Venres. 13.09.2024
El tiempo

Un dumbriés no Campionato de España de Seleccións sub-17 de Volei Praia

Un dumbriés no Campionato de España de Seleccións sub-17 de Volei Praia
Marco Lado no campionato de Espana de Volei Praia Ruben Martinez e Dani Olveira e Marco Lado a Seleccion Galega sub17 de Volei Praia

Segue o Volei Dumbría dándonos alegrías. Desta volta, o xogador cadete Marco Lado foi convocado para participar coa Selección Galega de voley praia no Campionato de España de Seleccións Autonómicas sub-17, que se celebrou na localidade murciana de Aguias, entre os días 26 e 28 deste mes.

Os galegos remataron unha discreta 8ª posición, nun torneo no que os canarios revalidaron o título do ano pasado. Marco formou equipo con Rubén Martínez e Dani Olveira, 2 xogadores de VP Barraña e que tamén debutaron nun Campionato de España de Seleccións Autonómicas, aínda que todos eles xa participaron en anos anteriores en Campionatos de España de clubs.

A preparación foi moi divertida para o noso xogador. A Selección Galega sub 17, tanto masculina como feminina, estivo concentrada na praia dumbriesa de Ézaro desde o pasado día 24 baixo as ordes do seleccionador galego Eloy Mahía, preparando devandito campionato.

Estes foron os resultados ó longo do torneo. Debutaron con derrota ante Murcia con 0-2, e nos seguintes cruces gañarían por 2-0 ante Castilla la Mancha e Cataluña. No pase a cuartos perderían contra Cantabria por 0-2 o que os mandaba a pelexar pola séptima e oitava praza frente o Pais Vasco, onde perderían por 1-2 nun encontro moi disputado.

Vindeira cita, no Ézaro

A próxima gran cita nacional do volei praia sub17 será na praia dumbriesa do Ézaro co Campionato de España de clubes do 24 ó 26 de xullo.

Crónicas da temporada

Fonte

  • Volei Dumbría.

Comentarios