Luns. 29.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: Mazaricos e Porteño tropezan

Monte Louro-Volantes-Foto-Edu Olveira
Monte Louro-Volantes-Foto-Edu Olveira
2ª Galicia: Mazaricos e Porteño tropezan

Castriz e Muxía solventaron os seus choques ante Coristanco e Outes con sendas vitorias, pero Mazaricos e Porteño sufrían inesperados tropezos. Sobre todo o do Mazaricos, ante un Baíñas que sumaba o seu primeiro punto en 10 partidos. Pola súa parte, o Ponteceso venceu ao Porteño apretando de novo o segundo vagón e deixando aberta unha loita pola segunda praza, na que tamén están Camariñas e Corme, que asinaban táboas nun partido de goles.

Por abaixo volveu sumar o renovado Volantes, no derbi de Agra da Filgueira, e non deixa escapar ao Monte Louro. Vitoria importante do Cee ante o Camelle e empatiño entre Muros e Cabana.

Camariñas - Corme (3-3)

  • Camariñas: Pablo, Brais, Caamaño, Oliver, Pablo Suárez, David, Moriño, Hugo (Manuel), Víctor (Julián), Soule, Roi.
  • Corme: Adrián, Aitor, Hugo, Martin, Eloy Villar, Miguel, Borja Torrado, Rubén, Isra, Laik e Yago. Tamén: Brais Pailos, Noel, Dani Reigía, Reo.
  • Corme: 0-1, m.26: Yago; 1-1, m.53: Víctor; 2-1, m.60: Roi; 2-2, m.80: Isra; 2-3, m.90: Borja Torrado; 3-3, m.92: Manuel.

Partidazo no Vicente Carril entre dous moi bos e noviños equipos. O Corme, a pesar da súa mocidade, non se arrugou ante un gran cadro local, que comezaba dominando e creando algunha ocasión, con Soule e Roi. Pero era o Corme, que se ía metendo no partido, o que pasaba a dominar e conseguía adiantarse e aguantar con vantaxe ata o descanso.

Empezaron mellor os de Cabrejo e Faus a segunda e pronto, tras unha gran xogada de Soule, Víctor facía o empate a 1-1., Pouco despos, cun gran gol de Roi, adiantábase o cadro local, e cando parecía que a inercía estaba do lado local, o Corme comezou con balóns arriba meter atrás aos camariñáns, e conseguían empatar a 10 do final, e meterse por diante no desconto. Á desesperada o Camariñas foise arriba e conseguía o empate a 3-3 cun gol de Manuel. Un empate que lle sabe pouco aos dous equipos.

Ponteceso - Porteño (3-1)

  • Ponteceso: Damián, Eloy Trigo, Iván Rod., Luca, Ángel, Javi Souto, David Castro, Pedro, Alberto Recarey, Neira e Eloy Álvarez. Tamén: Samuel, Cotelo, Sergio, Raúl e Martín Puente.
  • Porteño: José, Vicente, Brais, Nico, Rodri, Mayor, Saviola, Joseba, Alan, Jairo (Miguel), Chipi (Manoliño).
  • Goles: 1.0, m.22: Alberto Recarey; 1-1, m.35: Chipi tras deixada de Alan co peito; 2-1, m.56: Eloy Álvarez anota un golazo; 3-1, m.90: Raúl.
Ponteces-Porteno no Pinguel-Foto-Parker
Ponteces-Porteno no Pinguel-Foto-Parker

Ponteceso e Porteño enfrontábanse no Pinguel no que os os locais querían romper a racha negativa despois de dúas derrotas e os visitantes seguir enganchados os postos de cabeza e que dan dereito a xogar a fase de ascenso. Pero os da Ponte non tiveron o seu partido e se viron sempre superados en intensidade polos locais. Sería o equipo de Julio Vila o que avisaría primeiro cun gran remate de Alberto Recarey que atallou ben o porteiro visitante. No minuto 22 chegaria o primeiro gol do partido, de novo Alberto Recarey puxo un corner moi cerrado que o propio porteiro do Porteño axudou a meter para dentro.

Poideron aumenta-la conta os locais pero o Porteño respondiu moi pronto con unha bonita accion entre Alan e Chipi que este ultimo finalizou con outro golazo os que nos ten acostumbrados. De aí o final da primeira parte víronse os mellores momentos visitantes e un Ponteceso que á contra dispuxo dunha boa oportunidade a pés de Neira.

Na segunda parte sairía mellor o Ponteceso cunha sala de máquinas na que destacaron David Castro e Pedro e un infatigable Alberto Recarey poñendo cerco a porteira de Jose. Este dominio vería o seu froito cun gran gol de Eloy Alvarez dende a esquina da área que limparía as telas de araña do segundo pao.
O Porteño, a base de orgullo, non tanto de fútbol, deu un paso adiante aproveitando ademais a expulsión de Eloy Trigo, pero as ocasións chegaron na meta de Jose, con tres contras, dúas que deron ao pau e outra que Raúl non fallaba no man a man.

Muxía - Outes (6-1)

  • Muxía: Domingo, Anxo, Michael, Congui, Manuel, Mauro, Isma, Julián, Víctor Alcaina, Iago Muíño e Fran Moreira. Tamén: Ángel, Mateo, Congui, Darío e David.
  • Outes: Dani, Jura (Simón), Adrián (Estefan), Babu, Keko, Ramiro (Senande), Veleiro (Mangelo), Iván, Pablo Ryan e Aarón Insua (Aarón Gómez).
  • Goles: 1-0, m.11: Fran Moreira; 2-0, m.25: Isma; 3-0, m.33: Víctor Alcaina; 3-1, m.41: Iván; 4-1, m.46: Víctor Alcaina; 5-1, m.68: Michael; 6-1, m.80: Fran Moreira.

Partido máis igualado do que sinala o marcador, marcado polo vento, e pola efectividade muxiá. Pero o Outes, certo que non fixo un bo partido, e o míster non quere poñer excusas. O Muxía (que terá a baixa de Manu Nogueira un tempo por unha fractura nunhas costelas) foi un equipo superior en todas as facetas do xogo a pesar do esforzo dos da Serra, que non escatimaron forzas pero que se viron superados. Os muxiáns combinaron ben, fixeron moito dano polas bandas, mantendo unha dinámica de equipo TOP, sumando 8 vitorias e 1 empate nas últimas 9 xornadas. O Outes, así e todo, tamén deixa a sensación de poder ir a máis.

Cee - Camelle (4-0)

  • Cee: Yago, Juan, Iago (Noe), Munitis, Isma, Josiño, Anxo, Adam, Eze, Bruno e Kike (Isaías).
  • Camelle: Pirata; Pablo, Dido, Hucho, Makareno, Martín (Chori); Estiben, David V., Pastelero, Óscar (Mariño) e Gabi
  • Goles: 1-0, m.20: Eze aproveita o rexeite de Pirata a tiro de Burno; 2-0, m.52: Eze de gol olímpico; 3-0, m.60: Bruno; 4-0, m.90: Isaías.

Partido completo do Cee, malia que o choque comezaba moi igualado. Pouco a pouco o Cee facíase dono do partido no xogo, ante un serio Camelle, que non podíoa facer nada ante o primeiro tanto, obra da dupla Eze-Bruno, como non. Os de Sergio tiveron bos minutos aí antes do descanso e puideron empatar nun par de tímidas chegadas.

Na segunda, o choque rompíase co gol de córner directo de Eze. Aí desaparecía o Camelle e Bruno e Isaías metían a guinda.

Baíñas - Mazaricos (1-1)

  • Baíñas: Maikel, Raúl, Rodrigo, Manuel, Héctor, Carlos, Maikol, Edu, Fabián, Cristian e Ruli. Tamén xogaron Kevin e Santi.
  • Mazaricos: Ángel, Sanchiño, Raúl, Diego Maneiro, Fran Pose, Luís Mayán, David, Rachón, Iago, Marcos e Molinos. Tamén: Carreira, Ricardo, Raúl Castelo e Pereiro.
  • Goles: 1-0, m.2: Cristian; 1-1, m.44: Chumiko fai un golazo de falta.

Non se adaptou ben o Mazaricos ao duro campo do Municipal vimiancés. Saíron durmidos os amarelos, que sufrían un roubo e un gol en contra nada máis comezar. Moi intensos os de Roski en todo momento, facendo presión alta a un cadro de Marcos que, co vento a favor, non conseguía rasear. Pisou o acelerador o Mazaricos no último treito da primeira metade, tendo un penalti que Rachón mandou ao pau, e un par de ocasiónss, antes de que Chumiko marcase un golazo de falta por riba da barreira antes de pitarse o final da primeira metade, ante a que pouco pudo faser Maikel..

Na segunda, xogou mellor o cadro de Marcos, facendo chegadas por medio de Rachón en dúas ocasións, e outra de Chiki, pero non estiveron acertados cara gol. A mellor, xa co tempo cumplido, unha internada de Marcos que pega por fóra da rede cos amarelos cantando gol no banquiño.

Muros - Cabana (1-1)

  • Goles: 0-1, m.11: Manuel Romero; 1-1, m.56: Dani Jurjo.

Sairon frouxos os muradáns e foi Manuel Romero o que adiantaba aos cabaneses á saída dun córner. Pouco que contar de aí ao descanso, nunha primeira metade con pouco ritmo nin ocasións.

Saíron máis enchufados os de Ángel na segunda, tendo máis ocasions, e froito de ese empuxe meteu Dani Jurjo o empate. Coa inercia o Muros estivo preto de levar o partido.

Castriz - Coristanco (2-0)

  • Goles: 1-0, m.45: Sebas de cabeza a córner de Toño; 2-0, m.60: Noli remacha un xeite de Rubén a unha falta de Iván Facal.

Necesitou o Castriz facer un dos mellores partidos da temporada para superar a un bo Castriz. Os de Miguel Chouza estiveron moi ben asentados, controlando as saídas dos de Kali, e facendo moito dano, sobre todo na segunda metade.

Monte Louro - Volantes (0-0)

  • Monte Louro: Pedro, Pablo, Miguel Verán, David Pais, Rodri, Chano, Pardelo, Luismi, Iker, Álvaro Fari. Tamen: Fabio, Javi, David Lestón, Manolo Chouza e Abel Rey.
  • Volantes: Alex de Yi, Anxo, Ángel, Manu Teijo, Ayuba, Oladipo, Antono Rama, Pescol, Kevin Rajoy, Borja e Carajillo. Tamén: Cerbán, Javi Romero, Manu de Yi, Adri Abeijón e Barreiro.
Homenaxe a Pepe da Vila en Agra da Filgueira
Homenaxe a Pepe da Vila en Agra da Filgueira. Foto: Edu Olveira

Comezaba o choque cun minuto de silencio en memoria de Pepe da Vila, que deixou orfa a taquilla de Agra da Filgueira. Abarrotado estaba o campo para ver este igualado derbi, no que se volveu a demmostrar que o Volantes non é o mesmo que o da segunda volta. Con grandes reforzos conta o cadro Gus que xa leva 3 partidos sumando.

Unha parte para cada un. Comezaba o cadro de Bibi mandando, buscando a Iker e Fari arriba e tendo boas ocasións como o tiro ao longueiro de David Pais, ou un par de remates de Raúl. Pero o Volantes soubo defenderse tamén. O Louro non permitía tocar aos laranxas.

Na segunda o partido inclinouse cara a portería de Pedro. Pesco facía dano a balón parado, tendo boas ocasións para levar o partido, se ben a mellor ocasión dos 90 minutos chegaba no desconto, pero David Lestón mandaba un balón á madeira.

 

Monte Louro-Volantes-Foto-Edu Olveira 2

CRÓNICAS DA 2ª GALICIA

MÁIS INFO

Comentarios