Venres. 03.05.2024
El tiempo

Xuvenís: O Sur busca o 3º e abordo e o Norte o trío de cabeza

Xuvenís: O Sur busca o 3º e abordo e o Norte o trío de cabeza
Zas vs Baio- Fran autor do gol-Foto-Santi Diaz

Dúas loitas que parecen distintas na Liga Norte e na Liga Sur. Por abaixo, a loita será pola 3ª praza, con dous equipos, XSC e Dumbría, que parece que van ao seu.

Polo Norte, a cousa, sen embargo está igualadísima, con 6 equipos en 3 puntos. Esta xornada habia enfrontamentos directos, nos que o Cabana parou os pés a un gran Camariñas cun resultado enganoso tras un partido moi disputado. O líder, o Coristanco, non pasou do empate en Laxe, mentres o Corme vencía ao Malpica tamén nos últimos instantes, e o Zas sumou unha vitoria, xusta pero sufrida, ante o Baio no derbi. Completa o sexteto de cabeza o Porteño, que tivo mal de alturas, puido terse colocado de líder, pero caeu ante o Ponteceso.

banner-tenda-maisdeporte-cee

Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte, xornada 7

Esteirana - Outes (2-0)

  • ESTEIRANA: MJ, Sergio, Tobío, Brais (Edu, min.65), Borja, Tiko, Damián (Antonio, min.76), Fabio, Adrián e Áxel (Pablo, min.55).
  • OUTES: Cutu, Joel (Sergio Nieto), César (Fran), Brión, Simón, Adri, Álvaro (Sergio), Veleiro, Xurxo (Saúl), Borja (Fabio) e Santi.
  • Goles: 1-0, min.30: Brais de penalti; 0-2, min.92 Juan de tiro cruzado.

Partido moi igualado que puido caer de calquera lado, no que os da Serra fallaron boas ocasións para poñerse por diante, e a Esteirana, que fixo un moi bo partido, sobre todo no primeiro tempo, acabou machacando. Combinou ben no primeiro tempo o cadro local, con habilidade a pelota ante un Outes moi correoso e que dispoñía das ocasión máís claras do encontro, sobre todo nos minutos finais, onde a actuación de MJ foi clave para que os de Esteiro conseguisen a vitoria.


Os Miúdos - Corcubión (4-1)

  • OS MIUDOS: Ángel, Anxo, Eloy, Airán, Yeray, Juanche, Jorge, Tajes, Hugo, Licerino e Samuel. Tamén xogaron: Saúl, Martínez, Miguel, Anxo e Xabier.
  • CORCUBIÓN: Chava, Juanjo, Oca, Miguel, Marcos, Germán, Mario, Óscar, Pepo, Tito e Steven. Tamén xogaron: Guille, Goche, Lolo e Isma.
  • Goles: 1-0, min.12: Licerino; 1-1, min.34: Steven; 2-1, min.60: Samuel; 3-1, min.75: Juanche de penalti; 4-1, min.86: Xabier.

Partido fácil para o cadro muradán ante o noviño Corcubión que aguantou os primeiros 45 minutos cun empate. Pero na segunda, o equipo de Mané Senandem, que deu tempo aos menos habituaus, subíu unha marcha, imposible de alcanzar para os visitantes, e cos goles de Samuel, Juanche dende os 11 metros, e Xabier, sentenciou o partido quedando na 3ª praza con 13 puntos, e deixando ao cadro de Senra aínda sen puntuar.


Xallas StComba - Muxía (6-2)

  • XSC: Álvaro, Cristian, Xoel (Fabián, min.66), Rubén (Pérez, min.73), Carlos, Adrián, Sergio, Pablo (Pablo, min.76), Isma (Tefi, min.64), Torres e Dani (Chiqui, min.58).
  • MUXÍA: Hugo, Iván (Álex, min.78), Andrés, Esteban (Mario, min.65>), Rubén (Jorge, min.40), Diego (Xan, min.78), Ander, Toja, Paulo, Tomás e Ancho (Castreje, min.85).
  • Goles: 1-0, min.8: Dani; 2-0, min.22: Sergio; 3-0, min.44: Isma; 3-1, min.47: Paulo; 4-1, min.58: Isma; 4-2, min.60: Castreje; 5-1, min.76: Tefi; 6-1, min.82: Adrián.

