Martes. 14.05.2024
El tiempo

Xuvenís: Outro título da “Doble L”

Xuvenís: Outro título da “Doble L”
O Dumbria Xuvenil e familia Lobelos e Leis a Doble L do Dumbria

Primeira oportunidade para cantar o alirón e non a desaproveitou o cadro da “Doble L”. Os adestradores Óscar Leis e Diego Lobelos (que ademais sacaba o título de Técnico en Dirección e Organización de eventos deportivos) van camiño de marca, e equipo que cazan, equipo que meten no máis alto. Polo de pronto, o Dumbría xa é campión da primeira fase, a falta de 3 partidos, sen coñecer a derrota, e con números que asustan: 77 goles a favor e 6 en contra en 15 partidos.

No mesmo Grupo Sur a loita entre 3 equipos por dúas prazas segue moi aberta. O XSC parte con 3 puntos de vantaxe pero aínda terá que enfrontarse ao coco. Esteirana e Miúdos están empatados a 3 dos xalleiros, e con calendarios semellantes, así que as espadas están botadas. Haberá que facer contas cos posibles empates, mesmo o triple.

Mentres, polo Norte parece que xa temos aos 3 equipos que xogarán a Liguilla Previa da Fase de Ascenso á Liga Galega. O Cabana sufría, pero vencía en Zas, e mantén o liderato, ante un Camariñas, que vencía ao Coristanco e se mantén a 1 só punto. Cabaneses e camariñáns xa rubricaron o seu pase.
A 6 do Cabana queda o Porteño, que non pasaba do empate ante un Baio que suma por cuarta xornada consecutiva. Pero o cadro da Ponte saca 6 puntos ao inmediato perseguidor, o Corme, polo que a falta de 9 por xogar parece que ten todas as papeletas.

banner-tenda-maisdeporte-cee

Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte, xornada 15

Os Miudos - Outes (3-0)

  • OS MIÚDOS: Ángel, Samuel, Eloy, Yeray, Álvaro, Juanche, Tajes, Hugo, Jorge; Martínez e Saúl. Tamén xogaron: Lice, Airán e Miguel.
  • OUTES: Joel, Adrián, César, Simón, Brión, Álvaro, Saúl, Adrián, Borja, Xurxo e Santi. Tamén: Sergio Nieto, Fanio e Serxio.
  • Goles: 1-0, min.30: Jorge; 2-0, min.89: Hugo; 3-0, min.89: Hugo.
  • Expulsións: o muradán Saúl aos 7 minutos por salvar un gol cas mans; e o visitante César no min.72.

Partido tremendamente estrano o vivido no Eleuterio Balayo, pois arrincaba cun penalti e expulsión dun xogador local por salvar un gol cas mans. Parecía que a cousa se puña de cara para os da Serra e mal para uns Miúdos que tiñan que gañar para manter as aspiracións á seguinte fase, pero o Outes fallaba o penalti, e sorprendentemente se viña abaixo.

O equipo local, con 10, comezou a virse arriba, facendo ocasións, ata que Jorge os metía por diante á media hora.

Na segunda apretaron os locais, e tiveron numerosas ocasións para empatar, pero non era o día dos de Víctor (Manu Roque non puido acodir pola coincidencia dos horarios cos maiores), pero cando quedaron tamén con 10 víronse superados de novo polo equipo de Mané Senande, que sentenciaba con dous goles de Hugo xa sobre a bocina.


Xallas StComba - Castriz (2-0)

11 do XSC no derbi xalleiro-Foto-XSC
  • XSC: Coke, Xoel, Parri, Carlos, Pérez, Torres, Fabián, Isma, Sergio Barbeira, Tefi e Anxo. Tamén: Oreiro, Landeira, Chiki e Daniel.
11 do Castriz en Fontenla-Foto-XSC
  • CASTRIZ: Varillas, Richard, Mika, Luís, Redondo, Roy (Javi), Adán, Roony, Joni, Balsa e Cambón (Álex).
  • Goles: 1-0, min.40: Sergio Barbeira; 2-0, min.89: Chiki tras unha boa xogada de Oreiro.
Bancada de Fontenla para o derbi xalleiro xuvenil-Foto-XSC

Partido típico de derbi, moi igualado e loitado ata o último minuto, con moito traballo no medio campo e poucas ocasións, pois o protagonista foi máis o terreo de xogo, que non permitía circular o balón. O Castriz aguantaba atrás, ben prantado e saíndo á contra, mentres o XSC combinaba de saída, pero o mal estado do campo impedía o xogo combinativo dos verdes e laranxas pero tamén as contras rápidas dos rossoneri. Buscaba así o cadro local balóns ao espazo e aproveitar as xogadas de estratexia. E precisamente nunha desas adiantábase o cadro local ao fío do descanso, nun rebote na área que o Castriz viu como fóra de xogo.

