3ª FUTGAL: O Oza pesca promoción nunha xornada de goleadas

Imaxe do Inter de Brens-Sofán B-Foto-SD

6 goleadas e un empate déronse nesta 26ª xornada da 3ª FUTGAL. Non fallaron os Zas, Sofán B e Malpica ante equipos da zona baixa e seguen igualadísimos na loita polo título e a segunda praza de ascenso directo a falta de 4 xornadas para o final, cun Sofán B-Malpica fraticida para o vindeiro domingo, na previa da semana Santa.

Só empatou o Volantes, que se está deixando ir ata a promoción, mentres que a vitoria do Oza e a derrota do Pereiriña ante un gran Nantón parece deixar a 6ª praza sentenciada para os carballeses.

Inter de Brens - Sofán (0-7)

  • Inter: Brais, Diego, Christian, José Ángel, Regueira, Juan Lagoa, Miguel, Torices, Marcos, Evaristo e Adrián Pasantes. Tamén: Alex Castro, Leo, Santi Agulleiro e Barreiro.
  • Sofán B: Marcos, Samu, Marcial, Iván, Christian, Breo Rey, Roi Canedo, Nacho Eirís, Nacho Moreno, Adrián Vázquez e Isma Ramos. Tamén: Eloy Cabeza, Saydo, Ceide, Mateo e David.
  • Goles 0-1, m.14: Roi Canedo; 0-2, m.18: Adrián Vázquez; 0-3, m.32: Isma Ramos; 0-4, m.48: Adrián Vázquez; 0-5, m.65: Isma Ramos; 0-6, m.77: Saydo; 0-7, m.82: Breo Rey.

Partido sen historia, controlado por un superior filial, no que o interese estivo no duelo de pichichis, sumando agora tralos dous de cada un, 33 Isma Ramos e 29 Adrián Vázquez, os mesmos que Raúl Corzón (Zas), e 4 por riba de Salah (Cerqueda).

Nantón - Pereiriña (4-0)

11 do CD Nantón nas Fontiñas
  • Goles: 1-0, m.24: Iago Torres leva un balón de cabeza e marca de volea; 2-0, m.48: Iago Torres define no man a man tras un pase de Jorge; 3-0, m.71: Dani Cazón tras un roubo de Jorge Rey ao porteiro Maikel; 4-0, m.81: Javi Muóño.

Quizais a goleada máis sorprendente da xornada, endosada polo Nantón a un Pereiriña que parece que deixa de loitar pola promoción. E iso que na primeira o equipo de Joaquín Quintáns intentou levar o peso do partido, pero no ecuador Iago Torres aproveitaba un balón chovido para marcar un bo gol ante a falta de intensidade de defensa ceense. Tivo algunha máis o Nantón antes do descanso, pero foi ao comezo da segunda cando de novo o 9 cabanés facía o segundo a pase de Jorge, deixando moi tocado aos ceenses, que non amosaron intensidade nin oposición.

No treito final, Dani Cazón (o único xogador do club en idade xuvenil) fixo o terceiro tras un roubo de Jorge ao meta Maikel, e Javi Muíño facía un bonito gol dende a frontal.

Buño - Zas (0-4)

11 do Sporting Zas en Xaviña-Foto-Noe Touriñán
  • Buño: Piña, Pablo, Hugo Álvarez, Adrián Pose, Facal, Martín, Andrés, Eloy Santos, Sarr, Andrés, e Fran Santiago. Tamén: Ciss.
  • Zas: Gulle, Marcos, Adri Rama, Pablo Fuentes, Redondo, Fran, Juan Touriñán, Amoedo, Estefan, Andrés, Dani Mato. Tamén: David, Mauro, Ángel Nieto, Adrián e Eloy Moreira.
  • Goles: 0-1, m.9: Pablo Fuentes de chilerna; 0-2, m.18: Dani Mato en xogada persoal dende o medio campo; 0-3, m.29: Adrián Rama no man a man; 0-4, m.48: Redondo.
SCD Buño-Sporting Zas en Xaviña-Foto-Noe Touriñán

Con 12 xogadores presentábanse os de Lilo ante o líder, que xa dende o primeiro minuto levou o peso do partido, e pronto se metía por diante. Os de Rubén Forján e Pereiro conseguiron, a pesar das baixas, unha vitoria con autoridade, carácter e solvencia, deixando xa sentenciada a vitoria antes do descanso.

Intentou apretar o Buño na segunda, e tras unha presión alta e Hugo tivo unha gran ocasión, a única xunto cunha de Andrés no treito final dende fóra para os oleiros. Con todo, e xa con menos ritmo, o definitivo 0-4 asinouno Redondo cun tiro preciso dende a frontal.

