Martes. 07.05.2024
El tiempo

Ligas Galegas: Unha gran vitoria a domicilio

Ligas Galegas: Unha gran vitoria a domicilio
Aluminios Dumbría patrocina as Ligas Autonómicas - Coñécenos en aluminiosdumbria.es

Fantástica a vitoria do Dumbría en Lalín, quedando na 8ª praza da División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría e demostrando que o equipo vai a máis.

Pola contra, non tiveron tanta sorte o XSC na Liga Galega, caendo en Pontedeume ante o penúltimo; nin tampouco o Dumbría infantil, que a pesar do bo partido, foi goleado na Coruña e ve como se alonxa a posibilidade de meterse no Grupo polo título.

División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 12

Lalín - Dumbría (0-1)

  • DUMBRÍA: Jorge; Josiño, Raúl, Jose, Fabio; Eloy, Marcos (Mario, min.50), Borja; Ayoze (Gabi, min.60), Luís (Adrián, min.65) e Brandón.
  • Gol: 1-0, min.65: Raúl de cabeza.

Grandísima vitoria do Dumbría de Juan e Juaquín en terras do Deza. O cadro dumbriés estivo moi seguro atrás, sen cometer erros, e aproveitou unha das súas chegadas, no ecuador do segundo tempo, para levar o partido cun bo tanto de cabeza de Raúl. UN Raúl que completou un gran partido.

Liga Galega Cadete, xornada 12

Eume Dep. - Xallas StComba (4-2)

  • XSC: Rubén (Álex), Guillín (Rubén S.), Raúl, Pablo (Mosteiro), R (Brais); Carlos Baio, Juanjo; Óscar (Manuel), Thiago, Juan Lois e Carlos Rieiro.
  • Goles: 1-0, min.11; 2-0, min.23; 2-1, min.35: Juan Lois marca un golazo de falta pola escuadra; 3-1, min.62; 3-2, min.75: Juan Lois de penalti; 4-2, min.78.

O XSC perdeu no terreo de xogo de Pontedeume máis por deméritos que polo realizado polos locais. Desde o primeiro minuto os xalleiros non estiveron no partido, e atopáronse, en dúas accións sorprendentes e en auténticos agasallos, cun 2-0 en contra en pouco máis de vinte minutos, ante un once local que, sen tirar a porta, lograba unha cómoda renda.

O gol de Juan Lois, golazo a verdade nun disparo de falta directa á escuadra, parecía meter aos visitantes no partido, e ata o final da primeira metade puideron lograr empatar a contenda, pero non acertaron coa meta local.

A segunda parte comezou con dominio do Xallas de Santa Comba, pero nun contraataque o árbitro sinalou penalti favorable ao Eume e chegaría o 3-1 a falta de 18 minutos. O empuxe visitante, que non o bo xogo, propiciou o penalti favorable aos verdenaranjas por derriba a Mosteiro, e Juan Lois volvía facer nacer a esperanza de puntuar, pero un novo erro da zaga, xa co tempo prácticamenbte cumprido, daría a opción aos locais de materializar o 4-2 final.

Un mal partido, pois, dos xalleiros, que encaixan por primeira vez catro goles e non sacan proveito dunha boa oportunidade de sumar puntos no terreo do Eume.

Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, xornada 12

Víctoria - Dumbría (4-0)

  • DUMBRÍA: Juan (Breogán, min.66); Sergio (Sebas, min.24), Berto, Toni, Samuel, Álex; Ezequiel (Xulián, min.65), Brais Fernández, Xan (Xabi Larrañaga, min.67); Hugo (Lucas Toba, min.60) e Adrián.

Pese a que o marcador volveu a ser negativo nesta xornada, o potencial do rival e o igualado que mantivo o encontro o Dumbría infantil, alberga certa sensación positiva. Ata o minuto 60 de partido, o todopoderoso (en potencial deportivo, con 3 equipos de idade infantil, e sempre competindo co Depor pola hexemonia da cidade herculina) tivo moitas dificultades en superar a un Dumbría moi ben plantado.

O partido comezou co dominio constante do Victoria, pero sin amosar demasiado perigo, e cun equipo costeiro ben agazapado e buscando os contraataques. O entramado defensivo visitante funcionaba á perfeccion, e o Victoria só chegaba con algun tiro lonxano, resolto con seguridade por Juan.

Coa lesión de Sergio, o equipo pasou algunha dificultade mais, e nese espacio de tempo ata o descanso, chegou a mellor ocasion local, cunha internada queresolviu cun paradón Juan. Tamén se estirou o Dumbría, que creou perigo cun par de accións de Adrián e un bo tiro de Brais. Ó descanso chegouse cun ilusionante 0-0.

No descanso, o Victoria introduciu 3 cambios, cun potencisl fisico destscable, sobre todo no seu dianteiro. O dominio coruñés intensificouse, e puxo cerco o portal costeiro. No minuto 10 dese periodo, chegou o primeiro e definitivo gol, froito dunhs falta lateral, queJuan non foi quen de neutralizar. A partir de ai, a intensidade dumbrinesa foi menguando co cansancio e o desánimo.E os goles caeron, motivados pola velocidade da dianteira coruñesa e os espacios que empezou a ceder o Dumbría.
A boa nova foi un novo debut dun alevín, Lucas Toba, que tivo a oportunidade de sumar os seus primeiros minutos na categoría.

Crónicas das Ligas Autonómicas – Aluminios Dumbría

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios