Fases de Ascenso: O Dumbría queda só ante o ascenso e xa ten rivais
Tiñamos dous equipos con opcións de meterse nas Ligas Galegas e xa só nos queda un. A primeira eliminatoria das fases deixou polo camiño aos Miúdos xuvenís e ao Cabana Cadete, e se ben aínda o XSC ten unha bala para este martes na casa ante o Fátima, non o ten sinxelo. Deste xeito, o Dumbría Xuvenil queda como aspirante ao ascenso despois de superar con solvencia ao Bastavales e xa ten rivais para as dúas seguintes eliminatorias que terá que superar.
O Dumbría xa ten seguinte rival na Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil: o Betanzos que vén de superar aos Miúdos, pero que pode ser un equipo perfectamente asequible.
Se pasa, terá a eliminatoria final ante o gañador do Calasanz B - Bertamiráns.
Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil
- Resultado: Dumbría - Bastavales (3-0)
- DUMBRÍA: Bruno, Pablo, José Miguel, Canario, Jano, Marcos, Cacha, Mauro, Edu, Marcote e Juan de Dora. Tamén xogaron: Charly, Josiño, Maikel, Portu e Jorge.
- Goles: 1-0, min.25: Cacha tras combinar con Marcote; 2-0, min.50: Marcote nun córner; 3-0, min.70: Cacha pola escuadra de falta.
Partido no que o Dumbría dedicouse a controlalo a través da posesión do balón para non sufrir e o mesmo tempo mermar o rival fisicamente. Pouco a pouco o Bastavales foi sufrindo no aspecto físico e o Dumbría impuxo a súa calidade para gañar con solvencia. Primeiro unha xogada entre Marcote e Cacha que este último fusilou ante o porteiro rival, así chegou o 1-0.
No descanso quedaría Juan de Dora na caseta por un golpe, máis por precaución, ao igual que Jose Miguel que tiña unha amarilla e non quixeron arriscar. Na segunda, un corner rematado no primer pau por Marcote sería o 2-0 e máis tarde un lanzamento de Cacha a escuadra o 3-0. De aí ao final máis ocasións do Dumbria que seguiu impoñendo o seu ritmo xa que os xogadores que entraron desde o banco aportaron moita intensidad e traballo.
Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil
- Resultado: Os Miúdos - Betanzos (1-4)
Non ten o físico a estas alturas o cadro muradán para competir a este nivel. Tras mes e medio de parón, e case sen adestrar, tocoulle enfrontarse a un Betanzos máis fresco, que sen ser dos mellores da categoría, impuxo o seu ritmo e xa sentenciara na ida cun 4-0. Non saíu de balde o cadro de Mané Senande, que nos primeiros 25 minutos tivo dúas boas ocasións para soñar coa remontada. Pero á contra chegou o primeiros dos betanceiros e aí morreu o partido. Chegaron a empatar os muradáns, pero a segunda metade se fixo moi longa, e volveron caer outros 4.
Así e todo, o equipo dos Miúdos pecha así un ano espectacular. O primeiro ano nesta categoría como MIúdos, conseguindo meterse entre 2 mellores equipos da categoría, algo impensable ao comezo do curso.
Fase de Ascenso á Liga Galega Cadete
- Resultado: Cabana - Palas (0-6)
- CABANA: Darío (Pablo, min.60), Fernando (Castro 40), Rubén, Álex (Enrique, min.55), Bieito, Samuel, Alberto, Breo (Sergio, min.53), Manuel, Pedro (Óscar, min.48) e Santi.
Derrota sen paliativos do Cabana ante un superior Palas nas Redondas. Comenzou o partido con dominio dos locais que xa no minuto 3 viron como non sinalaba un clarisimo penalti na área do Palas logo dunha clamorosa man do defensor visitante. Seguiu tentando o Cabana e á saída dun corner remate de Alberto que saca un defensa baixo pau co porteiro xa batido. Todo marchou de xeito igualado ata o primeiro gol do Palas que aproveitou a tenra defensa local para adiantarse e marcar o segundo en poucos minutos. Tentou recuperarse o Cabana pero os ánimos estaban baixos e un penalti sinalado equivocadamente polo colexiado puxo o 0-3 que acabou con equipo das Redondas.
Xa na segunda parte, paseo militar para os visitantes e minutos para todos os xogadores terminando o encontro cun 0-6 sen paliativos. Eliminatoria que transcurriu cun comportamento exemplar dos dous equipos sen malos modos nin protestas.
Fases de Ascenso
- Fases de Ascenso: Dumbría e Cabana van cara adiante e Miúdos e XSC frean.
- Fases de Ascenso: Ocasión perdida para os nosos campións.
Crónicas da semana
- Promoción da 3ª: Inxustificable.
- O Zas supera o inferno de Tordoia e achégase ao soño do ascenso.
- Copa da Costa: Temporal do XSC e o Seaia dá a sorpresa.
- Resultados dunha xornada moi tensa.
Torneos estivais
- Louro e Santa Comba acollerán novos torneos estivais.
- Primeira fornada de torneos con FS en Vimianzo.
- Arrinca o Campionato de Barrios de Esteiro, o mellor torneo do verán costeiro.
Novas relacionadas
Primeiros títulos colleitados
- Os campións costeiros de F8 disfrutaron de fermosas Fases Finais.
- 3ª Autonómica: Un ascenso agónico do Ameixenda.
- O Outes faise co título da Liga da Costa nunha tarde de verdadeiro infarto.
- O Cerqueda certifica o título da 3ª e un histórico ascenso.
- Iago Lema e Nacho, pichichi e porteiro menos goleado da 3ª-
- Anxo e Gato, os porteiros menos goleados da 1ª e 2ª Autonómica.
- Alejo e Piti, os primeiros pichichis do curso.
- XSC e Cee disfrutan dos títulos de Campións da Copa da Costa.
- O Dumbría sofre pero supera á Esteirana e tamén gaña a Copa da Costa Xuvenil.
- O Cee suma outro título cos Alevíns de F8.
- Un título de Prebenxamíns con dous gañadores.
- Veteranos: O San Román róuballe o título ao Coristanco no último suspiro.
- Os Benxamíns agrandan o mito da eterna canteira fisterrá.
- O XSC celebrou o título Infantil e buscará o ascenso á Liga Galega.
- O Corme festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).