mércores. 30.04.2025
El tiempo

Da comezo a segunda e decisiva volta na liga da Costa

Da comezo a segunda e decisiva volta na liga da Costa
Neste segundo fin de semana do ano, da comezo a segunda volta na Liga por excelencia, a Liga da Costa de 2ª Autonomica, pero antes de chegar  a esta categoria imos facer  un pequeno repaso dos equipos na Preferente - Senra Sport, na que os nosos comezaron o ano con sendas derrotas. O Dumbría volvía a caer e sumaba 2 derrotas consecutivas, unha no último encontro do ano fronte o Escairon e outra, e mais recente fronte o Castro no Conco, isto fai que os de Canosa baixen a 10ª praza, este domingo teñen un encontro no que poden deixar a un dos seus perseguidores o Residencia a 6 ou que empaten a puntos. Mentras tanto o XSC caía fronte o Dorneda nun encontro moi bó dos de Ruben Comendez pero no cal non eran capaces de sacar nada positivo. Por outro lado comezabamos o ano con líder costeiro na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. O Sofán conseguia un importantisimo empate en extremis fronte o Lesende que o manten na cabeza de táboa a 7 puntos do Villestro e Puebla respectivamente, nesta xornada viaxa a Bertamiráns no primeiro encontro da segunda volta. O Soneira recibe o Agoalada que o ten a 3 puntos e podeo deixar a 6, mentras tanto o Malpica viaxa para enfrontarse o Unión que é 4º e o cal queren vencer para subir postos, o Malpica que no dia de hoxe recibía a noticia da alineación indebida no encontro Malpica - Silleda e con elo dan un resultado de 3-0 e agora tería 25 puntos na clasificación e ponse no posto 8º. O Baio pola súa parte visita o Amio que se situa nos postos de cola, sería un bo rival para coller a senda de victorias de novo. O Corme visita o Piloño que ven de vencer os veciños do Baio, un Corme que necesita a victoria para sair desa parte baixa da táboa. Por último nesta categoria, a Esteirana recibe o Lesende dun coñecido da casa como Sil, encontro dificil pero onde os de Esteiro queren sacar os 3 puntos e comezar esa escalada que lles permita a permanencia na categoria. Na categoria Reina do Futbol da Costa a 2ª Autonómica - ES Bazarra comeza a segunda volta, e comeza con un San Lorenzo lider a pesar das súas dúas ultimas derrotas, recibe na casa o Volantes de Baño, duelo de altura para comezar a segunda volta. Mentras tanto o Outes que é segundo clasificado viaxa a un campo moi complicado como o de Camelle que se encontra en horas baixas pero que quere sair deses postos neste comezo de segunda volta. Por outro lado o Seaia que ven de golear o Baiñas recibe o Ponteceso que está neses postos de abaixo, por outro lado o 3º clasificado o Castriz visita un campo dificil como o de Montelouro que é outro dos equipos que quere escapar deses postos de descenso. O Zas que quere voltar a senda das victorias recibe o Camariñas que caía esta fin de semana en Cee pola minima e quere dar a campanada vencendo a un dos grandes desta competición. Falando do Cee que recibe o Carnota que segue a sufrir este ano, un equipo local que quere conseguir a súa segunda victoria consecutiva. Mentras o Fisterra recibe o Buño dous equipos que estan en alza e se encontran na metade da táboa e o Baiñas que pretende cambiar  o seu inicio de altos e baixos na competición cun cambio de mister no banco visita un Porteño con ganas de victorias. E por  último o Mazaricos que está a ser a revelación desta competición visita Cabana para continuar cos seus resultados positivos. Xa na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, último encontro da 2ª volta, pero tranquilos que inda quedan dúas mais. O Laxe colista recibe o Muxia que o fin de semana pasado goleaba o Castrelo, un Castrelo que recibe a visita do Coristanco e quere darlle unha alegria a súa parroquia. Por outro lado o Ameixenda que segue lider pero xa moi preto o Cerqueda recibe no San Paio de Refoxos o Lira que dende a chegada de Javi parece notarse unha lixeira melloria. Por último o segundo clasificado o Cerqueda recibe o Nantón con gañas de seguir nesa loita polo liderato. Nesta última xornada para o remate das Ligas Xuvenís  a cousa aínda ten emoción. Co Dumbría xa campión na Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte, a pelexa parece que vai estar entre a Esteirana e Os Miúdos pola 3ª praza que dá acceso á Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega. Xa polo Norte, o Camariñas visita o Ponteceso ca idea de vencer e alzarse co Titulo de Campión de liga, pero acechando ven o Cabana que unha na casa sobre o Coristanco e a derrota do Camariñas faría que estos se alzasen co Titulo de liga. Por outro lado o Porteño que xa ten asegurada a sua praza na Liguilla da fase de Ascenso viaxa a Corme sen nada en xogo. Na División de Honra cadete o Dumbria viaxa  a Coruña para enfrontarse o Deportivo tras conseguir un importante punto o fin de semanna pasado, mentras tanto na Liga Galega cadete  non puido ser peor o inicio para o Xsc que caia na casa cunha derrota moi abultada e que este fin de semana recibe o Orillamar ca idea de conseguir a victoria. Mentres, nas Ligas Locais, o Corme comeza o ano cun empate fronte o Ponteceso pero segue no alto da 1ª Cadete, . Na  1ª Infantil é o XSC o que segue mandando pero seguido moi de preto polo Fisterra. E nos peques, o Outes segue de líder tanto na F8 Alevín Costa Sur coma na F8 Benxamín Costa Sur. E xa nos Veteranos, na 1ª División segue o Hosgran coma lider da competición e na 2ª División o Agualada e o que manda.

