Luns. 04.11.2024
El tiempo

Os equipos da Costa pechan a Liga Provincial con bo sabor de boca

Os equipos da Costa pechan a Liga Provincial con bo sabor de boca

Na Liga Autonómica, o Fisober, malia non facer o mellor partido en Muxía nunha tarde chea de imprecisións, continúa mellorando os seus números nesta segunda volta e xa está na 9ª praza, cando faltan dúas xornadas.

A que xa rematou é a Liga Provincial, e o fixo con doble sesión para o Fisober Concello de Vimianzo, que recibía nun derbi á Salina Xuventude de Esteiro e ao Mos. As vimiancesas pecharon o ano con doble vitoria e quedan 7ª na táboa. Por diante, na 2ª praza, quedan as coruñesas do Viaxes Amarelle B; mentres que A Salina de Esteiro finalizan a campaña na 10ª posición.
Pola súa banda o Concello de Ponteceso FSF remata a súa primeira temporada con vitoria por 2-1 ante o pechacancelas, e finaliza na penúltima posición. E o fixo cunha boa festa con 120 espectadores que animaron ás locais con bombos, confetis e uns 30 espectadores lucían camisetas fucsias en apoio ó equipo pontecesán.

Liga Autonómica

  • Resultado: FISOBER CONCELLO DE VIMIANZO – CONCELLO DE MOS, 3.
  • Fisober C. Vimianzo: Paula, Patri, Elsa, Ana e Olalla, tamén xogaron: Eva e Barca.
  • Goles: 1-0: Olalla, 1-1: Catarina, 2-1: Eva, 2-2 Damaris, 2-3: Damaris, 3-3: Ana, 4-3: Patri, 5-3: Patri.

Comenzou lanzado o Fisober que xa no primeiro minuto vía como Patri tiña unha ocasión. E no segundo minuto a mesma Patri era derribada na área co conseguinte penalti. Unha pena máxima que se encargou de anotar Olaya para adiantar as súas.
Pero pouco durou a ledicia xa que un minuto despois era Catarina quen de cabeza despois dun saque de esquina a que devolvía as táboas o marcador. Un gol que tivo un efecto adormecedor nas locias que perderon toda a súa forza inicial e entrou no ritmo que marcaban as visitantes. Pero mediada esta primeira metade a local Eva voltaba a poñer en vantaxe as súas cun disparo cruzado.

E ao igual que antes a ledicia pouco durou xa que Damaris enviaba o balón o longueiro case deseguido. E en dous minutos a mesma Damaris no 12 e no 14 poñía con dous goles en vantaxe as visitantes nun abrir e pechar de ollos. Desta vez foi Patri quen respondeu cun tiro o pau, pero o balón non entrou e o descanso chegouse con vantaxe visitante.

A segunda metade principiou igual, as visitantes tentando mandar balóns a Catarina na posición de pivote e crear perigo dende ahí e as locais na busca da remontada. Foi a muxiana Patri quen tomou o mando das de Fisober e gozou das mellores ocasións das locais. Pero ata en 3 ocasións se topou ca porteira do equipo de Mos a capitana Asun. As visitantes esperaban a súa para ampliar vantaxe e Adriana a piques estivo de logralo.
Pero de forma inversa a primeira metade desta vez foi Fisober quen remontou o partido en dous minutos con 3 goles. Primeiro Ana lograba o 3-3 no minuto 12, case acto seguido Patri poñía en vantaxe as locais facendo o 4-3. E solo dous minutos despois a mesma Patri conseguía o 5-3 definitivo.

Liga Provincial

  • Resultado: FISOBER “B” CONCELLO DE VIMIANZO, 2 – A SALINA, 0.
  • FISOBER “B” C. VIMIANZO: Eva, Ylenia, Lara, María e Myrella; tamén xogaron: Andrea e Noe.
  • A SALINA: Maruxa, Inés, Uxía, Carmen e Alicia; tamén xogaron : Leticia, Sandra e María.
  • Goles: 1-0: Andrea, 2-0: María.

Partido perigoso ante un equipo visitante que lle gañara con solvencia na primeira volta as do filial do Fisober. Por eso saíron sin confianzas e buscando esa última victoria da tempada. Pero quen tentou asustar primeiro foi o equipo de Esteiro quen cun tiro lonxano enviaba o balón o longueiro.

As locais tentaron responder ese primeiro aviso e decididas a levar o peso do partido. Pero non conseguiron abrir o marcador ata que no minuto 14 Andrea de xogada personal poñía en vantaxe as do filial do Fisober. As visitantes tentaban saír a contra e vaia se o fixeron nun par de ocasións con moito perigo nesta primeira metade pero foron paradas pola porteira local Eva.

As do filial de Fisober tentaban aumentar vantaxe e asegurar o resultado pero non conseguían ese tranquilizador segundo gol. A opción máis clara para poñer ese segundo gol foi un remate co calcaño de Lara que in extremis  a punteira da porteira visitante Maruxa fixo que non entrase. Así chegabamos o fin desta primeira metade.

Na segunda o guión foi o mesmo as locais a tentar  aumentar o marcador e as visitantes na busca do empate o que fixo máis interesantes estes últimos 25 minutos da tempada. Eva continuou  a ser infranqueable para as de Esteiro moi segura durante toda a maña a pesares de un par de moi boas ocasións visitantes. Pero Fisober non era quen de aumentar vantaxe. Nin María que parecía pelexada co gol xa que lanzou un balón o longueiro e o posterior rexeite tampouco lle quería entrar, nin  as súas compañeiras tampouco lograban o segundo gol.

Os últimos 15 minutos foron máis intensos si cabe e con A Salina na busca do empate deixaba máis espazos para a contra das de Fisober e unha serie de xogadas entre Myrella e Noe , finalizadas indiferentemente por unha ou outra non acadaban o tan desexado  segundo gol, ou porque se ían fora por pouco ou polas intervencións de Maruxa. Pero nos últimos minutos cando parecía que a emoción seguiría ata o último segundo, desta vez si María lograba o definitivo 2-0 e deixaba os 3 puntos e a victoria na casa e conseguían rematar séptimas no seu debut en Liga Provincial.

Liga Provincial

  • Resultado: FISOBER “B” CONCELLO DE VIMIANZO, 1 – FEMIORDES, 1
  • FISOBER “B” C. VIMIANZO: Eva, Ylenia, María, Andrea e Myrella, tamén xogaron Noelia e Noe.
  • Goles: 1-0 Noelia; 1-1 Alicia.

Partido aprazado na anterior xornada disputado en Vimianzo na atípica hora do venres noite a petición do equipo visitante e desta vez non foi como na anterior contra o Sobrado e as locais do filial do Fisober non foron quen de gañar. Parecía que todo empezaba ben cando no primeiro minuto a piques estaba de marcar a local Andrea. Pero foi un espellismo xa que o equipo local aínda que acumulou ocasións foron máis a causa de individualidades que do bo xogo. Eso si as visitantes non puxeron en apenas apuros a porteira local Eva.
Así aos cinco minutos un tiro de Ylenia acababa no pau e no posterior rexeite María non conseguía inagurar o marcador. Transcurrían os minutos e a igualada non se desfacía.

As visitantes pechadas atrás e tentando algunha saída por parte de Lorena non inquedaban pero as locais tampouco eran capaces de incarlle o dente as de Ordes. Mediada a primeira metade Noelia tentaba poñer as de Fisober por diante pero tampouco era capaz de batir a Milagros. Tivo que ser no minuto 16 cando desta vez si Noelia marcara e puxera o 1-0 e as xogadoras locais en vantaxe. Esto debía tranquilizar o xogo pero non ocorreu así, e aínda que Fisober domiñaba non creaba a piques perigo.
E todo empeorou cando a 3 minutos para finalizar a primeira metade na única ocasión de perigo visitante Alicia despois de levarse un rexeite poñía o que a postre foi o definitivo 1 a 1. Chegabase así o tempo de lecer.

Ó comenzo da segunda metade as locais propuxeronse lograr a victoria. Pero foi con máis corazón que cabeza. Segueron a dominar nesta segunda metade ante un equipo visitante que se atopaba cómodo defendendo dende o seu campo e tentando algún contrataque.
E nada cambiou xa que co paso dos minutos as locais non vían ca maneira de desfacer a igualada e os folgos ían a menos. Ocasións para Ylenia e Andrea pero non o lograban o gol que podería dar a victoria. Así ata o final que se chegou con 1 a 1 no electrónico.

Liga Pronvincial

  • Resultado: Concello de Ponteceso FSF, 2 - Espartanas, 1
  • CONCELLO DE PONTECESO F.S.F.- Salomé, Silvia, Sonia, Chis e Carmen (cinco inicial). Tamén xogaron, Cris Santos, Mónica, Martina, Marta e Iria.
  • Goles: 0-1 (min.3) Adriana. 1-1 (min.14) Carmen. 2-1 (min.46) Carmen.

Partido moi entretenido o visto no municipal de Ponteceso, tanto pola incertidume do resultado ata o final, como pola gran afección local que vestíu a grada da cor fucsia do equipo pontecesán e non se cansou de animar durante todo o partido.
Comenzou o equipo local cunha forte presión a todo o campo coa intención de roubar balóns en campo contrario e contragolpear con mayoría numérica. Pero os 3 minutos do comenzo, as visitantes pegaban un balonazo ás espaldas da defensa local e Adriana, a máis activa das coruñesas, aproveitou para adiantarse a porteira local e adiantar ás visitantes no marcador.

Non se viñeron abaixo ás pontecesáns e seguiron coa forte presión coa intención de agradar e brindarlle unha última vitoria a súa afección, incluso ás locais errarían unha pena máxima no minuto 9. Pero esa presión daría os seus froitos alá polo minuto 14 cando, despois dun roubo de Carmen, ela misma encararía a defensa visitante e despois de zafarse da súa defensora, poñería as tablas no marcador e levando a ledicia á numerosa e ruidosa afección local.
O resto da primeira metade foi un quero e non podo das xogadoras locais, que dispuxeron de varias ocasións por medio de Martina, Chris, Mónica e Carmen que non souberon materializar.

Comenzou a segunda parte parecendo un calco á primeira, o Ponteceso facendo unha forte presión e as Coruñesas enviando balóns largos dende toda a pista para que as pelexara a súa pivote Adriana.
Seguíu tendo moitísimas ocasións o Concello de Ponteceso nesta parte mediante Sonia, Silvia, Mónica, Martina, Chris, Carmen e Cris Santos pero parecía que a sorte non estaba do seu lado e que o empate non se movería do marcador. Pero a 4 minutos do final. Aparecíu Carmen, a máxima goleadora do equipo esta tempada, levando o xúbilo a bancada local marcando o segundo gol do Ponteceso nun rechace dentro da área. Os últimos minutos incluso puideron as locais aumentar a diferencia pero o marcador non se movería.

Gran despedida da tempada das locais ante ó seu público, brindándolle unha nova vitoria. Boa tempada das xogadoras de Curro e Barca que ramatan a súa primeira experiencia na competición, cun vagaxe de 16 puntos (5 vitorias e 1 empate) que mellora tódalas espectativas creadas para este primeiro ano de competición. Esperemos que este resultado sirva para afianzar un proxecto a largo plazo e que nun futuro este equipo recién creado vaia crecendo e creando a unha gran cantidade de xogadoras na zona. O vindeiro ano, incluso se estudia a creación dun equipo de categorías inferiores para darlle saída a un gran grupo de xogadoras novas da zona que xa levan varios meses adestrando co primeiro equipo.

O adestrador Barca quere agradecer o gran traballo realizado polo presidente, “Porteiro” sin o cal non sería posible a existencia do equipo neste concello, e tamén agradecer a Curro todo o seu traballo realizado durante toda a tempada, e a tódalas xogadoras que puxeron o seu grano de area para que este proxecto vaia para adiante con éxito.

Liga Provincial

  • Resultado: Viaxes Amarelle "B" FSF, 4 - Sobrado Xuventude Panadería Vázquez, 3
  • Viaxes Amarelle "B" FSF: Cris, Uxía, Laura Paz, Cruz, María (cinco inicial), Alba, Laura, Regi, Leti, Yeye.
  • Goles: 1-0 Cruz (min. 10); 2-0 Cruz (min. 13); 2-1 Rosalía (min. 23); 3-1 Regi (min. 24); 3-2 Amalia (min. 28); 3-3 Sara (min. 39); 4-3 Laura Paz (min. 47).

Logo de 25 partidos disputados, as xogadoras de Suso Yanes afrontaban o último da tempada regular, defendendo o subcampeonato de liga alcanzado no último tramo de competición. A pesar da pésima actuación arbitral cando o resultado estaba máis igualado, o conxunto xalleiro soubo sobreporse e conseguiu unha valiosa vitoria que dá tres puntos e dá o subcampeonato de liga ao Viaxes Amarelle B tras sumar 20 vitorias e 2 empates nos 26 partidos disputados, realizando unha gran campaña.

Máis información

Novas relacionadas

Xornadas anteriores

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios