Completísima a xornada futboleira desta fin de semana. Arrincaban as Ligas F8 do Grupo Norte de Alevíns e Benxamíns, emais o gruo único de Prebenxamíns. Por tanto, tivemos nada menos que 83 partidos en marcha, recollidos xa www.futboldacosta.com cos resultados e clasificacións. Aquí, como cada semana, traemos a análise da xornada con todos os resultados a un só click.
E comezamos o repaso pola Preferente - Senra Sport na que podemos, por fin, disfrutar dunha doble vitoria. Dumbría e XSC vencían a rivais asequibles e se asentan na metade da táboa, nunha xornada importante para deixar claro que os dous equipos non van mirar para abaixo.
Chegaba ben completa a xornada costeira na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra, con novo derbi. Neste caso, no Cairo, onde o Corme e o Baio protagonizaron un auténtico partidazo que quedou en táboas. Un puntiño que lle serve ao cadro cormelán para saír dos postos de descenso, pero parece que xogando así non terán problemas. O Baio queda 5 puntos por detrás do Sofán, un cadro carballés que rompía a súa mala racha de 5 partidos sen gañar, cunha vitoria na casa, e queda a 5 do líder. Un líder que pasou pola Salina como un vendabal e levou os 3 puntos ante unha Esteirana que ve cortada a súa reacción, mantendo aínda así os postos de salvación a 3 partidos. Ademais, o Malpica, que tras 3 derrotas seguidas, sumaba os 3 puntos ante o Flavia e se acomoda na metade da táboa; e o Soneira, daba a de cal e caía ante o Piloño.
Cambio de líder na Liga da Costa
17 xornadas levaba o San Lorenzo no liderato da 2ª Autonómica - ES Bazarra. Pero caía ante o Castriz, no partidazo da xornada, e ve como o Zas se coloca de líder trala súa apurada vitoria ante o Seaia. Baixa o San Lorenzo ata a 4ª praza pois tamén o Outes, que vencía en Mazaricos, e o propio Castriz o superan, quedando o grupo de 4 aínda máis apretado, en só 2 puntos.
Por detrás segue o Baíñas amenazando con meterse na pelexa, despois de gañar en Ponteceso e con 5 partidos sen perder, e o Volantes, que caía a semana pasada, esta semana podía cun Camariñas que viña sendo o equipo máis en forma da categoría.
Pola zona baixa, o Montelouro vencía no duelo dos de abaixo afundindo case que definitivamente a un bravo Camelle. A derrota do Seaia en San Andrés deixa aos dous equipos igualados, a 4 dun Cabana que caía nun partido de tolos en Buño, e a 6 dun Porteño que era goleado por un Cee que, tras verlle as orellas ao lobo, parece que espabilou. Haberá que ver cantos postos de descenso hai, pois ademais dos dous regulamentarios, os equipos tifarán para que Corme e Esteirana salven a categoría e non provoquen arrastres.
Parón dos líderes
Non sumou a súa 11ª vitoria consecutiva o Cerqueda, pero non caeu nesta xornada da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira. Os de Uzal empataban en Coristanco, pero o seu tropezo non foi aproveitado por un Ameixenda que caía en Muxía. Un Muxía que se mete por fin en postos de promoción, a costa du Nantón que perdía nun partido, que gañaba por 1-3 ao descanso, en Lombáns ante o Lira. Esa pelexa está ben fermosa na categoría.
Xornada importante Xuvenís
Pasos adiante de XSC e Camariñas para acompañar ao Dumbría na Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil. Os xalleiros venceron, e convenceron, ante Os Miúdos, quitando aos muradáns desa 2ª praza. Por detrás, a 2 quedan os muradáns empatados co Camariñas, que vencía ao Cabana nunha finalísima, pois só quedan 3 partidos e os cabaneses quedan a 5 da 2ª praza e a 3 de Miúdos e Camariñas.
Mentres, na Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil, o Esteirana deixábase os seus primeiros dous puntos en Malpica. O Fisterra vén por detrás, pero a loita está abaixo, onde o único que sumou dos 4 de abaixo que pelexan por evitar as 3 prazas que deixan fóra dos Oitavos, só sumou o Zas e no choque directo ante o Castriz.
Xornada regular nas Ligas Autonómicas
Xa non se contaba con gañar ante o líder, pero un dos premios de estar na División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría é o de recibir a todo un Celta no Conco. Os de Juan e Joaquín competiron cunha gran selección que gaña, sobrado, a máxima categoría de cadetes. Ademais, O XSC sumou un punto na casa ante o Bergantiños que o achega máis á permanencia. Unha permanencia que cada día vén máis difícil os infantís do Dumbría que caían ante o Santiago e vén como a salvación se escapa xa a 14 puntos.
O Corme dá un paso nos Cadetes
Quedan só dúas xornadas para o remate das Ligas Comarcais. O Corme deu un paso firme para certificar o título da 1ª Cadete (fáltalle un punto pois o Cabana queda a 6 puntos pero o golaverage individual a favor), tras vencer en Muxía e aproveitar a derrota do Cabana ante o Cee, que se coloca a só 1 punto dos cabaneses, cunha loita moi fermosa nas dúas vindeiras xornadas para meterse nesa 2ª praza que dá acceso á Fase de Ascenso. A semana que vén, de feito, o Cabana enfróntase ao Fisterra, 4º da táboa, e o Cee, ao Corme.
Ademais, en 1ª Infantil, o XSC ten máis preto o título e a única praza que dá acceso á Fase de Ascenso. Ten 5 puntos máis que o Fisterra pero aínda ten que descansar a semana que vén polo que, se o Fisterra vence ao Outes, todo quedará para unha fraticida última xornada.
O F8 ao completo
Xa temos os 5 grupos das 3 categorías das ligas de F8 en marcha, trala posta en escena das Ligas Norte. Moita ilusión, e por parroquias, moita diferencia entre os equipos, como o certicia algunha que outra goleada. Todo é ir collendo o toque!
O Coristanco sobe ao liderato nos Veteranos
Xornada importante na 1ª División dos Veteranos. O líder ata onte, San Román, caía na casa ante o At. Milagrosa que viña moi forte e xa está na 3ª praza. Unha derrota que aproveitou o Coristanco, actual campión, para alcanzar ao San Román no máis alto da táboa. Os dous, colíderes, sacan 2 puntos ao propio Milagrosa e ao Hosgran, que se deixou dous puntos de ouro en casa ante o Laxe.
Dumbría | 4-0 | Viveiro |
Residencia | 0-1 | Xallas StComba |
Sofán | 1-0 | Unión |
Soneira | 0-2 | Piloño |
Esteirana | 0-2 | Villestro |
Malpica | 3-1 | Flavia |
Corme | 2-2 | Baio |
Montelouro | 3-0 | Camelle |
Carnota | 2-1 | Fisterra |
Camariñas | 0-2 | Volantes |
Buño | 6-5 | Cabana |
Zas | 1-0 | Seaia |
Cee | 5-0 | Porteño |
Castriz | 1-0 | San Lorenzo |
Mazaricos | 0-1 | Outes |
Ponteceso | 1-2 | Baíñas |
Lira | 4-3 | Nantón |
Corcubión | 4-2 | Castrelo |
Muxía | 4-2 | Ameixenda |
Coristanco | 1-1 | Cerqueda |
Xallas StComba | 4-0 | Os Miudos |
Porteño | 0-10 | Dumbría |
Cabana | 2-3 | Camariñas |
Malpica | 1-1 | Esteirana |
Baio | 1-3 | Outes |
Zas | 3-2 | Castriz |
Muxía | 3-0 | Corcubión |
Corme | 5-2 | Cee |
Coristanco | 0-1 | Fisterra |
Xallas StComba | 1-1 | Bergantiños |
Esteirana | 4-1 | Sofán |
Cee | 3-1 | Cabana |
Baio | 2-1 | As Baleas |
Muxía | 1-2 | Corme |
Fisterra | 6-1 | Os Miudos |
Ponteceso | 1-1 | Coristanco |
Vimianzo | 1-4 | Zas |
Cee | 1-1 | Ponteceso |
Xallas StComba | 11-0 | Os Miudos |
Cabana | 3-5 | Fisterra |
Outes | 7-0 | Corme |
Sofán | 1-2 | Coristanco |
Cabana | 13-3 | Muxía |
Baio | 1-12 | Corme |
Vimianzo | 3-2 | Zas |
- Descansa o Coristanco despois de que o Ponteceso dese de baixa ao equipo por falta de rapaces.
Cee A | 5-0 | Dumbría |
Fisterra | 6-0 | Cee B |
Dumbría B | 5-2 | Os Miúdos B |
Outes A | 3-0 | XSC A |
Lira | 2-6 | Os Miúdos A |
Esteirana B | 4-4 | Sofán |
Esteirana A | 9-0 | As Baleas |
Cee | 0-6 | Dumbría |
Outes | 5-4 | XSC A |
Fisterra | 3-1 | Cee B |
XSC B | 2-6 | Sofán |
Lira | 2-16 | Os Miúdos A |
Esteirana | 1-1 | As Baleas |
Zas | 0-1 | Dumbría |
Hosgran | 2-2 | Laxe |
San Román | 0-1 | At. Milagrosa |
Baio | 0-4 | Soneira |
Bértoa | 1-1 | San Lorenzo |
Castriz | 1-3 | Ponteceso |
Coristanco | 10-0 | Xv. Bergantiños |
Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 23
Vimianzo | 0-2 | Cerqueda |
Sofán | 2-2 | Poniente |
Camariñas | 6-1 | Malpica |
Corcoesto | 3-1 | Nantón |
Erbecedo | 2-1 | Leiloio |
San Isidro-Razo | 1-1 | Porteño |
Buño | 1-5 | Agualada |
Crónicas da semana
Novas relacionadas
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).