SCD Buño-Sporting Zas en Xaviña-Foto-Noe Touriñán

Volantes - Baíñas (3-3)

  • Volantes: Alex de Yi, Miguel León, Mariño, Héctor, Alex Louro, Javi, Hugo, Rama, Rober, Manu de Yi e Borja. Tamén: Xandre, Víctor, Edu e Guille.
  • Baíñas: Fabián; Gustavo, Manu, Héctor, Dani; Santi, Kevin, Joel (Marcos), Raúl, Aníbal e Dylan.
  • Goles: 0-1, m.22: Joel aproveita un rexeite de Alex de Yi a tiro de Raúl; 0-2, m.35: Aníbal; 1-2, m.38: Mariño; 1-3, m.70: Raúl co peito remata un centro de Dylan; 2-3, m.80: Borja nun córner; 3-3, m.92: Hugo.

Con baixas chegaban os dous equipos, e era o Baíñas o que sorprendía con moita intensidade ante un Volantes que está nun momento baixo, esperando a fase. Avisaban os de Sanchiño e se metían por diante por medio de Joel e pouco despois Alex de Yi se lesionaba dando entrada a Xandre, un dos protagonistas do choque. Á media hora Aníbal non fallaba no man a man e facía o 0-2 nunha xogada na que os de Gus e Sil pedían fóra de xogo. Apareceu aí Xandre para parar un par ede mans a mans con Aníbal e outro de Raúl así como un tiro de Kevin, mantendo vivo ao seu equipo que recurtaba antes do descanso.

Na segunda saíron máis intensos na segunda, xogando en campo contrario e tendo ocasións, pero á contra Raúl remataba un centro de Dylan noutra xogada que pediron tamén fóra de xogo os laranxas.

Envorcábase o Volantes, con máis ritmo nos últimos 15 minutos, aparecendo tamén Xandre para manter o equipo, e os goles de Borja e Hugo, xa no desconto, para asinar o empate.

Malpica - Muxía B (9-2)

  • Malpica: Joel, Anxo, Pablo, Damián, Sergio, Luís, Jorge Parga, Julián, Fran, Aday e Cristian. Tamén: Ndoye, Diego Hombre, Eloy, Chicha e Adrián Pose.
  • Muxía B: Ángel, Prieto, Brais, Martín, Noé, Santi Bermúdez, Isma, Eloy Sambad, Baamil, Damián e Furelos. Tamén: Xabi Trillo, Alex Franco e Brais.
  • Goles: 1-0, m.5: Sergio; 1-1, m.8: Martín; 2-1, m.15: Luís; 3-1, m.42: Jorge Parga; 4-1, m.49: Sergio; 5-1, m.50: Aday; 6-1, m.51: Luís; 7-1, m.52: Aday; 7-2, m.66: Damián; 8-2, m.68: Sergio; 9-1, m.69: Fran.

Partido fácil para o Malpica ante un filial que non fixo moita oposición nin con balón nin sen el. Respondían os muxiáns ao tanto iinical de Sergio, pero Luís e Jorge Parga abrían distancia antes do descanso.

4 goles en apenas 4 minutos ao comezo da segunda parte daban conta do partido.

Laxe - Camelle (0-4)

  • Laxe: Rodri, Dani Torrado, Pedro, Elías, Djamel, Felipe, Raúl, Roi, Pablo, Samuel e Eliseo. Tamén: Brais, Juan e Unay.
  • Camelle: David C. (Joel); Vicente, David V., Ruso, Martín; Chans, Steven, Dido, Lucas Dios (Kampi), Josiño e Moha (Gabi).
  • Goles: 0-1, m.33: Moha; 0-2, m.56: Dido; 0-3, m.77: Dido; 0-4, m.88: Iván.

Non lle sae nada este ano ao Laxe de Ordóñez, que a pesar de dominar o primeiro tempo víase por deixado no marcador tras unha chilena de Moha, o primeiro tanto do que habitalmente xoga de porteiro. Na segunda xa saíron máis metidos os de Sergio, e Dido puña terra de por medio. O Laxe arriscou e acabou recibindo dous máis.

Oza - Seaia (3-0)

  • Goles: 1-0, m.57: Abib; 2-0, m.89: Nacho; 3-0 m.95: Raúl.

Partido igualado no Carral, cun Oza que saía dominando o xogo en ataque ante un Seaia ben cerrado atrás, sen deixar espazos a espalda para a carreira dos rápidos atacantes locais. Tiña o balón o Oza e tentaba adiantarse, pero os de Jorge Martínez ían repelendo os ataques, e saíndo ña contra, coas que aínda dispuxo dalgunha ocasión que non materializou.

Xa na reanudación o Oza comezaba a entrar máis polas bandas metendo balóns a área desde os laterais, e por aí conseguía o primeiro gol de Abib. O Seaia iríase cada vez máis arriba en busca do empate, para o que dispuxo dalgunha ocasión clara que non acertaría, e era ahora o Oza o que á contra mataba o partido co 2-0 e o 3-0, case no engadido.

Máis info

Todas as crónicas da 3ª FUTGAL