Ligas Galegas: Un punto histórico que sabe a ouro
Estaba marcada a xornada por un dos premios de xogar a tan alto nivel, i é que visitar as instalacións da Madroa, as dun club de primeira división, non se fai todos os días. Todo nun histórico punto, histórico partido e histórica actuación do Dumbría na Madroa fronte o R. C Celta na División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría.
Ademais, na Liga Galega, Bergantiños e XSC asinaban táboas, mentres os infantís dumbrieses caían na Coruña nun final propio dunha fin de semana como a do Samaín.
División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 8
- Resultado: R.C. Celta - Dumbría (1-1)
- DUMBRÍA: Jorge; Ayoze, Pablo, Raúl, Fabio; Eloy, Marcos, Jose; Borja; Luís Lojo (Gabri Papin, min.41) e Brandón (Adrián, min.72).
- Goles: 0-1, min. 15: Borja recolle un balón a 25 metros da porteria e marca dunha espectacular volea, que sorprende ó porteiro céltico; 1-1, min 70: Javi Ben remata de cabeza unha falta lateral inexistente.
Os números previos ó encontro nos deixaban a un Celta lider, invito con 34 goles en 8 partidos. Números para respetar. Pero o equipo costeiro demostrou, que no partido a partido empeza a ser moi duro de superar.
Plantáronse Juan Purrua e Joaquin con Ayoze de improvisado lateral dereito, posto que o titular, Josiño tiña partido coa selección coruñesa o mesmo dia (cousas dun calendario sorprendente). Pero o fisterrán adaptouse ben, e fixo un fortín dese sector. O Dumbría saliu repregado, pero moi ben armado, para roubar, buscar ó mediapunta Borja e que este buscara a velocidade de Lojo, e sobre todo dun grandísimo Brandon.
E o plan comezou a sair de maravilla. Serios atrás, sin conceder ocasións, o mesmo tempo que o Celta se embolicaba nunha posesión sin contido. O pichichi Javi Ben non encontraba espazos entre Raul e Pablo, e o tridente de medios, Marcos, Eloy e Josiño traballaban ben na recuperación.
E empezaron a chegar as ocasións... para o Dumbría. O equipo crecía o ritmo de Borja, e primeiro Lojo e logo Brandon non acertaron a marcar, ante a incredulidade celeste. Mención aparte merece o partidazo de Brandón. O camariñán faxouse na presión, e cada vez que tivo opoetunidade, foi un quebradeiro de cabeza para a zaga celtiña. Noutra ocasión, Marcos non chegaba por pouco a rematar un bo centro do omnipresente Borja Bouzón.
E neste escenario chegou o gol dumbriés. Borja atopouse cun balón botando, lonxe do portal rival, pero atreveuse cunha volea coa súa perna dereita, que sorprendeu a todo o mundo, incluido o cancerbeiro olívico.
O Celta reaccionou, pero costáballe crear ocasións, mais ou menos claras; e as que facía encontrábase cun infranqueable Jorge. A última parte do primeiro tempo, foi de acoso, pero sin derribo á muralla defensiva do Dumbría.
No 2° tempo, o cansancio levou a replegarse máis ós visitantes, e Giovanella jr. Fíxose cos mandos do seu equipo. Neste tempo, as faltas no entorno da área empezaron a crear perigo a Jorge. E non porque foran todas, senón porque ó máis mínimo contacto, o árbitro sinalaba falta, e o perigo era evidente.
Aínda así, o Dumbría tivo a sentencia. Borja volviu a montar unha contra, e Brandon plantouse só diante do porteiro rival a media saida.Intentou a gloria, unha vaselina definitiva...pero o porteiro intuiu o disparo e neutralizou a ocasión.
Acto seguido, falta inexistente de Fabio sobre o extremo dereito céltico. O centro ó corazón da área atopouse co salto e o cabezazo dun desmarcado Javi Ben, que selaba o marcador definitivo.
Antes Jorge xa neutralizara unha perigosa internada do mesmo dianteiro, desquiciado polos poucos balóns que lle deixaron tocar os centrais dumbrieses.
Os últimos minutos foron de presión, centros e defensa numantina dun Dumbría, que mereceu este gran resultado, e que vai "in crescendo" nests división de honor cadete.
Liga Galega Cadete, xornada 8
- Resultado: Bergantiños - Xallas StComba (2-2)
- XSC: Rubén, Rubén Suárez (Grille), Alberto, Pablo (Guillín), R (Manuel), Raúl, Juanjo (Óscar), Juan Lois, Carlos Baio, Thiago e Carlos Rieiro.
- Goles: 1-0, min.20; 2-0, min.32; 2-1, min.34: Thiago; 2-2, min.72: Alberto.
Partido con dúas caras moi diferentes. Unha primeira metade cun Bergantiños que superou a un XSC descoñecido e desaparecido, conseguindo un 2-0 que parecía presaxiar que o triunfo quedaríase nas Eiroas para os locais, pero o gol de Thiago, dun gran disparo desde fóra do área, facía que os verdenaranjas chegasen ao descanso con posibilidades de remontar un partido que se lles puxo moi costa arriba, mercé á súa flojo primeiro tempo e o mellor xogo dos locais. No entanto, a falta dun minuto para o descanso, o mesmo Thiago a punto estivo de colocar o empate no marcador noutro gran disparo desde fóra do área rexeitado entre o meta local e o larguero.
Tralo descanso, cambiou por completo a decoración. O XSC saíu moi forte e dominador, encerrando a un Bergantiños que defendía con orde o botín alcanzado na primeira metade, pero, a falta de oito minutos, nun saque de esquina o capitán xalleiro, Alberto, acertaba coa meta do Bergantiños, levando ao marcador un empate que, tralo presenciado nos oitenta minutos, pareceu xusto para o traballo e merecimiento de ambos equipos.
Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, xornada 8
- Resultado: Imperator - Dumbría (3-2)
- DUMBRÍA: Sergio, Berto (Hugo, min.15), Toni, Samuel, Álex; Ezequiel (Xulián, min.70), Brais Fernández, Adrián, Xan (Evaristo, min.73) e Ángel Sestayo (Brais Martínez, min.55)
- Goles: 0-1, min.25: Hugo de cabeza aproveita o rexeite do porteiro a un tiro lonxano de Adri; 1-1, min.42; 2-1, min.50; 2-2, min.60: Adrián remata un centro de Álex tras unha boa combinación colectiva; 3-2, min,93.
Nin o peor final das malas películas de Halloween pode ser máis cruel que o final do partido do Dumbría infantil. Nos últimos 20 segundos de partido, cando estaba casi todo finiquitado, chegou o sorprendente gol da vitoria para o Imperátor.
Tras unha immellorable ocasión para a vitoria, cun tiro lonxano de Xulián sin porteiro que acabou no limbo, o encontro estivo parado un par de minutos, e reanudouse con só segundos por xogar. O balón desde a zaga coruñesa chegou ó único atacante do Impe, e ante a falta de contundencia defensiva dumbrinesa, chegou a préto da liña de fondo, e sacou un centro-chut coa súa perna esquerda (sendo diestro cerrado) que describiu unha parábola sorprendente, e acabou na escadra mais alonxada do marco dun atónito Juan. Final do partido. Punto merecido, pola borda. Tristeza. Sorpresa.
Neste escaso tempo, o Dumbrúa deixou escapar un premio que merecera. Sobre todo nun segundo tempo, cando tivo que igualar o segundo gol local, cun futbol, veloz, combinativo e perigoso.
O partido comezou equilibrado, cun Imperator buscando impor o seu maior físico, buscando balóns directo cara o seu espigado dianteiro. A partir da entrada de Hugo polo lesionado Berto, o Dumbría comezou a achegarse máis ó portal visitante, cun Adrián mais incisivo, e que tivo un par de ocasións antes do 1° gol visitante. Adri colleu un balon en 3/4 de campo, avanzou e zorregou un dereitazo, que sorprendeu o porteiro local, que só puido rexeitar, e o máis listo... e menudo da clase, Hugo, remachou de cabeza.
O Imperátor reaccionou, volcouse con máis forza que talento, pero encontrou premio antes do descanso. Un balón suelto no borde da área, foi rematado cunha volea parabólica que caeu na escadra de Juan. No descanso existia a impresión de que con seguridade e ambición o Dumbria podia arrancar puntos.
Pero o panorama púxose máis negro aos 2 minutos da reanudación. Balonazo largo do Imperator, dúbidas defensivas visitantes, e o balón queda a mercede do punta roxiño, que executa de forte dereitazo.
O Dumbría tambaleouse pero reaccionou. Con fútbol. Con presión avanzada. Con profundidade e combinacións. Coa mezcla de talento de Adrián, Hugo, os Brais e Xan. E chegaron un par de ocasións previas de Adrián e Hugo, antes do empate. Gran combinación de todo o frente de ataque dos costeiros, centro de Alex desde a esquerda, que remacha Adrián coa esquerda.
Empate, que ben puide ser vitoria, si Hugo acerta nunha nova combinación colectiva que o deixou só diante do porteiro. Pero cando parecía que os 2 equipos daban por bo o resultado, chegou o triste final. Tráxico máis ben. Como Halloween!
Crónicas das Ligas Autonómicas – Aluminios Dumbría
- X.7: Pleno en casa.
- X.6: O XSC tamén sabe gañar.
- X.5: Dúas vitorias que puideron sen tres.
- X.4: Merecendo máis.
- X.3: Mala sorte.
- X.2: Primeiros puntos, pero faltan os goles.
- X.1: 3 severas derrotas pero boas sensacións.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Altas e Baixas do #FútboldaCosta 2014/2015.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
- 3ª Autonómica: O Ameixenda pecha imbatido unha apretada primeira volta nunha atípica xornada de goleadas.
- 2ª Autonómica: O trío de arriba non perdoa.
- 1ª Autonómica: O Malpica frea o Baio e o Sofán alcanza o liderato a costa do Corme.
- Preferente: O XSC achégase ao Dumbría.
- Resultados e analise da xornada futboleira de Defuntos.
- O Dolce&Café e o Explotacións Porcinas Porto do Souto, primeiros líderes da Liga Futsal Carballo.
- O Club Deportivo Costa da Morte foi premiado nos V Premios Galicia á Xestión Deportiva.
- Entrevista de David Castro co meta coristanqués de 1ª División, Rubén.
- 5 xornadas e xa temos o primeiro relevo nos bancos do Fútbol da Costa.
- Da carta de liberdade nas categorías inferiores.
- Farase finalmente o Curso de Adestradores Nivel 1 en Carballo.
- A Escola de Tecnificación do At. Madrid volve abrir as súas portas.
- Os clubs poden cambiar os horarios nas categorias inferiores sen avisar ao rival.
- Lista dos pichichis da Costa.
- Redacción de QPC ([email protected]).