Martes. 15.10.2024
El tiempo

O Manuela Rial colleu experiencia no Campionato Galego para afrontar o asalto o ano que vén

O Manuela Rial colleu experiencia no Campionato Galego para afrontar o asalto o ano que vén
O Manuela Rial no Campionato Galego de Voleibol Infantil 2015

O equipo do Manuela Rial, formado por Xabier, Nico, Manuel, Adrián, López, Alberto, Sergio e Tiago, cumpríu co obxectivo marcado para este campionato, que non era outro que competir ó máximo nivel e coller experiencia neste tipo de competicións para o próximo ano. Un 4º posto tremendamente meritorio pois falamos dun equipo practicamente de 1º ano e con algunha incorporación de menos idade. De feito, era con moita diferencia o máis novo do torneo, xa que só un xogador pasa de categoría o ano que vén, temporada na que teñen depositadas moitas esperanzas de poder pelexar polo título de Campións Galegos, e onde sen dúbida a experiencia conseguida este ano vailles valer de moito para disputar este tipo de campionatos.

Comezaron ante As Mariñas de Oleiros que, á postre sería o vencedor do torneo, perdendo claramente por 3-0 (25-10 / 25-13 /25 -15) no partido menos disputado dos nosos. Pola tarde ante Calasancias mellorou o seu xogo e incluso empezaron adiantandose no marcador por 0-1, pero o final perderían por 3-1(25-22 / 16-25 / 11-25 / 14-25) despois de que os coruñeses apretaran sobre todo no servicio.

O domingo pola mañá, no mellor partido disputado polos costeiros ante o Emevé de Lugo, que finalmente sería subcampión, repetiríase o resultado de 3-1(25-20 / 25-15 / 22-25 / 25-21) pero quedando moi boas sensacións xa que en todo momento estiveron metidos no partido e tendo opcións de pelexar os sets ata o final.

O Manuela Rial no Campionato Galego de Voleibol Infantil 2015

Crónicas da temporada

Fonte

  • Volei Dumbría.

Comentarios