Continuaba o mesmo guión na segunda, moito físico e pouco fútbol, e o Castriz puido ter empatado en dúas contras ás que Koke non conseguíu superar a dureza do campo. Os esvaróns facíanse protagonistas e co Castriz á desesperada, facendo un esforzo fantástico e xa contra o final chegaba o segundo dos xalleiros.

XSC-Castriz xuvenil-Foto-XSC

Fisterra - Muxía (5-6)

  • FISTERRA: Aarón (Xose), Beto (Juanfran), Iago, Breixo, Senra (Gonzalo), Asier, Gabi (Iván), Andrés, Gabi Golpes, Adri e Álex.
  • MUXÍA: Ancho, Jorge, Paulo, Andrés, Tomás, Esteban, Marco, Castreje, Ander, Víctor Alcaina (Osil, min.46) e Jose.
  • Goles: 0-1, min.7: Castreje; 1-1, min.9: Breixo; 1-2, min.23: Víctor Alcaina; 2-2, min.25: Álex; 2-3, min.24: Víctor Alcaina; 3-3, min.50: Adri; 3-4, min.60: Jose; 3-5, min.62: Jose; 3-6, min.69: Jose; 4-6, min.80: Álex; 5-6, min.82; Adri.

Partido tolo o celebrado en Ara Solis, que se decantou do lado muxián ante un Fisterra que se amosou moi despistado. Toma e daca constante sobre todo ninha igualada primeira metade. Marcaba un, empataba o outro, sempre co Muxía un paso por diante.

Pero a aparición de Jose foi fundamental, posi á hora de partido anotou 3 tantos que serviron ao cadro de Javier Espeto para arrincar e finiquitar o choque. Aínda tivo fe o equipo de Falito para colocarse a un gol, pero o empate non chegaría.


Dumbría - Esteirana (5-0)

  • DUMBRÍA: Bruno, Roberto, Jose Miguel, Canario, Jano, Yeray, Lucas, Edu, Cacha, Juan de Dora e Maikel. Tamén xogaron: Charly, Mauro, Cabana, Portu e Luís.
  • ESTEIRANA: Xacobe, Sergio, Tobío, Borja, Damián, Brais, Adrián, Manu, Juan e Pablo Pailos (Edu, min.60).
  • Goles: 1-0, min.15: Maikel; 2-0, min.30: Jano de penalti cometido sobre el mesmo; 3-0, min.42: Cacha de córner directo; 4-0, min.46: Juan de Dora de fermosa vaselina; 5-0, min.85: Juan de Dora tras un pase de rabona de Edu.

Non fallou o Dumbría que xa saíu moi metido no partido e nos primeiros minutos xa se puido ter adiantado, de feito o colexiado anulou un gol dubidoso. Juan de Dora e Maikel creaban moito perigo e nunha de esas Maikel marcou o 1-0. Seguía dominando e tendo ocasións o Dumbría, e nun rexeite tras un córner, Jano colle o balón e tras regatear a un contrario este derríbao cometendo penalti. El mismo tiraría e marcaria facendo o 2-0. A pouco do descanso Cacha saca un córner moi pechado que se cola logrando o 3-0.

A volta da caseta, sen que se cumplise nin un minuto, Juan de Dora marca un golazo de vaselina. Aí xa a Esteirana desaparecera e o Dumbría dominaba e chegaba con boas combinacións. A 5 do final Edu deixaría un xesto de calidade enorme, tras irse de dous rivais asiste de rabona a Juan de Dora que marcaría o seu segundo tanto e o seu 23º tanto. Este detalle de calidade de Edu hai que sumarllo a outro moi bo xesto que tivo na primeira co colexiado que tras otorgarlle un corner a favor el reconoceulle que era saque de porta e o árbitro rectificou a súa decisión. Ben polo “fair play” do dumbriés.

Ao final, celebración por todo o alto de toda a familia dumbriesa, manteando os adestradores e a Fabian, xogador que por mor de unha lesión non pode xogar e colabora co club en todo canto pode.


Cee - Corcubión (5-2)

  • CEE: Maikel, Stiven, Iván, Borja, Hugo, Rubén, Xabier, Xoán, Yago, Chema e Isma. Tamén: Marco, Pablo, Alex, Brais e Alexis.
  • CORCUBIÓN: Miguel, Oca, Isma, Chava, Junjo, Pepo, Germán, Mario, Goche, Óscar e Tito. Tamén xogaron: Tuñez, Maikel, Álvaro, Joselu e Lolo.
  • Goles: 1-0, min.30: Xoán; 2-0, min.35: Ismael; 3-0, min.37: Yago; 4-0, min.40: Yago; 4-1, min.61: Mario; 5-1, min.66: Pablo; 5-2, min.76: Oca.

Partido sen moita historia, que deixou sentenciado o Cee á media hora con 4 goles en apenas 10 minutos. Nada puido facer o Corcubión na segunda metade.


Liga Xuvenil Norte, G.3 - MáisDeporte, xornada 15

Porteño - Baio (1-1)

  • PORTEÑO: Brais, J. Manuel, Aarón, Bruno (Mario, min.46), Dani, Xoel, Rodri, Oli, Robi (Josiño,min.46), Maikel e Carlos (Matías, min.55).
  • BAIO: Jose Manuel, Pablito, Fran, Miguel, Javier, Alberto (Alfonso, min.55), Estefan, Pablo Costa, Jose Antonio, Ayoub e Fariña (Javier Gomez, min.55).
  • Goles: 0-1, min.30: Pablo Costa de falta; 1-1, min.60: en propia meta.

Partido raro o disputado no Hermanas Patiño na mañá sabatina. A primeira metade era igualada, no que tanto o Porteño coma o CD Baio esforzáronse o máximo por dificultarlle ao rival a progresión cara a meta rival. Adiantouse o CD Baio nunha falta ben executada por Pablo Costa, coa axuda da barreira, arredor do minuto 30, gol que sorprendiu oas xogadores locais, que contaban de ter un partido mais placido e que vian coma os visitantes ían vender cara a súa derrota coma así foi. Un Baio de Julio Vila que suma 4 partidos sumando.

O Porteño de Ordóñez mantiña o dominio do balón e o Baio esperaba atrás, sen permitir ocasións aos locais, que as poucas que tiñan non as acertaban. De feito, no segundo, e cos locais volcados, chegaría o empate, pero chegaría tras un gol en propia meta de Javier Gómez. Seguía atacando o equipo local pro o CD Baio está afeito a resistir e o que resiste vence, situación que ben puido ocurrir nunha das xogadas finais do partido na que unha contra dos de Baio case a finaliza con éxito Estefan se non fora polo bo facer do meta local que resolviu o 1x1 moi ben.

Polo lado contratio, o pau nunha ocasión e o meta baiés José Manuel noutra impediron que o Porteño se metese por diante, pero o sábado non era o día dos puntas camariñáns.


Malpica - Ponteceso (2-4)

11 do Malpica xuvenil no Pinguel-Foto-Luis POrto
  • MALPICA: Manuel; Arcay, Miguel (Petís, min.46), Álvaro (Cholo, min.54), Brais Álvarez, Gende, Eloy, Cristian Villar, Sergio, Xulián e Carlos.
11 do Ponteceso Xuvenil ant eo malpica-Foto-Luis Porto
  • PONTECESO: Damián; Javi Busto (Dani Villar, min.71), Mourelle (Rubén, min.62), Pablo, Adrián (Samuel, min.29), Ismail, Fabián, Esteban, Eloy (Iván, min.46), Diego e Pedro (Óscar, min.66).
  • Goles: 1-0, min.16: Sergio de impecable remate á media volta a un córner de Xulián; 1-1, min.21: Eloy en xogada persoal; 1-2, min.22: Eloy aproveita un centro de Pedro que roubou nada máis sacar o Malpica de centro; 1-3, min.40: Eloy de impresionante zurdazo; 2-3, min.70: Sergio aproveita o rexeite do porteiro a tiro de Cristian V.; 2-4, min.72: Iván aproveita un erro de Manuel na saída.
  • Lesións: retirados mancados, Adrián e Mourelle (Ponteceso) e Álvaro, (Malpica).

Cambiaron as tornas en Pedra Queimada, pero o resultado volveu ser negativo para os de Fernando Varela. Chegaba o Ponteceso nunha boa liña, pero sucumbiu ante o dominio de balón dos locais, pero tivo de cara o acerto de Eloy para co gol, o que lle valeu para sumar 3 puntos, que en todo caso, non lle valen para moito.

Os malpicáns xogaban ben o balón pero non chegaban con perigo. Así e todo adiantábanse por medio de Sergio, pero en un minuto, e despois de varias ocasións para empatar, Eloy marcaba un golazo en xogada persoal, e nada máis sacar o cadro pontecesán roubaba o balón para que Eloy fixese o segundo. Antes do descanso Eloy volvía marcar un golazo. O Malpica apretou na segunda, dominando de novo o xogo, pero as mellores ocasións seguían sendo dos visitantes. Recurtaba Sergio pero de seguido Iván aproveitaba un erro do meta malpicán para sentenciar.