Partido xogado na tarde do sábado en Fontenla e no que os locais, formando un bloque moi sólido, foi superior na primeira metade ante un Muxía cheo de baixas e cadetes. Así, pechou o partido cun contundente 3-0 foronse ao descanso logo de 45' de bo fútbol combinativo entrando por ambas bandas e mesmo o terceiro gol cunha bonita triangulación ao primeiro toque entre Pablo e Isma que finaliza este último.

Tralo descanso os visitantes sorprenderon cun tempraneiro gol que trouxo dúbidas e imprecisións aos xalleiros que apunto estiveron de encaixar algún gol mais. Pero de novo apareceu Isma no 58' para facelo cuarto e aportar tranquilidade. A partir de aquí ambos equipos soltáronse máis en ataque e se viron tres fermosos goles, sobre todo o de Adrián pola escuadra desde 30 metros.


Dumbría - Fisterra (2-0)

Dumbria-Fisterra-Foto-Jorge Parri
  • DUMBRÍA: Bruno, Roberto, Maikel, Cabana, Jano, Yeray, Edu, Lucas, Pablo, Juan e Marcote. Tamén xogaron: Mauro, Isma, Luís, Paulo e Abuelo.
  • FISTERRA: Xosé, Ángel, Juanfran, Andrés, Iago, Asier, Breixo, Dani, Gabi, David e Gabi 3. Tamén xogaron: David, Iván, Sergio.
  • Goles: 1-0, min.30: Pablo Pardiñas; 2-0, min.65: Juan de Dora.
  • Lesión: o fisterrán Aarón durante o quecemento.
Dumbria-Fisterra-Foto-Jorge Parri

Prantou cara o Fisterra de Falito a este Dumbría da “doble L” (Lobelos e Leis), que segue firme. O cadro dumbriés tivo o dominio do balón pero sen ritmo, firmando un partido moi aburrido. O Fisterra buscando as contras dende atrás, pero a seguridade defensiva dos locais non permitiu fisuras. Unha chegada en cada período serviu para rubricar os 3 puntos.

. Dumbria-Fisterra-Foto-Jorge Parri

Cee - Castriz (4-0)

Cee-Castriz-Foto-Jorge Parri
  • CEE: Maikel, Hugo, Borja, Brais, Rubén, Xabier, Chema, Yago, Xoán, Álex e Isma. Tamen xogaron: Pablo, Nanón, Samuel, Castillo e Alexis.
  • CASTRIZ: Víctor, Cambón, Luís, Roi, Álex, Adán, Redondo, Balsa, Joni, Miguel e Alvarito.
  • Goles: 1-0, min.5: Xabier tras unha xogada a balón parado; 2-0, min.50: Isma; 3-0, min.65: Samuel; 4-0, min.80: Yago dende fóra da área.
Cee-Castriz-Foto-Jorge Parri

Partido dominado polo cadro de Penedo e Angeliño ante un Castriz que ao que se lle puxo costa arriba pronto o choque. Tivo que ir a remolque despois do gol aos 5 minutos. A partir de aí o Castriz buscou a meta rival e tivo varias ocasións para empatar, sobre todo unha de Balsa ao fío do descanso nunha boa xogada de Miguel. Puido o Cee tamén ampliar a renda nun par de chegadas.

Na segunda parte, outro erro da defensa xalleira no nos primeiros minutos permitiu a Isma marcar o segundo tanto, que sentenciaba o partido. Nos útimos 20 minutos o Castriz intentou arriscar pero o Cee nunha contra o que facía o terceiro e o cuarto, cun golazo de Yago dende fóra da área.

Cee-Castriz-Foto-Jorge Parri 3

Liga Xuvenil Norte, G.3 - MáisDeporte, xornada 7


Camariñas - Cabana (1-4)

  • CAMARIÑAS: Jose Luís, Juan, Pose, Miguel, Sergi, Álvaro, David, Espi, Felipe, Chicote e Javi. Tamén xogaron: Facundo, Brais, Dani e Chuki.
  • CABANA: Vázquez, Varela, Grille, Aurelio, Mateo (Oliver, min.70), Álex (David Muíño, min.65), Reigía (Álex Fraga, min.65) Redondo, Kevin, Ferreiro e Pablo (Martín, min.75).
  • Goles: 1-0, min.22: Ferreiro cunha perfecta vaselina a pase de Reigía; 1-1, min.65: ; 1-2, min.81: Álex Fraga tras unha recuperación súa e perfecta finalización; 1-3, min.84: Martín remata unha gran internada de David Muíño; 1-4, min.90: Redondo aproveita cun gran tiro dende a frontal unha boa deixada de Martín.

Partidazo no Hermanas Patiño entre dous dos equipos da zona alta, que comezou cunha hora de retraso pola tardanza do colexiado. Un choque marcado pola igualdade durante 80 mintuos, con un par de ocasións para cada equipo pero sen dominador claro. Pero o partido rompeuse nos últimos 10 minutos, sendo clave a aportación dos xogadores do banco cabanés, que aproveitaron o cansanzo dos locals para acabar machacando e deixando un resultado que non é xusto tralo visto no terreo de xogo.


Laxe - Coristanco (2-2)

  • LAXE: Diego, Sergio, Galgo, Santi, Nico, Cristian, Djamel, Ferri (Uxío, min.46), Adri, Elías e Domínguez.
  • CORISTANCO: Brais, Javi López, Iván, Navarro, Varela, Fabio, Corral, Brandón, Joni, Bardanca e Gabriel. Tamén xogaron: Jorge, Javi Gómez, Chiqui, Sergio.
  • Goles: 1-0, min.16: Adrián de penalti, por unhas protestadas mans; 1-1, min.25: Corral aproveita un barullo na área; 1-2, min.30: Joni a pase de Bardanca; 2-2, min.40: Santi remata unha falta botada por Adrián.
  • Lesión: o visitante Jorge rompeu unha man.
  • Expulsión: o viistante Brandón.

Terceiro empate do Laxe ante o líder. Os de Toni se fixeron fortes no medio campo ante un Coristanco que nunca estivo cómodo e non tivo o seu partido. Foi un choque bronco, con moitas imprecisións, moito xogo no medio campo, e moita intensidade, sobre parte dos locais, e do vento.

Comezaba marcando o Laxe, pero pronto os de Lorenzo lle daban a volta ao marcador, con dous goles que os deixaban por diante ao descanso.

Pero non estaba fino o cadro visitante, e as imprecisións eran constantes. Non puido aproveitar o Laxe que o Coristanco quedou con 10, e mesmo con 9 pola lesiónd e Jorge, pero é que o derroche espectacular de enerxías, e o feito de só ter 12 xogadores, impediulle a vitoria. Unha vitoria que, en todo caso, poido caer dos dous lados.


Porteño - Ponteceso (1-2)

  • PORTEÑO: David, Dani, Gonzalo (Damián, min.75), Aarón, J. Manuel, Rodry, Xoel (Jordi, min.80), Oli, Robi (Matías, min.60), Mario (Carlos, min.75) e Borja (Maikel, min.60).
  • PONTECESO: Santos, Adrián (Marcos), Javier, Pablo (Eloi), Ismael, Sergio, Pedro, Ismail, Pablo, Esteban e Pérez.
  • Goles: 0-1, min.40: Pablo Pailos; 1-1, min.57: Xoel; 1-2, min.67: Pedro.
  • Expulsión: o local Maikel por unha dura entrada.

Partido moi intenso, moi igualado cun Ponteceso que controlaba algo máis o balón, pero un Porteño moi incissivo, tendo moitas e boas ocasións de gol. De feito, na primeira metade os de Ordóñez puideron meterse por diante, aproveitando algún erro na saída de balón dos de Carracedo, pero parece que lle puido a presión ao novo cadro da Ponte de meterse no grupo cabeceiro.
Por bando visitante, Adrián tivo a primeira ocasión clara dos pontecesáns e antes do descanso, Pablo puxo o primeiro no marcador.

Xa na segunda metade, o Porteño foi polo empate dende o principio cun par de boas chegadas. O Ponteceso dispuxo dunha pena máxima para poñer o segundo pero o lanzamento de Eloy parouno o porteiro David, logo desta acción o Porteño veuse arriba e puxo o empate por medio de Xoel. Os locais seguían apretando pero Santos respondiu ben a diversos disparos.
Chegou aquí a xogada clave, Pedro lanzaba un chutazo dende lonxe, o balón poetaba no traveseiro, botaba abaixo e o colexiado sinalaba o centro do campo ante as protestas dos locais.
A partir de aí, o Porteño intentouno pero non foi quen de superar a un Ponteceso moi ben plantado en todas as liñas.


Corme - Malpica (3-1)

Corme Xuvenil 14-15 -Foto-Luis Porto
  • CORME: Fran; Sergio, Aitor (Eloy Villar, min.46), Koeman, Cris, Ángel (Samuel, min.56), Eloy (Ián, min.94), Isma, Manu (Bruno, min.46), Quique e Isaac.
11 do Malpica Xuvenil ante o Corme-Foto-Luis Porto
  • MALPICA: Manuel; Arcay, Gende, Sebas, Steven (Brais Álvarez, min.92), Mouri (César, min.92), Cristian Villar, Yiño, Sergio, Xulián e Adrián.
  • Goles: 0-1, min.40: Adrián empalma un pase por riba da defensa de Sergio e bate pola escuadra a Fran; 1-1, min.50: Samuel aproveita un rexeite de Manuel a tiro de Quique; 2-1, min.91: Koeman remata de cabeza un córner botado por Isaac; 3-1, min.95: Eloy Villar coa axuda do meta malpicán.
Capis do Malpica e Corme-Foto-Luis POrto

Sufríu o Corme para sacar os 3 puntos ante un Malpica máis aguerrido e intenso que outros días. Os de Fernando Varela comezaron ben e Gende e Xulián avisaron pero Fran respondía na meta local. Pouco a pouco foi o Corme facéndose co control, pero foi o Malpica o que, ao fío do descanso, se metía por diante. Saíu con todo o Corme na segunda, e empatou pronto. Pesaron as gañas de gañar no bando visitante, que se precipitaron en ataque, pero mantiñan ben a liña defensiva, ata que nos minutos decisivos, un córner era rematado por Koeman para romper a igualada xa no tempo de desconto. Eloy Villar puxo a puntiña.


Zas - Baio (2-1)

Zas vs Baio- en San Andres-Foto-Santi Diaz
  • ZAS: Sergio, Ternande, Brais, Darío, Rubén, Manu, Juan, Adrián,Álvaro, Dani Mato e Andrés.
  • BAIO: Julián, Pablito, Miguel, Jose Antonio, Javier, Ayoub, Pablo Costa, Paco, Alfonso, Jose Manuel e Fariña.
  • Goles: 1-0, min.3: Andrés de tiro cruzado tras unha internada de Álvaro; 2-0, min.20: Álvaro de gran tiro dende fóra da área; 2-1, min.60: Paco.
Michi, capi do Baio, e Manu, do Zas, co colexiado Borja Sánchez García-Foto-Santi Díaz

Bo ambiente en San Andrés para o sempre intenso derbi, nun encontro que pronto se lle puxo de cara os locais ao acadar ventaxa de 2 goles nos primeiros vinte minutos, tras unha saída fulgurante, e combinando ben ante un Baio replegado. Destacable o segundo tanto de Álvaro dende moi lonxe, aplaudido polas dúas afeccións.

Quixo reacionar o CD Baio pero pouco pudo facer ante o vendaval de xogo dos rapaces locais que mediante un fútbol combinativo dominaron todo o partido malogrando, sobre todo no segundo tempo, multitude de oprtunidades... unhas veces polo bo facer da defensa baiesa e outras por simple mala sorte de cara o remate, porque ben puido ser unha goleada.

Acortou distancias o Baio a volta do descanso, e mira ti o que é o futbol, puido acadar o empate nunha xogada no minuto 90, xogada na que estivo atento o porteiro local o cubrila espalda da defensa nun balón longo ao que chegaba Fariña e que resolviu de maneira maxistral o cancerbeiro. De todas formas tería sido inxusto calquera resultado positivo a favor dos visitantes, os que eso si non se lle pode reprochar a entrega e amor propio do que fan exercicio xornada a xornada, a pesares do escaso número de elementos cos que contan e que non queren que lle sirva de excusa a hora de analizar os resultados acadados, se ben os obxectivos nestas categorías nunca pode ser resultadistas.

Pablo do Baio vs Adrian do Zas-Foto_Santi Diaz

Crónicas dos Xuvenís

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios