O Villa de Cee tamén supera ao Ponteceso FSF
A semana pasada era o Fisober B o que sufría a clara melloría do Villa de Cee. Desta volta tocoulle ao Ponteceso sufrir o rodete dun conxunto ceense que ten a marcha metida e que remata a primeira volta na 7ª praza da Liga Provincial Feminina, a un só punto do propio Concello de Ponteceso, e con 3 de vantaxe sobre as vimiancesas, que caían ademais pola mínima ante as Espartanas.
Mentres, na 2ª Estatal, o Fisober viaxaba a Bilbao pero volvía cunha goleada enriba que as deixa, aínda así, nunha cómoda 6ª posición.
Liga Provincial Feminina, xornada 11
- Resultado: F.S.F. Vila de Cee - Concello de Ponteceso FSF (5-3)
- F.S.F VILLA DE CEE: María Belén, Ana, Tatiana, Sandra e Serena – tamén xogaron – Marta.
- A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF: Bea, Alba, Ana, Martina e Carla.
- Goles: Ana (4) e Andrea para o Vila de Cee. Martina, Alba e Laura para o Ponteceso.
- Expulsión: a Sandra por doble amarilla por parte visitante.
Vibrante derbi para rematar a primeira volta entre dous equipos costeiros, na primeira vez que se enfrontaban na historia. O Ponteceso chegaba con baixas importantes por lesión, e arrincaban mal o choque. Nada máis saír, as locais intentaban presionalas arriba para non deixalas xogar e, no minuto dous de partido, despois dun rechace nun córner da porteira pontecesana, as locais estreaban o marcador co 1-0. O tanto doulle confianza ás locais, que seguiron ca súa intensa presión a todo campo, pero as rapazas de Barca e Curro non baixaron os brazos e nunha boa xogada colectiva, Martina poñía a igualada no luminoso.
Seguían pasando os minutos e as ceenses seguian facendo o seu xogo, mentras que as visitantes intentaban facer unha forte defensa e saír ás contras e froito desto, Alba e Ana estrearon varios balóns ós paos.
Pero nunha mala saída da defensa, as ceenses aproveitaron un roubo de balón para facer o 2-1 a falta de 8 minutos para finalizar a primeira metade. As pontecesanas, lonxe de amedrentarse, viñéronse de novo arriba e nunha boa xogada individual de Alba, volvían poñer as táboas no marcador. Pero a un minuto do descanso, un erro defensivo das visitantes fixo que o Vila de Cee fose ós vestiarios por diante no marcador.
A segunda parte comezou como a primeira, coas ceenses presionando arriba e obligando ó Ponteceso a non saír co balón xogado, de todas maneiras, o Ponteceso saiu moi enchufado e facendo moi boas xogadas combinativas e moi metido no partido. Froito desto, ós 2 minutos do comezo, Laura fixo o 3-3 para as visitantes. Esto provocou que o partido se convertira nun partido de tolos con ocasións para os dous conxuntos e con varios balóns de novo ós paos das xogadoras da vila de Pondal. Pero como ben se sabe, o que perdoa acábaas pagando, e nun córner moi ben executado polas de Calavanda, Ana facía o 4 a 3 para as locais. Esto fixo que as pontecesanas foran arriba intentando ir a polo partido, pero co encontro a piques de rematar, o Cee sentenciaba o encontro tras una boa contra, dándolle o derbi.
Liga Provincial Feminina, xornada 11
- Resultado: : ESPARTANAS - FISOBER “B” F.S.F. (2-1).
- FISOBER B: Anabel, Noelia, Paula Fandiño, Inés e Laura ; tamén xogaron : Andrea, Alejandra e Tamara.
- Goles: 1-0, min.13 María; 1-1, min.23: Paula Fandiño; (descanso); 2-1, min.45: Adriana.
Rematou a primeira volta para o filial do Fisober e non puido puntuar na súa visita A Coruña. A pesares de non facer un bo partido mereceu traerse algo positivo para a Costa pero seguen sen materializar as ocasións.
O partido disputouse o ritmo que querían as locais que se pecharon atrás na busca de saír a contra, ralentizar o xogo visitante e rapidez cando elas tiñan o balón, xa dende os primeiros minutos foi así.
As locais ben colocadas atrás para cada vez que roubaban saír en perigosas contras. Pola súa banda as visitantes non eran quen de aumentar o ritmo do xogo e do balón para descolocalas.
Así mediada a primeira metade María aproveitaba unha contra para prantarse ante Anabel e adiantar as locais. Buscaron aumentar o ritmo as visitantes pero non o lograban. Ainda que o seu xogo non melloraba moito comezaban a chegar as ocasións, pero o igual que na anterior xornada non eran quen de mandalas o fondo da rede.
E tivo que ser despois dunha cesión e o conseguinte libre indirecto cando Paula Fandiño poñía a igualada no electrónico co que se chegou o tempo de lecer.
Na segunda metade mellorou un pouco o filial e tivo máis control do partido, gozaban de algunha que outra boa ocasión pero ante a portería pechábanse as persianas. Os minutos ían pasando e ademais de non ser quen de poñerse por diante, as visitantes estábanse a cargar de faltas.
E así a cinco para o fin chegaba a sexta. Tres dobres penaltis case consecutivos dos cales Adriana aproveitou o segundo puxeron en vantaxe as locais e desquiciaron as visitantes que aínda dispuxeron de algunha ocasión para empatar pero non era o día.
"Da actuación arbitral mellor non falar", comentan os adestradores do clube vimiancés.
2ª División Estatal, xornada 11
- Resultado: STILO BERRIO - FISOBER F.S.F. (7-1).
- FISOBER: Eva, Patri, Elsa, Ana e Myrella; tamén xogaron: Noelia e Raquel.
- Goles: 1-0, 1-1 Ana; (descanso), 2-1, 3-1. 4-1, 5-1, 6-1, 7-1.
Partido raro o disputado en Bilbao polo conxunto do Fisober, despois dunha primeira parte na que a maioria das ocasións foron para o conxunto visitante e na que o balón non queria entrar, chegouse con empate a 1 goles.
A segunda parte empezou como a primeira con ocasións claras para o Fisober pero dúas contras maxistrales do Stilo colocaban un 3-1 inxusto no marcador, un tercer gol que sacou do partido as xogadoras vimiancesas encaixando 4 goles máis nos derradeiros minutos cando xogaban con porteira xogadora.
Vindeira xornada
- Liga Provincial:
- C.D. Estradense - Fisober F.S.F. "B": 01/02/2014 ás 17:00 no Manuel Coto Ferreiro.
- F.S.F. Villa de Cee - C.D. Portosín.
- S.D. A Baña - Concello de Ponteceso F.S.F.: 01/02/2014 ás 18:00h no Mpal. San Vicente. - 2ª División Estatal:
- A Fervenza F.S.F. - FISOBER F.S.F.: 01/02/2014
Máis información
- Clasificacións da Liga Provincial Feminina.
- Resultados da Liga Provincial Ferminina.
- Clasificación e Resultados da 2ª División Estatal.
Novas relacionadas
- O Villa de Cee alcanza xa ao Fisober B.
- E Murphi segue xogando contra o Fisober.
- De charla e torneo coas xogadoras do Ponteceso FSF.
- Os Penélopes fanse co Maratón Solidario 3×3 da Cherinkas.
- E Murphi segue xogando contra o Fisober.
- O filial do Fisober esperta e vence na ponte.
- O Villa de Cee FSF acostúmase a gañar.
- O Villa de Cee xa sabe o que e gañar.
- O Ponteceso FSF leva o derbi por goleada.
- O Fisober estreou o Pavillón de Dumbría con vitoria.
- O Concello de Ponteceso FSF quedou cun sabor agridoce.
- Semana feliz para a familia Fisober.
- O primeiro derbi oficial entre Fisober B e Vila de Cee queda en Vimianzo.
- Dúas derrotas e unha vitoria foi o balance da xornada no fútbol sala feminino.
- O Ponteceso FSF arrinca a campaña líder.
- O Fisober arrinca solventando a súa conta pendente: gañar na casa.
- O Ponteceso FSF arrinca un novo curso tras unha durísima pretemporada.
- O Fisober xa quece motores ca Copa Xunta e os amigables do filial.
- O Villa de Cee Novo equipo de futbol sala Feminino.
- As infantís do Ponteceso FSF pechan un ano completo.
- O Ponteceso FSF pecha un ano moi Íntegro.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Notas de prensa do Fisober e do Ponteceso FSF.