O Volei Dumbría proclámase Campión Galego e vai polo Campionato de España
Segue o Volei Dumbría colleitando éxitos. Despois dos dous títulos e un subcampionato colleitados polo Manuela Rial nos Comarcais de Volei, tocoulle ao cadro cadete da familia dumbriesa acodir ao Campionato Galego, celebrado en Lugo. E aí o Dumbría quedou vencedor dun torneo moi axustado, no que a igualdade entre os seus participantes foi tal, que houbo que facer contas para determinar o gañador.
Así, o Voleibol Dumbría, equipo composto por Unai Larrañaga, Marco Lado (precisamente a el lle dedicaron o título os seus compañeiros pois estivo convaleciente no Hospital), Alberto Sampedro, Samuel Sambade, Pedro Hermida, Juan Bautista Marcote, Adrián Garea, Manuel Costa e Xabier Larrañaga, proclamábase campión galego da categoría, seguido de As Mariñas Oleiros, Boiro Voleibol en terceiro lugar, e Emevé, por último, na cuarta praza.
Un titulo que lle dá dereito a participar o vindeiro mes no Campionato de España, que terá lugar en Cuenca do 17 ao 21 de xuño.
Un duro campionato
O Voleibol Dumbría comezou con bo pé o campionato, gañando en tres parciais ao Emevé de Lugo (21-25 / 19-25/ 20-25), pero tropezaba esa mesma tarde ante o Jealsa Boiro Voleibol, campión da liga regular, por 3 sets a 1 (20-25 / 25-19 / 19-25 / 21-25) e ademais sufria a baixa dun xogador punteiro coma Marco Lado para afrontar o encontro decisivo.
Os boirenses, que pola mañá caeran por 3 a 0 (23-25 / 22-25 / 20-25) ante As Mariñas de Oleiros, chegaban á derradeira xornada, igual que os da Costa da Morte, cunha vitoria e unha derrota.
Mellores números tiña o equipo de Oleiros, que contaba con dúas vitorias, ante Boiro e ante Emevé (3-1: 25-15 / 23-25 / 21-25 / 24-26).
Crónicas da temporada
- Dous títulos e un subcampionato para o Manuela Rial nos Comarcais de Volei.
- O Manuela Rial colleu experiencia no Campionato Galego para afrontar o asalto o ano que vén.
- 3 costeiros fixeron historia ca Selección Galega no Campionato de España de Volei.
- Tres xogadores do Volei Dumbría, ca Selección Galega no Campionato de España.
- Rematan as Ligas regulares do Volei Dumbría con dous clasificados para as Fases Finais.
- Dúas vitorias dos seniors nunha xornada repleta colocan ao Volei Dumbría na 3ª praza.
- Os Xuvenís do Volei Dumbría alónxanse do Campionato Galego.
- Os cadetes do Voleibol Dumbría aseguran a fase final do galego.
- Os Cadetes do Volei Dumbría case aseguran unha praza no Campionato Galego.
- As cadetes manteñen o tipo do Volei Dumbría.
- A Selección Galega de Volei, no Conco e con acento costeiro.
- Os Sénior do Volei Dumbría volveron de Lugo cunha vitoria ante un histórico.
- A gripe pode cos cadetes do Volei Dumbría.
- Os Sénior e os Cadetes manteñen o ritmo do Volei Dumbría.
- Os cadetes do Volei Dumbría seguen na loita.
- Os cadetes do Volei Dumbría seguen competindo cos mellores da Liga Galega.
- Mala xornada para os equipos femeninos do Volei Dumbría.
- A baixa de Manuel Marcote mingua o poderío do Volei Dumbría.
- Xornada curta e mala para o Volei Dumbría.
- Os Sénior do Volei Dumbría tamén saben perder.
- 4 vitorias claras e unha derrota disputada para a familia do Volei Dumbría.
- Os Sénior do Volei Dumbría estréanse en casa con vitoria.
- O Volei Dumbría segue sumando vitorias.
- Histórico debut, con vitoria, dos Sénior do do Voleibol Dumbría.
- Os equipos de base preparan o camiño para o histórico debut dos Sénior do Volei Dumbría.
- O Volei Dumbría estrea equipo Sénior.
- Un internacional e un título autonómico para a familia do Volei Dumbría.
- A praia do Ézaro servíu de colofón para os campións galegos de Volei Praia.
- O Ézaro foi o centro do Volei Praia de toda España.
- O equipo sub-17 do Volei Dumbría vence a 2ª proba do Campionato Galego.
- O Volei Dumbría quedou aos pés das Semis do Campionato de España.
- Un bronce con acento costeiro no Campionato de España de Seleccións de Voleibol.
- Un Campionato de España moi real para os 5 xogadores do Volei Dumbría.
Fonte
- Volei Dumbría.