Un libro sobre o cambio social de Galicia que supuxo a marea negra
10 anos despois de que o chapapote tinguira de negro toda a Costa da Morte é unha data perfecta para a publicación dun libro que relata o cambio social que experimentou o noso país. "Prestige, tal como foi tal como fomos", recolle o “cambio de mentalidade, un trastorno social transitorio” dos galegos, como conta o autor do libro editado por Xornalistas de 2.0 editora, Xosé Manuel Pereiro.
Pereiro fai reflexións complexas, que todos compartimos pero que poucas veces se escriben con tanta claridade. "A ausencia de Estado diante do afundimento do Prestige cubriuse cunha marea branca de voluntarios que limparon as costas galegas de chapapote e indolencia política".
A día de hoxe, podemos xulgar se cambiou algo. Se ben a nivel social si que o fixo, politicamente houbo poucos cambios e o cirxo-xuízo que estamos a vivir deixa moitas incógnitas no aire, e nin un só responsable político imputado.
O propio Pereiro recoñece a forza do cambio: "O Prestige foi unha traxedia, pero deunos unha das poucas oportunidades que aproveitamos para demostrar que podemos ter dignidade. Que se queremos, ou se cadra, podemos ser algo máis e mellor do que somos. A meirande marea negra da historia de Galicia provocou un cambio de mentalidade. Un trastorno social transitorio. Se non foi a máis debeuse a que a clase política que debería facelo seu, non o fixo. As forzas de esquerda por falta de ambición, exceso de conservadorismo ou medo a perder o posto. As de dereitas, polo mesmo, e porque as faccións máis reaccionarias se deron conta de que este anaco de mundo quería coller o temón para mudar un chisco o rumbo, e actuou en consecuencia".
O libro que pasa por recoller retallos de vida daqueles meses fatídicos e ilusionantes a un tempo, trata vidas, personaxes, escenas… "Unha mirada indispensable para entender por que a sociedade galega segue a berrarlle ao mundo “Nunca Máis!
Máis información
Seguemento especial do Xuízo do Prestige
- 15-11-12: Mangouras considera que o mercante debeu ser levado á “ensenada de Corcubión” para trasegar alí a carga.
- 15-11-12: O Xuízo Prestige ao minuto: Mangouras asegura que había que fondealo barco.
- 13-11-12: Magouras: “Leváronnos nun féretro flotante a afogar”.
- 13-11-12: Mangouras declarando 10 anos despois.
- 19-10-12: Entrevista a Pedro Trepat Silva, avogado da Plataforma Nunca máis no Xuízo pola traxedia do “Prestige”.
- 18-10-12: Xuízo do Prestige, Día 2.
- 17-10-12: Xuizo do Prestige, Día 1: Os acusados.
- 16-02-12: QPC fará un seguemento especial do Xuizo do Prestige.
Novas relacionadas
- Unha marea negra de papaventos invadirá a Costa da Morte.
- O Xuizo do Prestige existe e ten data.
- Un plan de protección ambiental para a costa pero sen a costa.
- Limpando os grans de area.
- “Hoxe, limpamos outro Prestige”.
- Onde quedaron as axudas do Prestige?.
- Tempo de ir ás crebas: Chapapote no Rostro.
- Lorena Martínez: As cifras do Prestige.
Máis novas
- Unha documental de Isabel Coixet con acento da Costa pola Marea Blanca.
- As Bodandes da Fala: Entrevista con Nacho Castro: "Sen os voluntarios…, morremos”.
- Lorena Martínez: Man de Camelle.
- Retrato a tamaño natural.
- O Faro Fisterra ilumínase para dar as gracias aos Voluntarios.
Os voluntarios que cambiaron a Costa
- Os voluntarios que cambiaron a Costa: Sole Méndez.
- Os voluntarios que cambiaron a Costa: Isaac.
- Pepita, a primeira voluntaria do Prestige.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).