Preferente - Senra Sport, xornada 18

Residencia 11/01 - 16:00 Dumbría
Xallas StComba 11/01 - 16:00 Atl. Riveira

1ª Autonómica - Clínica Vértebra, xornada 18

Bertamiráns 10/01 - 17:00 Sofán
Amio 11/01 - 16:30 Baio
Piloño 11/01 - 16:00 Corme
Unión 11/01 - 16:15 Malpica
Esteirana 11/01 - 16:00 Lesende

2ª Autonómica - ES Bazarra, xornada 18

Camelle 10/01 - 16:00 Outes
Seaia 10/01 - 17:00 Ponteceso
Montelouro 11/01 - 16:00 Castriz
Sp. Zas 11/01 - 16:00 Camariñas
Porteño 11/01 - 16:00 Baiñas
San Lorenzo 11/01 - 16:00 Volantes
Fisterra 11/01 - 16:00 Buño
Cee 11/01 - 16:30 Carnota
Cabana 11/01 - 16:30 Mazaricos

3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 18

Ameixenda 10/01 - 16:30 Lira
Laxe 10/01 - 16:00 Muxia
Cerqueda 11/01 - 17:00 Nanton
Castrelo 11/01 - 18:30 Coristanco
  • Descansa Corcubion.

Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte, xornada 18

Corcubion 10/01 - 16:00 Outes
Castriz 10/01 - 16:00 Esteirana
Muxia 10/01 -16:00 Os Miudos
Fisterra 10/01 - 16:00 Cee
Dumbria 10/01 - 16:30 XSC

Liga Xuvenil Norte, G.3 - MáisDeporte, xornada 18

Malpica 10/01 - 12:00 Zas
Cabana 10/01 - 16:00 Coristanco
Baio 10/01 - 16:00 Laxe
Corme 10/01 - 16:00 Porteño
Ponteceso 10/01 - 17:00 Camariñas

División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 18

R.C Deportivo 10/01 - 12:00 Dumbria

Liga Galega Cadete, xornada 16

XSC 11/01 -11:30 Orillamar

Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, xornada 15

Dumbria 10/01 - 12:00 C.D Lugo

1ª Cadete, xornada 17

Outes 10/01 - 10:30 Sofán
Coristanco 10/01 - 10:30 Cabana
Esteirana 10/01 - 10:30 Fisterra
As Baleas 10/01 - 16:00 Os Miudos
Ponteceso 10/01 - 19:30 Muxia
Baio 11/01 - 10:00 Cee
  • Descansa Corme.

1ª Infantil, xornada 17

Corme 10/01 - 10:30 Zas
Cabana 10/01 - 18:00 Vimianzo
Cee 11/01 - 18:15 Sofan
Fisterra 11/01 - 10:30 Coristanco
Esteirana 11/01 - 10:30 Os Miudos
Outes 11/01 - 10:30 Xallas Sta.Comba
  • Descansa Ponteceso.

F8 Alevín Costa Sur, xornada 9

Outes 10/01 - 17:00 Dumbria B
Dumbria 10/01 - 11:00 Lira
Fisterra 10/01 - 12:00 Esteirana
Cee B 10/01 - 13:00 Esteirana
Cee 10/01 - 11:00 As Baleas
Sofan 11/01 - 13:00 Os Miudos B
XSC A 10/01 - 12:00 Os  Miudos A

F8 Benxamín Costa Sur, xornada 9

Dumbria 10/01 - 10:00 Lira
Fisterra 10/01 - 11:00 Esteirana
Cee 10/01 - 10:00 As Baleas
Sofan 11/01 - 12:00 Os Miudos B
XSC A 10/01 - 11:00 Os Miúdos A
Cee B 10/01 - 12:00 XSC B
  • Descansa Outes.

Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 15

San Roman 11/01 - 10:00 Baio
Cabana 11/01 - 11:00 Bértoa
Hosgran 11/01 - 11:00 Castriz
Dumbria 11/01 - 11:00 Coristanco
Laxe 11/01 - 11:00 Xv. Bergantiños
At. Milagrosa 11/01 - 09:45 San Lorenzo
Soneira 11/01 - 10:00 Zas
  • Descansa Ponteceso.

Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 15

Corcoesto 11/01 - 11:00 Dep. Carballo
Camariñas 11/01 - 11:00 Erbacedo
Sofan 11/01 - 09:45 San Isidro - Razo
Cerqueda 11/01 - 11:00 Buño
Poniente 11/01 - 11:00 SAgualada
Malpica 11/01 - 11:00 Porteño
Nantón 11/01 - 11:00 Leiloio
  • Descansa Vimianzo.

Novas relacionadas

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios