Xornada falta para o fútbol sala feminino costeiro
Castigo demasiado abultado para un Fisober na 2ª Estatal que plantou cara o Ordizia na primeira metade e boa parte da segunda pero que se desinflou nos últimos minutos a raíz do cuarto gol visitante.
Mentres, na Liga Provincial, mala semana para as nosas. Se o choque do Ponteceso FSF ante o Grupo Work foi aprazado, o filial do Fisober e o Villa de Cee colleitaban sendas derrotas ante Mabegondo e A Fervenza. Ambos conxuntos enfrontarans nun novo derbi a vindeira semana.
2ª División Estatal
- Resultado : FISOBER F.S.F. - ORDIZIA (2-7).
- FISOBER: Eva, Elsa, Ana, Noelia e Myrella; tamén xogaron: Patri e Raquel.
- Goles: 0-1 Sarah; 1-1 Patri, 1-2 Ane, (descanso), 1-3 Ane; 1-4 Sarah; 1-5 Sarah, 1-6 Maite; 1-7 Ainara, 2-7 Patri.
Saíron as do Ordizia a por todas dende o principio por algo levan dez vitorias consecutivas e moi probablemente se xogarán o título no enfrontamento directo fronte o Bilbo. Xa no primeiro minuto un lanzamento de Sarah golpeaba nunha xogadora local e facía o cero a un para as vascas.
Neses primeiros minutos seguiron dominando e poñendo en apuros as locais con Sarah o mando. Pero pouco a pouco as xogadoras do Fisober, moi ordenadas, foron atopando o seu sitio no partido. Comezaba a cambiar o rumbo e no minuto sete a local Patri mandaba o seu lanzamento o pau.
Cada vez o perigo rondaba máis a porta visitante que a local e chegaban os mellores minutos das da Costa. Así os trece minutos unha fantástica combinación local remataba con Patri marcando a pracer e facendo a igualada.
E un minuto despois de novo combinaban as locais pero desta vez Raquel non foi quen de marcar nunha posición inmellorable, unha xogada que puido cambiar o rumbo do partido.
Os dous equipos moi ordenados non querían recibir un gol que as puxera por debaixo no electrónico. Os minutos pasaban cun xogo cheo de intensidade pero sen moitas ocasións claras.
E cando parecía que se ía chegar ca igualada o tempo de lecer unha xogada chea de rexeites rematou co segundo gol visitante obra de Ane a vinte segundos para o fin. Un gol o inicio e fin do periodo condenaba as da Costa.
No arranque da segunda metade non trocaba moito a película, partido moi intenso con lixeiro dominio visitante. Os dous equipos moi concentrados sabedores da importancia dun novo gol.
E ese gol caeu do lado visitante a catorce para o fin de novo por mediación de Ane. A pesares disto as locais seguiron centradas na busca dun gol que as puxera de novo no partido e pendentes de non encaixar un novo que finiquitara o partido.
Comezaba a notarse o poderío físico visitante , e o cuarto gol chegou a oito para o fin por mediación de Sarah. Este gol fixo moito dano as locais. A pouco que baixas a concentración cun equipo deste nivel págalo e un minuto despois era de novo Sarah a que facía o quinto.
O partido voltouse tolo e nos tres últimos minutos houbo tempo para o sexto visitante obra de Maite, un penalti a favor das locais no que Ana non era quen de batir a Itziar, o sétimo obra de Ainara en inferioridade e un gol de Patri nos últimos segundos do partido.
Liga Provincial, xornada 13
- Resultado: FISOBER “B” F.S.F. – MABEGONDO (1-2).
- FISOBER B : Anabel, Paula Fandiño, Andrea, Inés e Laura; tamén xogaron: Noelia, Alejandra, Natalia e Tamara.
- Goles: 0-1 Vanesa, 0-2 Vanesa (descanso), 1-2 Inés.
Mal partido do filial do Fisober que sigue ca súa mala xeira de resultados e non foi quen de superar o Mabegondo. A noticia máis positiva da tarde foi a volta de Natalia despois de máis de dous meses con problemas nun pé.
Non atopa o seu ritmo o filial, ou xoga demasiado lento ou demasiado precipitado e non é quen de marcar un propio, sempre se contaxia do ritmo do rival. Recibir o primeiro gol os tres minutos por mediación de Vanesa fixo que as locais xa dende o comezo xogaran demasiado precipitadas. E a pesares de que lograban ter ocasións eran máis froito de xogadas individuais que de xerar xogo colectivo.
O Mabegondo ben colocado xogaba o seu papel e buscaba un segundo gol que lle puxera as cousas máis difíciles as da Costa e logrouno a oito para o fin da primeira metade de novo Vanesa.
Seguían as locais a gozar de máis ocasións cas visitantes, pero tampouco nos últimos metros andan acertadas nesta fase da tempada. As ocasións máis claras eran para Inés e Paula Fandiño pero ou enviaban fora ou se atopaban cos paus.
A segunda metade seguiu co mesmo guión, aínda que as contras visitantes eran moito máis perigosas que na primeira metade froito dunha maior ansiedade e toma de riscos local.
As locais non eran quen de marcar un gol que as puxera no partido e as visitantes de facer un que o pechara. Máis e mellores ocasións para as da Costa, pero a porteira faiselle enorme e a portería se lle está a facer pequena, e non chegaba o ansiado gol.
Así pasaban os minutos e nada cambiaba, iso si cada vez quedaba menos. E nada cambiou ata os últimos segundos no que por fin Inés atopou o gol. E incluso tiveron unha última ocasión para igualar case coa bocina pero os puntos voaron cara Mabegondo.
Vindeira xornada
Partido importante para o 2ª División e derbi en provincial, mentres Fisober viaxa a Logroño na 2ª Estatal este sábado ca intención de lograr tres puntos q o afiancen na 6ª plaza.
- 2ª Estatal: 4 Arcos Logroño vs Fisober FSF: Sábado ás 20:00 h no Polideportivo Municipal Gonzalo de Berceo (Logroño)
- Liga Provincial: Villa de Cee vs Fisober FSF. Domingo 12:00h no Polideportivo Municipal de Cee.
- Liga Provincial: Concello de Ponteceso F.S.F. - Troula F.S.: sábado 15/02/2014 ás 18:00h no Municipal de Ponteceso.
Ademais, na Liga Galega infantil o Fisober recibirá tamén na tarde do sábado ó H20 de Sarria, as medianas do Fisober seguen ca sua progresión nunha liga moi competitiva donde se están enfrontando as mellores canterias de Galicia, este sábado a partir das 18:00 h en Baiñas intentaran conseguir a sua 1ª vitoria da tempada. Xa na maña do domingo concluirá a fin de semana dos equipos do Fisober donde na Liga
Máis información
- www.fisoberfsf.com.
- Clasificacións da Liga Provincial Feminina.
- Resultados da Liga Provincial Ferminina.
- Clasificación e Resultados da 2ª División Estatal.
Novas relacionadas
- O Fisober estrea segunda volta e páxina web.
- O Villa de Cee tamén supera ao Ponteceso FSF.
- O Villa de Cee alcanza xa ao Fisober B.
- E Murphi segue xogando contra o Fisober.
- De charla e torneo coas xogadoras do Ponteceso FSF.
- Os Penélopes fanse co Maratón Solidario 3×3 da Cherinkas.
- E Murphi segue xogando contra o Fisober.
- O filial do Fisober esperta e vence na ponte.
- O Villa de Cee FSF acostúmase a gañar.
- O Villa de Cee xa sabe o que e gañar.
- O Ponteceso FSF leva o derbi por goleada.
- O Fisober estreou o Pavillón de Dumbría con vitoria.
- O Concello de Ponteceso FSF quedou cun sabor agridoce.
- Semana feliz para a familia Fisober.
- O primeiro derbi oficial entre Fisober B e Vila de Cee queda en Vimianzo.
- Dúas derrotas e unha vitoria foi o balance da xornada no fútbol sala feminino.
- O Ponteceso FSF arrinca a campaña líder.
- O Fisober arrinca solventando a súa conta pendente: gañar na casa.
- O Ponteceso FSF arrinca un novo curso tras unha durísima pretemporada.
- O Fisober xa quece motores ca Copa Xunta e os amigables do filial.
- O Villa de Cee Novo equipo de futbol sala Feminino.
- As infantís do Ponteceso FSF pechan un ano completo.
- O Ponteceso FSF pecha un ano moi Íntegro.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Notas de prensa do Fisober e do Ponteceso FSF.