Venres. 17.05.2024
El tiempo

Fases de Ascenso: O Dumbría queda só ante o ascenso e xa ten rivais

Fases de Ascenso: O Dumbría queda só ante o ascenso e xa ten rivais
O Cabana cadete non puido co Palas-Foto-Cabana

Tiñamos dous equipos con opcións de meterse nas Ligas Galegas e xa só nos queda un. A primeira eliminatoria das fases deixou polo camiño aos Miúdos xuvenís e ao Cabana Cadete, e se ben aínda o XSC ten unha bala para este martes na casa ante o Fátima, non o ten sinxelo. Deste xeito, o Dumbría Xuvenil queda como aspirante ao ascenso despois de superar con solvencia ao Bastavales e xa ten rivais para as dúas seguintes eliminatorias que terá que superar.

O Dumbría xa ten seguinte rival na Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil: o Betanzos que vén de superar aos Miúdos, pero que pode ser un equipo perfectamente asequible.
Se pasa, terá a eliminatoria final ante o gañador do Calasanz B - Bertamiráns.

Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil

  • Resultado: Dumbría - Bastavales (3-0)
  • DUMBRÍA: Bruno, Pablo, José Miguel, Canario, Jano, Marcos, Cacha, Mauro, Edu, Marcote e Juan de Dora. Tamén xogaron: Charly, Josiño, Maikel, Portu e Jorge.
  • Goles: 1-0, min.25: Cacha tras combinar con Marcote; 2-0, min.50: Marcote nun córner; 3-0, min.70: Cacha pola escuadra de falta.

Partido no que o Dumbría dedicouse a controlalo a través da posesión do balón para non sufrir e o mesmo tempo mermar o rival fisicamente. Pouco a pouco o Bastavales foi sufrindo no aspecto físico e o Dumbría impuxo a súa calidade para gañar con solvencia. Primeiro unha xogada entre Marcote e Cacha que este último fusilou ante o porteiro rival, así chegou o 1-0.

No descanso quedaría Juan de Dora na caseta por un golpe, máis por precaución, ao igual que Jose Miguel que tiña unha amarilla e non quixeron arriscar. Na segunda, un corner rematado no primer pau por Marcote sería o 2-0 e máis tarde un lanzamento de Cacha a escuadra o 3-0. De aí ao final máis ocasións do Dumbria que seguiu impoñendo o seu ritmo xa que os xogadores que entraron desde o banco aportaron moita intensidad e traballo.


Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil

  • Resultado: Os Miúdos - Betanzos (1-4)

Non ten o físico a estas alturas o cadro muradán para competir a este nivel. Tras mes e medio de parón, e case sen adestrar, tocoulle enfrontarse a un Betanzos máis fresco, que sen ser dos mellores da categoría, impuxo o seu ritmo e xa sentenciara na ida cun 4-0. Non saíu de balde o cadro de Mané Senande, que nos primeiros 25 minutos tivo dúas boas ocasións para soñar coa remontada. Pero á contra chegou o primeiros dos betanceiros e aí morreu o partido. Chegaron a empatar os muradáns, pero a segunda metade se fixo moi longa, e volveron caer outros 4.

Así e todo, o equipo dos Miúdos pecha así un ano espectacular. O primeiro ano nesta categoría como MIúdos, conseguindo meterse entre 2 mellores equipos da categoría, algo impensable ao comezo do curso.


Fase de Ascenso á Liga Galega Cadete

  • Resultado: Cabana - Palas (0-6)
  • CABANA: Darío (Pablo, min.60), Fernando (Castro 40), Rubén, Álex (Enrique, min.55), Bieito, Samuel, Alberto, Breo (Sergio, min.53), Manuel, Pedro (Óscar, min.48) e Santi.

Derrota sen paliativos do Cabana ante un superior Palas nas Redondas. Comenzou o partido con dominio dos locais que xa no minuto 3 viron como non sinalaba un clarisimo penalti na área do Palas logo dunha clamorosa man do defensor visitante. Seguiu tentando o Cabana e á saída dun corner remate de Alberto que saca un defensa baixo pau co porteiro xa batido. Todo marchou de xeito igualado ata o primeiro gol do Palas que aproveitou a tenra defensa local para adiantarse e marcar o segundo en poucos minutos. Tentou recuperarse o Cabana pero os ánimos estaban baixos e un penalti sinalado equivocadamente polo colexiado puxo o 0-3 que acabou con equipo das Redondas.

Xa na segunda parte, paseo militar para os visitantes e minutos para todos os xogadores terminando o encontro cun 0-6 sen paliativos. Eliminatoria que transcurriu cun comportamento exemplar dos dous equipos sen malos modos nin protestas.


Fases de Ascenso

Crónicas da semana

Torneos estivais

Novas relacionadas

Primeiros títulos colleitados

Máis información

Fonte

Comentarios