Mércores. 27.10.2021
El tiempo

Fin de semana de festexos para a familia Fisober

Fin de semana de festexos para a familia Fisober

Nova fin de semana de celebracións para a familia Fisober. I é que as xogadoras costeiras foron recibidas polo alcalde de Vimianzo, nunha emotiva homenaxe para toda a familia soneirá. Antelo galardoou á entidade, e foi a capitana Ana Mouzo a que recolleu o recoñecemento.

Ademais, a fin de semana trouxo o final da Liga Provincial e unha boa nova.

Nova convocatorai para a Selección

Novas boas novas para as xogadoras do Fisober. Xa sabíamos da convocatoria de “Patri” Romaní coa absoluta, que foi citada de novo para adestrar este xoves 26 de abril ás 20:45h no Pavillón Municipal de Roxos (Santiago). I é que selección esta a preparar o Campeonato de España de Autonomias que se celebrara en Valladolid do 11 ó 13 de Maio.
Pero ademais hoxe coñecemos que as hai máis convocadas para adestrar, desta volta ca Selección coruñesa cadete de fútbol sala. Elas son Inés Suarez Mouzo (Camelle 1997) e Laura Pose Suárez (Camelle 1997), que están citadas este venres 27 de abril ás 21:00 h no Pavillón Monte das Moas de Coruña. A Selección cadete esta a preparar o Campeonato Galego que se xogara en Santiago o vindeiro 17 de maio.

Liga Provincial

  • Resultado: FISOBER B “CONCELLO DE VIMIANZO” – VIAXES AMARELLE B (0-13)
  • Fisober B: Martina, Iria, María, Inés e Laura; tamén xogaron: Tamara, Mónica, Myrella, Natalia, Cris, María Maroñas e Catti.
  • Goles: Ao descanso o resultado era 0 a 4, e o final o xa coñecido 0 a 13 . Alba 2 goles, Peke 2 goles, Cris 2 goles, María 2 goles, Cruz 3 goles e Uxía 2 goles.

Este sábado rematou a tempada para o Fisober B en Vimianzo e viu como o Amarelle B que se xogaba asegurar a segunda praza na clasificación foi moi superior e lles endosou unha goleada.
O resultado explica ben as claras o dominio total das visitantes no partido, un filial do Amarelle que presionou, loitou e combinou de principio a fin sin descanso a pesares da amplitude do electrónico, sin decaer no seu rendimento, nin relaxarse en ningún momento. O Fisober B, non tivo o seu día o que se lle sumou que case de saída caeron lesionadas tanto Iria, como a capitana María, lesións que finalmente parece que non revisten maior gravidade.

A pesar do duro correctivo na primeira metade as locais aínda conseguiron poñer en algún apretó a porteira visitante Anabel, por medio de combinacións entre Inés, Laura e Myrella pero sin chegar a conseguir o gol da honra, cando eran capaces de saír da forte presión do filial do Amarelle. Ao tempo de lecer chegouse con 0 a 4 no electrónico.

A volta do tempo de lecer as visitantes apretaron si cabe un pouco máis cunha saída eléctrica na que puxeron máis terra de por medio si cabe despois os goles foron caendo, ata o 0 a 13 final. Un resultado que lles asegura o subcampeonato por segundo ano consecutivo na Liga Provincial.
A pesar da derrota o filial mellorou as súas prestacións durante a tempada, e nesta segunda volta fixeron nove puntos fronte os catro que fixeron na primeira. Aínda que nos partidos na casa podías a ansiedade e os nervos por dar unha boa imaxe ante os seus e solo conseguiron tres puntos en toda a tempada.

O Fisober B remata a Liga na 8ª posición nunha competición na que a gran maioría das súas xogadoras debutaron este ano.

Así e todo aínda queda competición, pois as xogadoras competirán na Copa de Autonómica e a Copa de Provincial.

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da campaña 2011-2012

Máis novas

Máis novas do Fisober

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba.

comentarios