Luns. 29.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: O Castriz, máis líder tralo tropezo do Muxía en Coristanco

Porteno e Camarinas no derbi da Grixa
Porteño e Camariñas no derbi da Grixa. Foto: Campaña
2ª Galicia: O Castriz, máis líder tralo tropezo do Muxía en Coristanco

Crónicas exprés da Liga da Costa as que traemos neste comezo axitado do mes de entroido. Unha xornada que deixa ao Castriz máis líder despois de golear ao Cabana e aproveitar a derrota do Muxía en Coristanco. O Mazaricos non fallaba na mañá dominical ante o Cee, pero o Porteño deixábase tamén boa parte das súas opcións ao título perdendo na festa solidaria da Grixa do derbi co Camariñas.

Por abaixo, a recuperación do Volantes parece evidente, completando o seu cuarto partido sen perder, mentres que en Muros, a vitoria do Monte Louro en Miraflores deixa respirando aos loureáns pero afogados aos celestes.

Vitoria do Castriz, derrota do Muxía

Pouco que contar do choque das Redondas, nun choque cheo de ocasións, no que o Castriz estivo moi acertado e puido ir 0-3 ao descanso gracias tamén ao bo facer de Coke na meta xalleira. Non lle perdeu a cara ao partido o Cabana, que pelexou ata ben entrada a segunda metade. Destacar o póker de Noli.

Mentres, un dos choques importantes da xornada, e da temporada, puido ser o celebrado na Rocheira. O Coristanco, que xa viña nunha liña moi positiva, foi superior a todo un Muxía, atopando os espazos ás costas da defensa verlla en varias ocasións, estiveron finos co balón e tacticamente os de Cali fixeron dano entre liñas. Foi un choque de intesidade, no que se adiantaba pronto o Muxía por medio do capi Michael Vilela. Castri lle daba á volta ao marcador, pero Fran Moreira metía o empate antes do descanso. Volvía aparecer Casti para darlle de novo a volta ao marcador, completando o poker de goles, pero Fran Moreira volvía meter ao equipo de Nando e Fran no partido. Ata o final o choque estivo aberto e foi no desconto cando Diego Castro sentenciaba para os verdes.

Derbi da Grixa

Porteno e Camarinas no derbi  solidario da Grixa

Fermosa festa solidaria na Grixa en apoio da Asociación Española contra o Cancro.
O choque comezaba co tanto de Brais Mouzo de cabeza para os locais, pero o Camariñas foi impoñendo o seu bo estado de forma. Mariolo tivo que aparecer con varios paradóns a remates de Soule e Mario, que por banda estaban facendo estragos. Unha xogada de ambos provoca un penalto de Mariolo a Soule, que o meta da Ponte lle para a Djibril. Pero o xogador senegalés resarcíase pouco despois marcando o empate nun remate de cabeza.

A segunda comezaba co Camariñas impoñendo o seu ritmo, e David marcaba aproveitando un rexeite de Mariolo. Os de Cousillas intentaban botarse arriba con máis corazón que fútbol, apretando arriba co Pejo en punta, pero os de Cabrejo e Faus souberon rexeitar a marea de balóns frontais.

O Mazaricos segue aí

Pouco que contar do partido do Pino do Val. Os amarelos saíron ben e aproveitaron os erros ceenses e xa se colocaban con 3-0 ao cuarto de hora, con 3 tantos de Rachón. Bruno recurtaba e case mete ao equipo no partido pero Kevin e Chumiko puñan a puntiña, para manter ao equipo de Marcos a 6 puntos do líder.

O Outes vence ao Ponteceso e o Corme ao Baíñas

Outes e Ponteceso enfrontábanse no Conchido nun choque de pouco futbol e moito patadón. O Ponteceso levaria a iniciativa ante uns locais que esperaban para saír á contra. Adiantaríanse os de Alex Romer no minuto 24 por medio dun bonito gol tras cabezazo de Keko. Na segunda parte chegaria o tempo de verdade cun Ponteceso que sairía en busca do empate dende os primeiros minutos. Alberto Recarey poría a igualada no minuto 65 tras sacar unha falta lateral que o porteiro local non foi quen de sacar. Seguirian insistindo os de Julio Vila e noutra falta lateral seria Neira o que poría o 1-2 . Con 20 minutos por diante, os locais darían un paso adiante e case a continuación empatarían por medio de Ryam no minuto 75. Os ultimos minutos foron os típicos da liga da costa un ir e vir sin orde ningún que os locais aproveitaron un discutido penalti no desconto que transforma Babu para pechar o encontro e deixar os puntos na Serra.

Pola súa banda o Corme deixou tamén os puntos no Cairo nun partido soso, sen moitas ocasións, no que o Baíñas segue demostrando non ter sorte este curso. Os de Roski fixeron un partido moi serio, impedindo ocasións. Na segunda, quixeron subir liñas, pero un protestado penalti por unhas mans de Héctor, permitían que Isra abrise o marcador. O Baíñas deu un paso adiante e foi pechando ao rival sobre todo con xogadas a balón parado, tendo boas ocasións desbaratadas polo meta local Quique. Xa no desconto, o propio Isra sentenciaba nunha contra.

Volantes e Monte Louro

Xornada moi esperanzadora para os equipos muradáns de Volantes e Monte Louro. Os renovadísimos laranxas, nun choque no Rodeiro no que o Camelle foi superior na primeira, pero sen acerto cara gol. O Volantes mellorou na segunda, e comandados por Pesco, de novo Carajillo e Borja asinaron a vitoria, e o cuarto partido sumando para os de Gus.

Ambientazo no Eleuterio Balayo para o derbi de Muros entre Muros e Monte Louro. Os dous equipos estiveron moi serios nunha primeira metade sen riscos. Na segunda, o Louro foi dominador dende o comezo, con máisintensidade. Óscar Fari abría o marcador cun bo coa zurda pola escuadra. Íker e Chano facían dano xa co Muros deixando máis espazos. Chano facía o segundo entrando por banda e asinando cun balón raso; Íker avisaba e Chano facía o terceiro coa mesma sinatura que o segundo.

Monte Louro tras vencer en Muros
O Monte Louro tras vencer en Muros

CRÓNICAS DA 2ª GALICIA

MÁIS INFO

Comentarios