Camariñas - Coristanco (3-1)

  • CAMARIÑAS: José Luís, Juan, Pose, MIguel, Facundo (Pifo, min.60), Álvaro (Chuki, min.70), David, Adrián (Brais, min.80), Espi, Chikote e Javi.
  • CORISTANCO: Alberto, Sergio, Mol, Varela, Iván, Corral, Navarro, Brandón, Chiki, Bértoa e Gabriel. Tamén xogaron: Suso, Anido, Jorge.
  • Goles: 1-0, min.5: Javi peiteou de costas á portería; 2-0, min.35: Javi tras roubar unha cesión de Sergio a Alberto; 2-1, min.55: Gabriel; 3-1, min.80: Chikote.

Bo partido que ratifica ao Camariñas como un dos favoritos a todo, e iso que non está no seu mellor momento. Pero o choque rubrica a incrible campaña de Javi Antelo, "O Bicho", que o sábado case que solventaba o partido na primeira metade con dous tantos, sendo xa 27 os conseguidos este curso, só cos xuvenís, a case 2 goles por partido.

Lorenzo contaba varias baixas de última hora Jonhy e Cristian, cun proceso gripal, acompañado pola trasnoitadora cea coristanquesa do colexio bergantiñán do venres. Pero aínda así, os verdes pelexaron ata o final ante un Camariñas que levou o peso do partido, e que foi lixeiramente superior. O Camariñas combinaba ben e o Coristanco fixo moi bo fútbol por momentos, dando conta dese cambio do balón directo ao xogo combinativo que están intentando implantar nas categorías inferiores.

Gabriel recurtaba, e fallaron Navarro, Corral e Gabriel no que puido ser o empate. Pero pesou o físico e o Camariñas sentenciaba por medio de Brais.


Zas - Cabana (1-2)

Cabana e Zas en San Andres-Foto-Cabana
  • ZAS: Sergio, Julián, Brais, Darío, Rubén, Ternande, Manu, Adrián (Boli, min.80), Juan (Dani Mato, min.65), Álvaro e Andrés.
  • CABANA: Darío, David Varela, Grille (David Muíño, min.75), Aurelio, Reigía (Kevin, min.60), Mateo (Laik, min.45), Álex Rodríguez, Martín (Óliver, min.45), Redondo, Álex Fraga (Ferreiro, min.45) e Cristian.
  • Goles: 1-0, min.8: Redondo de xogada persoal; 1-1, min.28: Ternande empata cunha fermosa vaselina culminando unha contra botada por Manu; 1-2, min.85: Óliver cabecea o fondo das redes un córner botado por David Varela.

Partidazo xogado en San Andrés que serviu de pedra de toque para este Cabana. I é que o Zas é un gran equipo, como xa demostrara vencendo nas Redondas na primeira volta.
Foi un partido intenso e moi entretido para o espectador, xogado “de tu a tu”. Na primeira parte adiantouse o Cabana pronto tras unha boa xogada individual de Redondo que acabou cun bo gol dun tiro de fora da área.

O Zas seguía apretando e facendo un bo fútbol e á media hora lograba empatar o encontro. Tralo descanso más do mesmo, moita intensidade e dous equipos que querian gañar, con ocasións para os dous lados. Tivo o Zas o partido na man a 10 para o final, pero Adrian marrou o man a man co porteiro. E 5 minutos despois o Cabana conseguía o gol da vitoria cun remate de cabeza de Óliver tras un saque de corner.


Corme - Laxe (6-3)

  • CORME: Fran, Rubén, David, Pandi, Ángel, Samu, Isaac, Kike, Isma, Manu e Eloy CR. Tamén: César, Ian e Josiño.
  • LAXE: Diego, Sergio (Martín, min.75), Galgo, Santi, Nico, Elías, Djamel, Borja, Adri, Ferri e Mouri.
  • Goles: 1-0, min.13: Samu; 2-0, min.25: Kike; 2-1, min.38: Adri; 3-1, min.46: Manu; 3-2, min.50: Santi; 3-3, min.60: Santi; 4-3, min.67: Isma; 5-3, min.72: Kike; 6-3, min.80: Isaac.

Partido soso, sen apenas intensidade entre un Corme con poucas opcións de meterse entre os 3 primeiros e un Laxe que se mantén nos postos de abaixo. Os cormeláns comezaron fulgurantes en na primeira metade mandaron con solvencia. Pero os de Toni saíron na segunda a por todas, e mesmo conseguiron o empate, pero en canto o Corme pisou o acelerador de novo, matou pronto o partido.


Crónicas dos Xuvenís

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios