Un Piragüista dumbriés ao mellor centro de tecnificación de España
Por fin unha boa nova no medio do fume que afunde Dumbría e Mazaricos. A daba onte a familia do CDM Piragüismo Dumbría, que consegue meter un dos seus palistas no mellor centro de tecnificación de toda España. Así é, Iago Canosa, vén de ser chamado para concentrase no Centro Nacional de Tecnificación de La Seu d´Urgell. Pero ademais, esto implica, que a súa plaza no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra a ocupe a tamén palista do clube Kiara Martinez. Toda unha carambila xenial para seguir demostrando que en Dumbría e na Costa da Morte hai moita canteira.
Iago e Kiara reciben ademais unha beca que chega da man de Ferroatlántica, que asinou un convenio co CDM Piragüismo Dumbría para poder costear os gastos de aloxamento e manutención do deportista na localidade pirenaica.
Como chega Iago a Le Seu
Aínda antes de que finalizase o Campeonato de España de Slalom en Ponts, un técnico do equipo nacional se acercou a conversar co técnico do CDM Piragüismo Dumbría, e lle falou da posibilidade de que se conseguia un bo resultado, Iago Canosa se podería integrar no centro insignia do slalom de augas bravas a nivel estatal, o Parque Olímpico del Segre, onde o equipo nacional traballa en concentración permanete.
Quique Portela, o técnico preferiu non comentar nada co palista esperando un bó resultado nesta competición a nivel individual. O obxetivo foi alcanzado por Iago, logrando unha medalla de bronce no Campeonato de España.
Automáticamente o técnico dumbries se puxo en contacto coa dirección técnica da Federación Española e o Concello de Dumbría para poder garantir a presencia do palista no centro de concentración permanente do Equipo Olimpico Español. O problema principal unha vez que se confirmou que o palista daba o nivel deportivo foi lograr a financiación, posto que a actual situación económica no mundo do deporte chega ata o punto de non poder as federacións costear o aloxamento e manutención de todos os palistas nos equipos nacionais.
Apoios institucionais e empresariais
Pero neste mundo non vale só con ser un gran deportista. Está claro que os apoios son necesarios. Do Concello de Dumbría e de como coida o deporte xa temos falado, e o mesmo coa empresa máis grande da zona, que entra de cheo no proceso asinando un convenio co CDM Piragüismo Dumbría polo que colaborará nos gastos que se deriven da estancia do palista dumbries Iago Canosa. Firmou o convenio no nome da empresa D. Carlos Oliete, quen se referiu a esta colaboración coma "unha débeda voluntaria que ten a empresa Ferroatlántica coa comarca e coa que trata de devolver un pouco do que recibe dos vecinos e veciñas da Costa da Morte, e que mellor que nun deportista que demostra que co esforzó e o traballo se pode alcanzar calquera meta".
Pola súa parte o alcalde de Dumbría, D. J. Manuel Pequeño destacou o feito de que un deportista dun clube de Dumbría alcanzaba a élite deportiva, e quen sabe se estamos falando duns posibles representantes de España nuns futuros Xogos Olimpicos, referindose tamén á palista do clube, a carballesa Kiara Martinez, tamén presente no acto, e que se incorpora esta semán o Centro de Tecnificación de Pontevedra onde disfrutará dunha beca para entrenar i estudar en concentración permanente.
Máis información
Novas relacionadas
- O Piragüismo Dumbría xa é Campión Galego.
- O Piragüismo Dumbría xa sobe a podios estatais.
- Dumbría acolleu outra gran proba de piragüismo.
- Os nervios agarrotaron aos piragüistas dumbrieses en Salvaterra de Miño que aínda así volven con 5 podios.
- “O campo de slalom sería tan positivo como o Camiño de Santiago”.
- O Piragüismo Dumbría repite o terceiro posto por clubes en Gondomar.
- O Piragüismo Dumbría volve da Copa Galega con 4 medallas e terceiros por equipos.
- Iago Canosa e Marco Oreiro volven con medalla da Copa de España de Piragüismo.
- O CDM Piragüismo Dumbría regresa de Irún con sabor agridoce.
- O Piragüismo Dumbría volve con dúas medallas demasiado custosas de Tomiño.
- Tres piragüistas dumbrieses na final proba internacional de O Fridao.
- Iago Canosa pon o listo moi alto nun prometedor arranque de campaña do Piragüismo Dumbría.
- O CDM Piragüismo Dumbría abre unha nova e ilusionante tempada.
- 30-09-12: O Piragüismo Dumbría proclámase Subcampión da Liga Galega no seu 5º ano.
Fonte
- Nota de prensa do CDM Piragüismo de Dumbría, da man de X. Henrique Portela.