadas:
- “Desmantelando a vida”, o vídeo-manifesto de Xente do Rural sobre o impacto dos Parques Eólicos de Corme e As Salgueiras.
- 6 razóns do expolio eólico: "Nunca Máis ao Plan Sectorial Eólico de Galicia”.
- 5 Concellos da zona únense para pedir á Xunta paralización dos trámites de parques eólicos iniciados no Estado de Alarma.
- Familias afectadas por 6 proxectos de parques eólicos: “Róubannos a nosa Paisaxe”.
- Mazaricos páralle os pés aos eólicos.
- "Os propietarios dos terreos afectados polos parques eólicos só quedan co 1% dos ingresos das empresas”.
- A repotenciación dos parques eólicos: unha trampa para os propietarios afectados.
- A estafa eólica aos propietarios das fincas afectadas polas liñas de evacións eléctrica.
- Como repercute a invasión dos eólicos nos Concellos da Costa da Morte?.