Venres. 01.03.2024
El tiempo

O Volei Dumbría remata a Liga Galega cun pleno de vitorias

O Volei Dumbría remata a Liga Galega cun pleno de vitorias

Disputábase en Dumbría este sábado a derradeira xornada da liga regular e non puido facelo de mellor xeito. Xa que os dumbrieses pecharon a liga cun pleno de vitorias ante o Calasancias coruñés, completando ademais con éxito todos os obxetivos da tempada. 3 dos 4 equipos estarán na seguinte fase, o Campionato Galego

Cadete masculino: Campións da fase regular

Cadetes do Volei Dumbria
  • Resultado: Voleibol Dumbría - Calasancias 3-0 (25-14, 25-11, 26-24)

Vitoria dos cadetes, líderes da categoría, con bo xogo, cun forte ataque e moita superioridade na rede no bloqueo e no remate. Só no 3º set coa entrada dos menos habituais hubo certa emoción no marcador.

Infantil femenino: 6º na Liga Galega

  • Resultado: Manuela Rial - Calasancias 3-1 (11-25, 25-17, 25-21, 25-22)

Disputaban as infantís do Manuela Rial o 6º posto coas coruñesas coas que estaban empatadas e o partido dilucidaría esta posición definitivamente para as costeiras. O partido comezou con vantaxe visitante, pero a partir do segundo set fíxose manifesta a mellor recepción das locais e a superioridade na rede gañando o partido con certa facilidade. A 6ª posición é a mellor clasificación das rapazas nesta categoría.

Infantil masculino: 2º clasificado na Liga Galega

  • Resultado: Manuela Rial - Calasancias 3-0 (25-14,25-19, 25-17)

Vitoria fácil do equipo infantil do Manuela Rial, moi superior ante un equipo pouco experto. Con esta vitoria confirman a segunda posición e o pase o Campionato Galego.

Xuvenil masculino: 4º e clasificados para o Campeonato Galego

Xuvenis do Volei Dumbria ao Campionato Galego-Foto-Jorge Parri
  • Resultado: Voleibol Dumbría - Calasancias 3-0 (25-18, 25-19, 25-16)

O equipo adestrado por Luis Alberto precisaba dun set para meterse na fase final que disputan os 4 primeiros clasificados. En todo momento o cadro dumbriés foi moi superior e non só gañou o set que precisaba, senón o partido pese a ausencia por lesión de David Redonda.

Desta forma acaba a liga en 4º posición e disputará este sabado en Lugo a semifinal do campionato galego contra o CV Vigo as 11:00 h e pola tarde os vencedores xogarán a final e os perdedores o 3º-4º posto.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios