A Xunta senta, por fin, a negociar coa CNT a regularización das traballadoras dos Centros de Día e Escoliñas

Tras varias
Unhas traballadoras que levan lustros encadeando contratos laborais de xeito irregular por irresponsabilidade dunha Xunta que agora quería sacalas do medio abrindo unha Oferta Pública de Emprego sen que tivesen ningunha vantaxe.
As traballadoras das Galiñas Azuis, Centros de maiores e demáis servizos do Consorcio de Igualdade e Benestar lembran que non se trata só de manter os postos de traballo, senón tamén de non desmantelar unhas equipas que funcionan, e levan xa moitos anos funcionando.
Por iso, acollen con esperanza que a Xunta cambiase a súa estratexia ante tanta presión e xa mantivo unha reunión coa CNT que continuará o vindeiro martes 25. Á primeira reunión acudiu o propio Perfecto Rodríguez, Xerente do Consorcio (que en varias ocasións declarouse incompetente en materia de negociación), Xosé María Barreiro, Director Xeral de función pública, a secretaría técnica de Política Social e un técnico da Consellería de Facenda. Por parte da CNT acudiron Ana Suárez, traballadora en fraude da Galiña azul de Eirís, Elia Ladra, traballadora en fraude do centro de día de Abadín, Martín Paradelo, do Gabinete Sindical da CNT Galiza e Rita Giráldez, do gabinete xurídico da CNT.
O Sindicato pide “a garantía dunha convocatoria específica no ente, a garantía de oposición non eliminatoria, a retirada do concurso de traslados, unha baremación xusta na que a experiencia se contabilice a antigüidade no Consorcio o triplo que en calquera outra administración, como é usual nestes procesos e se fai para a estabilización do persoal doutros entes instrumentais”.
A Xunta amosou as súas vermellas e non atendeu ás propostas por agora pero a negociación continúa. “É un bo comezo, pero este non pode ser o final, as nosas peticións son claras e están dentro da legalidade”, explican dende a CNT. O que resta de semana suavizaremos as nosas protestas como mostra de boa vontade, pero non pararán”.
NOVAS DO CONFLITO LABORAL
- 14-09-22: O Centro de Día de Muros sufriu a “cara mala da folga”.
- 13-09-22: As traballadoras do Consorcio informan sobre a folga nas escolas de Bergantiños e Soneira.
- Setembro 22: As familias afectadas pola folga das traballadoras do Consorcio: “Non podemos máis”.
- Agosto 22: As Galiñas Azuis da Costa da Morte e o Centro de Día de Muros veranse afectadas pola folga das traballadoras do Consorcio.
- Agosto 22: As 11 Galiñas Azuis da Costa e o Centro de Día de Muros, afectados pola folga do Consorcio.
- Xuño 22: Nova xornada de protestas das traballadoras esquecidas polo Consorcio de Igualdade e Benestar.
- Xuño 22: As traballadoras do Consorcio continúan a loita polas súas prazas cunha nova folga.
- Marzo 22: As traballadoras da residencia DomusVi de Carballo mobilízanse para reclamar un convenio digno.
- Setembro 21: As traballadoras do Consorcio desconvocan a folga tras conseguir abrir unha negociación de boa fe.
- 30-07-2021: As traballadoras do Consorcio volverán á folga en setembro se non se paraliza a OPE.
- Xuño 21: O TSXG emite unha sentenza sinalando que a Xunta incorre en fraude cos interinos de longa duración.
- 11-05-21: O Consorcio IeB segue sen negociar a pesar das sentenzas que determinan a fixeza de moitas traballadoras.
- 13-04-21: As traballadoras do Consorcio levan as súas demandas laborais ao Parlamento Galego noutra xornada de folga.
- 18-03-2021: As traballadoras do Consorcio endurecen a folga e refrendan o apoio da veciñanza.
- 04-03-2021: As traballadoras do Consorcio endurecen a folga.
- 25-02-2021: Usuari@s dos Centros de Día e as Escolas Infantís amosan o seu apoio á folga das traballadoras.
- 19-02-2021: As traballadoras temporais do Consorcio valoran moi positivamente a folga a pesar dos servizos mínimos abusivos.
- Febreiro 21: Ducias de profesionais dos Centros de Día e Escoliñas da comarca póñense en folga.