Martes. 28.01.2020
El tiempo

O Fisober fai historia co Subcampionato de España

O Fisober fai historia co Subcampionato de España

Non puido ser o primeiro posto, pero este 2º posto no Campionato de España de Fútbol Sala Feminino sabe a triunfo para toda a familia do Fisober Concello de Vimianzo.
Unha fin de semana para a historia deste novo clube soneirán, que en apenas 8 anos dende o seu nacemento, xa se codea coas mellores do estado.

As vimiancesas se metían na final tras unha épica remontada ante o representante de Extremadura, pero o Villa-Alba de Albacete era superior ás mozas da Costa.

E ollo, que esta vindeira fin de semana terá a posibilidade de poñer a guinda a esta excepcional tempada, se gaña a Final da Copa Autonómica fronte o todopoderoso Leis Pontevedra, unha Final que parece que se xogará o vindeiro domingo na zona de Santiago.

Dende o Fisober queren agradecer de maneira especial o fisioterapeuta Manuel Mira Llopis pola axuda prestada as súas xogadoras durante este Campeonato. Tamén agradecer o esforzo dos siareiros que se desplazaron para calquera dos tres partidos e a xente que aínda que non se pudo desprazar seguiunas dende a distancia.

AleFisoberAle

Final do Campionato de España

  • Resultado: VILLA-ALBA - FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” (8-2).
  • FISOBER: Paula, Patri, Nuria, Ana e Barca ; tamén xogaron : Ylenia, Myrella, Noelia, Eva, Olalla e Alba.
  • Goles: 1-0 Mati, 1-1 Ana, 2-1 María, 3-1 María (descanso) 4-1 Vane,5-1 María, 6-1 María, 7-1 Mati, 8-1 Irene, 8-2 Alba.

Pode que o Fisober acusara o enorme esforzo do día antes para chegar a Final cunha remontada in extremis, xunto cun último minuto da primeira metade na que recibiu dous goles , ademáis dun rival albaceteño que era un equipo moi físico que se levou a maioría das disputas. Un Villa-Alba que foi merecidísimo campeón.
Xa no segundo minuto Mati a pracer facía o 1 a 0 despois dun pase de María. Tocáballe de novo remar contracorriente o Fisober como tantas veces nesta tempada. E os cinco minutos era Ana a que respostaba para as da Costa.
As de Villa-Alba buscaban unha e outra vez a súa capitana María que poñía unha e outra vez en apuros a unha moi inspirada Paula.
Mediada a primeira metade chegaron os minutos de Patri quen por dúas veces non era quen de batir a unha tamén moi segura Isa. E no ida e volta tocaballe de novo as albaceteñas que se atopaban con Paula primeiro foi María e despois foi Vane as que non puideron batila.

No minuto 13 tiña Villa-Alba unha clarísima triple ocasión. Respondía tamén Barca cunha inmellorable opción de gol que non aproveitaba.
Así ata que a dous minutos para o fin unha presión das do Fisober en ataque remataba con Ana rebañando o balón para igualar o partido ante o despexe da porteira. E sólo un minuto despois un lanzamento de Nuria a piques estivo de poñer en vantaxe as da Costa.
Pero entrando no último minuto nunha xogada aínda máis estrambótica da que deu o gol o Fisober a albaceteña María poñía de novo en vantaxe as súas. Unha vantaxe que incrementaría a mesma María a solo tres segundos para o fin da primeira metade aproveitando de novo un balón no borde do área.

E a volta dos vestiarios o cuarto para as albaceteñas por medio de Vane, un gol que foi xa unha lousa imposible para a moral das do Fisober que en apenas un minuto con tempo de lecer de por medio apañaran tres goles.
As albaceteñas aproveitaban cada erro no pase ou no control das da Costa para que María puxese a proba unha e outra vez a unha enorme Eva que mantiña a flote como o fixera antes Paula as súas.

Ata que a sete para o fin de novo María facía o quinto e mataba definitivamente o partido. Unha María que facía o sexto nese mesmo minuto e Mati o sétimo solo un minuto despois. A dous para o fin Irene marcaba o oitavo que foi contestado por Alba xa dentro do último minuto para facer o definitivo oito a dous.

Remataba o partido entre as bágoas das xogadoras da Costa despois de perder de maneira tan rotunda a Final do Campeonato de España, o cal non pode desmerecer a excepcional e histórica tempada que están a facer con título de Liga, subcampeonato de España e a presenza na Final de Copa Autonómica que se debe disputar a vindeira semana fronte o todopoderoso Leis Pontevedra que ven de golear 12-2 o subcampeón de Liga o Mos nas semifinales.

Semifinal do Campionato de España

  • Resultado: FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO “ – C.F. EMERITENSE (4-3)
  • FISOBER: Paula, Patri, Nuria, Ana, Barca ; tamén xogaron : Noelia, Ylenia, Myrella, Eva, Olalla e Alba.
  • Goles: 0-1 Paula, 0-2 María, (descanso) 0-3 María, 1-3 Myrella, 2-3 Nuria, 3-3 Ana, 4-3 Barca.

O Fisober tivo que vir dende o inferno e remontar un 0 a 3 para chegar a Final do Campeonato de España, nun auténtico partidazo de ambos equipos, o mellor ata a data. Saíu o Fisober a por todas e no minuto dous xa Patri tiña a primeira ocasión. E os catro minutos era Barca a que non foi quen de marcar. Pero as xogadoras extremeñas moi ben colocadas atrás saían a contra como centellas e na primeira ocasión fixeron o 0 a 1 por medio de Paula os catro minutos.

Un resultado que as eliminaba xa que as da Costa necesitaban como mínimo un empate. Puxeronse mans a obra, e os seis minutos foi de novo Barca quen non era capaz de batir a unha inmensa Bea. E deseguido foi Ana a quen non foi capaz.
E claro quen perdoa paga e na segunda saída as emeritenses aproveitárona de novo por parte de María para facer o 0 a 2. E case consiguen o terceiro nunha loita de Paula´s que ganou a porteira do Fisober.
Chegábase a media parte e Nuria lanzaba pero atopábase con Bea de novo. E pouco despois foi Noelia quen lanzaba o pau pero o balón seguía sin querer entrar.
As extremeñas seguían defendendose de maneira extraordinaria e salindo a contra de forma punzante e desta vez era Anita quen facía lucirse a Paula. O partido non defraudaba, e Nuria non era capaz de marcar. Pero o C.F. Emeritense tiña aínda tiña unha última opción antes do tempo lecer por mediación de María.

Entraba na segunda metade o Fisober ca necesidade de facer dous goles, e Nuria era o seu estilete pero ata en tres ocasións se atopaba con Bea. E cando mellor estaban a xogar as da Costa de novo unha contra das extremeñas os cinco minutos remataba cun gol de María que facía o 0 a 3 e unha lousa na moral do Fisober.
Chegaron os peores momentos para as da Costa, e a emeritense Lucía mandaba o pau pouco despois. Momentos nos que tivo que aparecer Eva para manter con vida o Fisober.

E cando xa parecía todo perdido chegou o espectacular gol de Myrella de tacón para voltar dar aire as súas. Maís aínda cando un forte lanzamento de Nuria poñía o 2 a 3 e máis leña o fogo. O Fisober quedábase a un gol da Final e tocou arrebato.
Pero claro tanto risco tiña as súas consecuencias e facía que Nuria tivera que frenar unha contra cun agarrón como xa fixera minutos antes o que lle valeu o segundo cartón amarelo. Aínda así as da Costa non se rendían e da man de Patri tiveron dúas moi boas ocasións pero o gol non quería entrar.
Ata que unha xogada das típicas do Fisober rematou co gol de Ana e co delirio do banquillo e afección, cando sólo quedaban dous minutos para o fin. Un gol que supoñía a clasificación das da Costa para a final. Co cal as extremeñas arriscaron ca porteira – xogadora , aínda que non puxeron en apuros as do Fisober. Primeiro Eva para o Fisober , dende propia portería probaba pero o seu lanzamento foise lamendo o pau.

E no último segundo era Barca a que marcaba o 4 a 3 e vía como todas as súas compañeiras se lanzaban cara a ela para celebrar o pase a final despois de un auténtico partidazo por ambos equipos.

Primeiro partido do Campionato de España

  • Resultado: BEREZI 99 – FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO“ (0-7)
  • Fisober: Paula, Patri, Nuria, Ana e Barca ; tamén xogaron : Noelia, Myrella, Ylenia, Olalla, Eva e Alba.
  • Goles: 0-1 Nuria, 0-2 Olalla, 0-3 Nuria, 0-4 Ana (descanso) 0-5 Patri, 0-6 Myrella, 0-7 Noelia.

Xogou o venres o Fisober o seu primeiro partido no Campeonato de España e ganou de maneira rotunda o campeón vasco a pesar de que saltaron a pista algo nerviosas ante tan histórico partido para entidade. A saída foi en tromba das da Costa e Ana tiña a primeira opción de gol no primeiro minuto e no minuto dous foi Patri a que tivo outra moi boa ocasión.
Pero as vascas ben colocadas atrás saían en perigosas contras, e así a súa mellor xogadora Vicky mandou o balón o pau da portería defendida por Paula poñendo o medo no corpo as da Costa.
A resposta do Fisober foi por parte de Nuria por dúas ocasións pero non conseguía o ansiado gol. E de novo Vicky se lanzaba nun contragolpe e de novo o pau salvaba o Fisober.

Barca case consigue o segundo pero a porteira Ane fixo un paradón. A quen non pudo parar foi a Olalla que despois dunha extraordinaria xogada individual defenía para o 2 a 0 nun auténtico golazo a catro para o fin. As do Berezi quixeron dar un último zarpazo por medio de Vicky pero non conseguíu batir a Paula que a frenou por dúas ocasións.

Chegando o último minuto era Nuria a que consegúia o 3 a 0. Pouco despois unha combinación entre Ana e Patri tivo preto o cuarto. O cal chegou a tres segundo para o fin cando Nuria lanzou o longueiro e no rexeita Ana aproveitou para facer o 4 a 0 de cara o tempo de lecer.
A segunda metade xa comenzou cun menor ritmo pero os dous minutos Patri tiña unha ocasión. Unha Patri que despois dunha excelsa combinación do equipo en ataque facía o quinto despois dunha última parede con Barca.

Os minutos ían pasando co partido xa sentenciado e de novo as vascas se atopaban co pau esta vez foi Saida. A seis para o fin era a vasca Saida quen despois de superar a Eva vía como Olalla salvaba o gol ata en dúas ocasións. Fisober buscaba aínda algún gol máis e foron Noelia e Olalla as que case o consiguen. Para rematar o partido cunha ocasión da mellor xogadora do Berezi, Vicky, pero Noelia baixo paus non permitiu que a porta do Fisober fora perforada.

Crónicas da campaña 2011-2012

Máis novas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba e de José Barca do Concello de Ponteceso FSF.

Comentarios