mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Volei Dumbría dá o salto ao Volei Praia

O Volei Dumbría dá o salto ao Volei Praia
O Volei Dumbría dá o salto á praia

O equipo cadete do Voleibol Dumbría participará no Campionato de España de Volei Praia masculino que se disputará na praia de Barraña durante os días do 9 ao 11 deste mes.

O equipo dumbriés dirixido por Luís Alberto Fernández está formado por Javier Domínguez, Manuel Marcote e David Redonda. Atópase encadrado no grupo C do campionato xunto cos andaluces do Voleibol Sampedro, os asturianos do CV Oviedo e os valencianos de Costa Azahar. Os 3 primeiros de cada grupo pasarán ao cadro final que pelexarán polos primeiros postos do torneo e o último pasará ao cadro de consolación.

Esta será a primeira participación nun Campionato Nacional de Volei Praia do Voleibol Dumbría. Ata a data só o fixeron en Campionatos Nacionais de pista e acoden á cita co obxectivo de coller experiencia nesta disciplina, xa que dúas dos compoñentes do equipo aínda son de primeiro ano.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurutz Larrañaga.

Comentarios