Axenda deportiva da primeira fin de semana de xuño


Primeira fin de semana de xuño e o fútbol non para. Non para e xa pensa no ano que vén pois onte coñeciamos unha nova incorporación aos bancos da Costa, pois Chema Eirís, que vén de deixar o Cabana, será o novo adestrador do San Lorenzo.
Aínda queda un mes de competición, pero esta fin de semana coñeceremos os semifinalistas de Copa e mais o Campión da Copa de Veteranos.
I é que Atl. Milagrosa terá moito que remar para vencer a un Bergantiños que quere repetir o doblete do ano pasado.
Xa na Copa da Costa, coñeceremos os semifinalistas. Só o Xallas ten pé e medio nelas, e agarda ver se o Cee mantén a vantaxe que obtivo en Castriz. Polo outro lado do cadro, o Camariñas terá que remontar o 3.1 do Nantón, mentres que na suposta final adiantada, Dumbría e Soneira enfrontaranse no Conco nun duelo fraticida.
Estaremos atentos ademais ás Fases de Ascenso ás Ligas Galegas. En xuvenís, o Santa Comba está a un paso de convertirse en equipo da liga autonómica, e terá que superar na eliminatoria a dobre partido ao San Ciprián, logo de ser moi superior ao Ánimas. O Corme quedou no camiño e xa está de vacacións dunha das súas mellores temporadas cun doble histórico.
En cadetes, Dumbría e Cabana terán que gañar a Peleteiro e Negreira, para poder loitar, entre ambos, por unha praza na Liga Galega Cadete o vindeiro ano.
Ademais, en Laxe terá lugar este domingo ás 17:00h un partido benéfico entre as nais do CPI Cabo da Area e os alumnos.
Copa da Costa, volta dos cuartos

Copa da Costa de Veteranos, Final

Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil

Fase de Ascenso á Liga Galega Cadete

Volei praia no Ézaro
A praia do Ézaro no Concello de Dumbría acollerá este verán distintas probas do Campionato Galego de Volei Praia. Esta fin de semana terá lugar a 1ª Proba do Campionato Galego de Volei Praia no Ézaro, separadas por categorías:
- Sábado 4 de xuño: categorías sub 15 e sub 19.
- Domingo 5 de xuño: categorías sub 17 e sub 21.
Regata O Mar na Escola

Este sábado ás 16:00h terá lugar nas aaugas da ría de Corcubión a III Competición en idade escolar, que organiza o Clube Marítimo Carrumeiro no marco do programa O Mar na Escola.
I Concentración de Kaiak de Mar Concello de Malpica
O Club Náutico de Malpica organiza a I Concentración de Kaiak de Mar Concello de Malpica. A concentración terá lugar este sábado 4 de xuño a partir das 16.00h con saída desde a Praia Maior de Malpica cara as Illas Sisargas, desembarco e parada para coñecer a illa e volta ao porto de Malpica.
Máis información

- Resultados e clasificacións 2010/2011.
- Copa da Costa: www.copadacosta.com.
- QPC MOTOR: quepasanacosta.gal/motor.
- www.facebook.com/quepasanacosta.
- Tuenti de Quepasanacosta.
Novas relacionadas
- Horarios e sancionados de cara á fin de semana.
- Os clubes da Costa rexeitan o Plan de Competición da Federación e queren manter as 2ª e 3ª Autonómicas.
- Renovación nos clubes da Costa que hoxe teñen reunión en Baio.
- Crónicas da Ida Cuartos da Copa: Só o Xallas sentencia o pase a semifinais.
- Resultados das Copas e das Fases de Ascenso.
- A nova S.D. Fisterra vai tomando forma.
- Movementos no fútbol muradán.
Máis novas
- A nova SD Fisterra organiza unhas xornadas deportivas en xuño.
- Triple cita cos maratóns na Costa en Mazaricos, Baño e Esteiro.
- Carballo terá doble cita co F7 e co atletismo.
- Campionato de F7 en Carnota.
- Manuel Caamaño é o novo enlace do Fútbol da Costa na Federación.
- Embargo á SD Esteirana mentres García Liñares toma o relevo na Federación co apoio costeiro.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).