O PSOE critica a falta de iniciativa do novo Conselleiro de Mar no conflito da mexilla
Marchou Rosa Quintana, unha Conselleira, a pesar de non tomar medidas concretas e reais, que conseguía calmar as augas cando viñan revolvas, unha conselleira de consenso. Colleu o relevo como Conselleiro de Mar o veterinario Alfonso Villares, alcalde de Cervo durante 16 anos.
E un dos conflitos aos que se terá que enfrontar é o existente entre bateeiros e percebeiros pola extracción da mexilla. A Xunta leva 3 anos deixando medrar o problema, e non parece que Villares vaia tomar decisións determinantes.
Así llo recriminou onte na Comisión do Parlamento, o portavoz de Marisqueo do Grupo Socialista. Julio Torrado criticou que Villares manteña a mesma liña da inacción, lembrou a canción de Julio Iglesias “La Vida Sigue Igual” e advertiu que ese camiño “acabou cunha conselleira do Mar fuxindo a unha provincia do interior”.
Espera que pare a “estratexia de buscar a confrontación entre bateeiros e percebeiros polos lugares de extracción da mexilla” a advertiu que dun lado os percebeiros séntense “atacados e inseguros”, e do outro os bateeiros “afectados e ninguneados”, ata que finalmente se puxeron “todos de acordo en que a culpa é da Consellería”. Esixiulle ao novo conselleiro un novo enfoque polo ben do sector, e advertiu que “se pensa que xa pasou todo, non está a entender o problema dos produtores co seu produto e de todo un sector comercial coa caída da calidade”. Reclamou “volver á casilla de saída” para atopar unha solución de consenso en base a “datos actuais e propios” e habilitando a “participación dos afectados sen imposicións”.
NOVAS DO CONFLTO DA MEXILLA
- Abril 23: Medio millar de percebeiros maniféstanse pacificamente para que respecten os seus “santuarios”.
- PERCEBEIROS SOBRE OS BATEEIROS: “ALÍ POR ONDE PASAN, ARRASAN CON TODO, NON VOLVE NACER UN PERCEBE”.
- Os percebeiros volven este sábado ás rúas trala nova claudicación da Xunta ante os bateeiros.
- Abril 23: A esquilmación da mexilla: "Deixa ir ata ver”.
- Marzo 23: Percebeir@s do país berraron en Ribeira que "o percebe non se toca".
- Novembro 22: O PSOE e PP únense para devolver a impunidade ao sector da mexilla fronte ao percebe.
- Xaneiro 21: A extracción da mexilla volve poñer de manifesto a dobre vara de medir da Xunta cos percebeiros.
- 30-11-21: Estas son as zonas de 5 Concellos da Costa nas que a Xunta limita a extracción de mexilla para garantir a convivencia co percebe.
- Setembro 21: O TSXG ampara unha medida da Xunta para comezar a restrinxir zonas de extracción da mexilla.
- Os percebeiros de Galicia envíanlle o CV á Xunta ante o risco de desaparición da súa profesión.
- Xaneiro 21: Sen solucións ao problema da mexilla 8 meses despois dos conflitos entre percebeiros e bateeiros.
- 15-10-2020: Os percebeiros de Muxía tiveron que acodir ao Xulgado por unha denuncia dos bateeiros da Arousa.
- 30-05-2020: As confrarías trasladáronlle o seu malestar á Conselleira por situarse do lado dos bateeiros.
- 26-05-2020: As confrarías consideran ridícula a proposta da Xunta de excluír da extracción da mexilla só 50 dos 1.7000 km da costa atlántica galega.
- 21-05-2020: “O pobo sentíu unha humillación pola invasión dos bateeiros, como cando os falaxinstas chegaban a desvalizar as casas”.
OUTRAS NOVAS
- Marzo 23: Percebeir@s de Galicia únense na Asociación PERCEGA un día antes de manifestarse contra a permisividade da Xunta cos bateeiros.
- Xaneiro 22: Os percebeiros piden incluír a palabra “percebeiro-a” no Diccionario da RAG e da RAE
- Decembro 22: Os Percebeiros da Costa da Morte preparan a súa candidatura como Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO.