Xa chega a verdadeira #CopadaCosta 2015


Xa está aquí, a auténtica competición copeira, a que máis nos presta pola volta, e que cada ano culmina ca gran Festa do Fúbol da Costa na finalísima, que volverá ser a última fin de semana de xuño, a partido único. Veremos quen colle o relevo do actual campión, o Dumbría, pero aínda quedan moitas roldas por diante. En todo caso, sabedes que tendes os cadros sempre actualizados en www.copadacosta.com.
Despois da Previa, na que pasaban Camariñas, Cabana e Ameixenda, toca, e xa a doble partido, os Oitavos de Final. Será este venres 20 de marzo, día do Pai, día de Copa tamén, con 16 partizados en liza, só en categoría sénior, pois os cadetes e infantís tamén arrincan ca súa copiña.
A volta quedará para o 1 de maio, pero xa poderán deixar o pase encarrilado moitos equipos. Cada eliminatoria terá o seu aquel, pero hai varias máis que interesantes. Como o Sofán-Volantes, dous equipos de diferente categoría pero con moito que ofrecer, cun Volantes ademais que non ten moito en xogo na Liga e que poderá volcarse na competición copeira. Prestaremos atención especial tamén ao Zas-Dumbría, o líder da Liga da Costa poderá poñerse as cousas complicadas ao actual campión.
Esteirana e Corme mediranse pero co ollo posto na súa 1ª Autonómica, partindo o cadro cormelán con algo de vantaxe por estar máis desafogado.
Na outra parte do cadro, o Cee-Baíñas será un bo partido, así como o Baio-Mazaricos ou o derbi sureño Carnota-Montelouro. Pero ollo co XSC-Soneira, pois ao cadro soneirán, sen apuros na Liga, gústanlle estas apostas fortes.
II Copa da Costa Cadete e Infantil

E despois do remate da Liga, xa sen tempo a pensar, arrincan na 2ª edición desta Copa da Costa base. En Cadetes, co Corme campión e o Cabana acompañándoo na Fase de Ascenso, aínda teñen tempo para disputar a Copa. Os Miúdos retirouse e o Muxía xa pasa a Cuartos, como o Cabana, Sofán e Cee que tiveron máis sorte no sorteo. Teremos 3 choque so sábado e un, o da Esteirana, o venres na Salina.
Nos Infantís, co recente campión, o XSC, a Copa arrinca o domingo con 4 partidazos por todo o alto.

Copas da Costa 2014
- Copa 2015: Copa da Costa: Cabana, Ameixenda e Camariñas superan a Previa.
- Copa da Costa 14: O Dumbría venceu en Fontenla e colle o relevo do XSC como Campión da Copa da Costa.
- Copa Infantil 2014: O Cee culmina o doblete.
- Copa Cadete 2014: O Fisterra, campión da I Copa da Costa Cadete.
- Copa Veteranos 2014: O Dumbría gañou tamén a Copa da Costa dos Veteranos, nun agónico final.
Crónicas da semana
- Xuvenís: Cabana e Os Miúdos xogaranse a Fase nunha final nas Redondas.
- Ligas Galegas: O XSC complícase a vida.
- 3ª Autonómica: O Cerqueda cae tras 14 partidos e o Ameixenda recupera espazo.
- 2ª Autonómica: O Outes tropeza e a pelexa por abaixo ponse máis quente.
- 1ª Autonómica: A Esteirana albisca o final do túnel e o Corme confirma o seu salto.
- Preferente: Haberá que ollar o retrovisor?.
- Resultados e análise dunha xornada de Fútbol costeiro con título incluído.
Primeiros títulos colleitados
- O XSC celebrou o título Infantil e buscará o ascenso á Liga Galega.
- O Corme festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso.
Novas relacionadas
- O álbum de cromos do Sofán: “Raúl, fírmasme un autógrafo?”.
- Xa temos os cadros da II edición das Copas da Costa Cadete e Infantil.
- A Cantina alonxa ao Estética Raquel do título da Liga de FS de Cee.
- A vida de Donato nun libro con acento costeiro.
- Novo repaso aos Pichichis do Fútbol da Costa.
- Malpica acollerá un novo curso de Monitor Deportivo.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).