Nova fin de semana soleada, finalizando outubro, no Fútbol costeiro, cunha marea de partidos.
Comezamos o repaso desta xornada con malas novas na Preferente - Senra Sport. O XSC deixaba escapar os puntos de Fontenla ante o Sada, mentres o Dumbría caía goleado ante o Estudiantil e deixa escapar o grupo de arriba.
O partidazo da xornada xogábase en Baio, onde o cadro de Félix recibía a todo un Corme nun novo derbi costeiro da 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. O flamante líder non perdoou e sumou 3 goles e 3 puntos para manter a privixielada posición. E non é outro que o Sofán, que a semana pasada freaba no Carral aos baieses, o equipo que persegue ao líder. A 2 se sitúa o equipo de Josito despois de sumar a primeira vitoria fóra de casa. Tamén o Malpica sumaba a súa primeira fóra de casa dándose un respiro. Os de Baña suman 6 puntos, 4 máis que unha Esteirana que non acaba de ver a luz. Tampouco trouxo o Soneira nada positivo de Piloño, tras un partido regular, que puido enderezar na primeira metade.
Xa na 2ª Autonómica - ES Bazarra, o partidazo da xornada xogábase en Verdillo. Un choque de poder a poder entre o que era 2ª clasificado e o líder, o Castriz, que acabou cun intercambio de posicións trala apurada vitoria local deixando ao San Lorenzo de líder. O Zas achégase a 2 do liderato vencendo ao Seaia en Pedra Queimada despois do tropezo da semana pasada, mentres o Outes non pasaba do empate ante o Mazaricos. Volantes, que venceu con claridade ao Camariñas, Buño, que goleou nas Redondas, e Cee, que caía na Ponte, completan o grupo de arriba.
Pero non hai moita diferencia co resto. O Fisterra consegue escapar lixeiramente de abaixo tras vencer ao Carnota nun duela da zona baixa, tan fraticida como o Camelle-Montelouro, que serviu para que os camelláns estreasen o taboleiro de puntos, deixándolle ademais aos loureáns a dubidosa honra do posto de pechacancelas.
O Ameixenda mantense moi forte na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira. Os de Manolín sumaron unha nova vitoria, e sacan xa 6 puntos aos perseguidores, o Nantón, que descansaba, e o Corcubión, que vencía en Laxe. O Cerqueda protagonizaba a vitoria da xornada ante o Lira, colocándose todos moi apretados na táboa. Ademais, no último partido da xornada, Castrelo e Muxía empataban a 1.
Comezaba o venres a Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte, co choque entre Outes e Muxía aprazado na segunda xornada pola Barca. Os da Serra vencían ao cadro muxián, pero seguen con poucas opcións de meterse arriba. Precisamente no máis alto colócase o Dumbría, tras vencer ao Outes o sábado, e aproveitar a derrota do XSC ante un gran Fisterra, que loitará por esa terceira praza. Loita na que tamén están os equipos muradáns. Os Miúdos vencían en Castriz e a Esteirana en Corcubión e seguen aí.
Polo Norte, o Cabana manda, con Camariñas e agora Corme, que vencía ao Coristanco superándoo na táboa e colocándose no ansiado podio. Así e todo, o cadro coristanqués e mais o Porteño, que goleaba dolorasamente ao Malpica en Pedra Queimada, están a 1 só punto dos cormeláns, co Zas algo máis lonxe despois de perder ante un Ponteceso que parece que se quere meter na loita.
Parece que enderezan, defintivamente o rumbo, os equipos costeiros nas Ligas Autonómicas. O Dumbría da División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría. O cadro costeiro vencúa ao Santiago de Compostela e xa está 8º con 10 puntos na máxima liga da categoría. Unha alegría extensible ao XSC da Liga Galega Cadete, que sumaba a súa segunda vitoria consecutiva e sae do pozo, con 7 puntos. Completaba a faena o Dumbría da Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría cun 2-1 ante o Boiro, achegándoo á metade alta da clasificación.
Nas Ligas locais, Corme e As Baleas superan a un Cabana que non pasou do empate ante Os Miúdos na 1ª Cadete. Pero era na 1ª Infantil onde se xogaba un partidazo. O XSC chegaba líder invito a Ara Solis, e aló, o cadro fisterrán conseguía superalo e recuperar terreo, quedando a 1 só punto, empatado cos Miúdos na segunda praza.
Xornada importante nos Veteranos. Caía o líder da 1ª División, o Hosgran, e o facía na casa, por goleada, ante o segundo clasificado, o Dumbría, que se coloca a 2 puntos. O actual campión, o Coristanco, vai recurtando puntos, así como o Zas e o Soneira, que non perdoaban.
Tampouco sumaba os 3 puntos o líder da 2ª División. O novo San Isidro-Razo non pasaba do empate ante o Leiloio, permitidno que o Agualada, os dous invitos, o alcance con 16 puntos, e Porteño e Erbecedo se coloquen a só 1.
Xallas StComba | 0-1 | Sada |
Estudiantil | 4-0 | Dumbría |
Unión | 0-1 | Sofán |
Piloño | 2-0 | Soneira |
Villestro | 2-1 | Esteirana |
Flavia | 1-2 | Malpica |
Baio | 3-0 | Corme |
Cabana | 0-4 | Buño |
Seaia | 0-2 | Zas |
Porteño | 3-1 | Cee |
Camelle | 2-0 | Montelouro |
San Lorenzo | 2-1 | Castriz |
Fisterra | 4-2 | Carnota |
Volantes | 4-1 | Camariñas |
Outes | 2-2 | Mazaricos |
Baíñas | 3-2 | Ponteceso |
Cerqueda | 2-1 | Lira |
Ameixenda | 3-1 | Coristanco |
Castrelo | 1-1 | Muxía |
Laxe | 2-3 | Corcubión |
Outes | 5-2 (x.2) | Muxía |
Dumbría | 8-0 | Outes |
Corcubión | 0-4 | Esteirana |
Castriz | 0-3 | Os Miudos |
Muxía | 0-0 | Cee |
Fisterra | 3-1 | Xallas StComba |
Corme | 4-1 | Coristanco |
Cabana | 5-2 | Laxe |
Baio | 3-6 | Camariñas |
Ponteceso | 3-0 | Zas |
Malpica | 1-7 | Porteño |
Dumbría | 2-1 | S.de Compostela |
Xallas StComba | 3-1 | Villalbés |
Os Miudos | 2-2 | Cabana |
Sofán | 1-12 | Corme |
As Baleas | 3-0 | Muxía |
Coristanco | 1-6 | Cee |
Ponteceso | 2-0 | Esteirana |
Outes | 8-4 | Baio |
Coristanco | 3-4 | Zas |
Ponteceso | 0-5 | Os Miudos |
Fisterra | 4-2 | Xallas StComba |
Corme | 4-5 | Vimianzo |
Esteirana | 3-3 | Sofán |
Outes | 1-1 | Cee |
Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 7
Hosgran | 1-5 | Dumbría |
Cabana | 3-4 | Laxe |
Baio | 4-2 | At. Milagrosa |
Bértoa | 0-5 | Soneira |
Castriz | 0-3 | San Lorenzo |
Coristanco | 3-1 | Ponteceso |
Zas | 3-0 | Xv. Bergantiños |
Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 7
Sofán | 0-6 | Cerqueda |
Camariñas S.D.V | 2-3 | Poniente |
Corcoesto | 2-4 | Malpica |
Dep. Carballo | 2-0 | Nantón |
San Isidro-Razo | 4-4 | Leiloio |
Buño | 0-4 | Porteño |
Vimianzo | 1-4 | Agualada |
Máis información
Crónicas da semana
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).