luns. 17.03.2025
El tiempo

3ª FUTGAL: O Zas supera ao Sofán B e escapa

+
Sporting Zas e Sofán sobre o céspede do Carral-Foto-Noe Touriñan
3ª FUTGAL: O Zas supera ao Sofán B e escapa

Disputábase a xornada 17, adiada a finais de xaneiro por un temporal, na 3ª costeira. Xornada protagonizada por un partidazo doutra categoría, que enchía o Carral e no que o protagonista foi un Sporting Zas, que superaba ao filial do Sofán nun duelo directo, sumaba a súa 10ª vitoria consecutiva e conseguía escapar na táboa, deixando ao cadro carballés a 4 puntos e a Volantes e Malpica a 5.
O Malpica sufría para superar a un Pereiriña inmerso na loita pola 6ª praza, mentres que o Volantes deixaba escapar 2 puntos de Miraflores ante un Nantón que vén de menos a máis.

Por abaixo, primeira vitoria do curso para o Laxe.

Malpica - Pereiriña (2-1)

  • Goles: 1-0, m.5: Luís de gol olímpico; 1-1, m.50: Juan oBello; 2-1, m.89: Cristian.

Partido marcado polo fortísimo vento en Pedra Queimada. O Malpica comezaba co vento a favor, e pronto se mete por diante aproveitándoo nun córner directo. Tivo máis chegadas o cadro local na primeira pero os de Cee aguantaron.

Cambiou o conto na segunda, e moi pronto Juan oBello facía o empate aproveitando o rexeite longo do porteiro local Abdu tras logo dun tiro de Martín. Puido caer o partido dos dous lados. Aday mandou un balón ao pau tras unha fermosa xogada, e Luís tivo varias chegadas por banda dereita. Pero tamén tivo que aparecer o meta local Ndoye para salvar un par de chegadas visitantes, e á contra facía dano o Malpica, que conseguía o gol da vitoria sobre o pitido final, cun chutazo de Cristian.

Inter de Brens - Seaia (2-5)

  • Goles: 0-1, m.11: Nando Torres; 0-2, m.38: Alex; 1-2, m.45: Miguel Papin; 1-3, m.61: Nando Torres; 1-4, m.78: Alex; 2-4, m.83: Adrián Pasantes; 2-5, m.82: Alex.

Partido moi ofensivo do Seaia dende o primeiro minuto de xogo,que comezaba pegando co tanto de Nando Torres. O Inter reaccionaba e facía empregarse a Lamas, que era expulsado por unha saída. Ao final da segunda un tanto por cada bando deixaba o partido aberto para a segunda.
Nando Torres volvía marcar na segunda, e o Inter de Brens quedaba con dous homes menos por expulsión, permitindo que o Seaia sentenciase á contra.

Muxía B - Baíñas (0-2)

  • Goles: 0-1, m,80: Kevin; 0-2, m.83: Chavico.

Bo partido deste mellorado filial muxián, ante un Baíñas que chegaba con moitas baixas, e nun campo de Arliña no que zoaba ben o vento. Os de Isidro dominaron a primeira metade a pesar de ter o vento en contra, e maniatou aos de Sanchiño.
Melloraron os visitantes na segunda, pero o partido non se decidía ata os minutos finais. Kevin adiantaba aos vimianceses; os locais respondían envorcándose e tendo unha serie de córners que a pique estiveron de superar a Fabián, e despois Chavico metía a sentenza.

Laxe - Buño (1-0)

  • Gol: 1-0, m.68: Abdel.

Primeira vitoria do Laxe de Ordóñez no curso, nun partido o que intentaban dominar pero sen profundidade. Tiveron os dous equipos un balón á madeira na primeira.

Comezaba mellor o cadro de Eliseo na segunda, pero pouco a pouco o Laxe foise facendo co partido. Raúl avisou cun balón ao pau, e tras un bo pase, Abdel conseguio poner o gol da vitoria que premia o gran traballo do equipo.

Cerqueda - Camelle (1-1)

  • Goles: 0-1, m.50: Lucas; 1-1, m.57: Brais.

Saíu moi pechado atrás o equipo de Sergio coa intención de cortar a hemorraxia de goles que levaban recibidos nas últimas xornadas. Cedeu o balón a un Cerqueda que dominaba pero non conseguía facer dano. Así e todo un par de mans a mans os locais que salvou David C., e uns córners perigosos.

Comezaba a segunda e nunha contra Lucas abría o marcador para os de Sergio. O partido rompeuse e Brais empataba cun centro chut.

Volantes - Nantón (1-1)

  • Goles: 1-0, m.57: Manu de Yi; 1-1, m.75: Jorge.

Con moitas baixas chegaba o Volantes para enfrontarse a un Nantón que vén de menos a máis, esperando atrás e buscando contras como as que fallaron, no man a man ante Manu de Yi, Jorge e Yago. O Volantes tiña o balón pero sen crear perigo.

Na segunda, o cadro local metse por diante, pero non consegue impoñer o seu ritmo e o cadro de Adrián Varela non lle perde a cara ao partido e consegue empatar nun erro da defensa local entre o defensa e o porteiro, Jorge marca a placer.

Sofán B - Zas (2-3)

11 do Sofan B - Sporting Zas no Carral-Foto-SD Sofan
11 do Sofán.Foto-SD
11 do Zas no Carral ante o Sofan B-Foto-Noe
11 do Zas no Carral ante o Sofan B-Foto-Noe
  • Goles: 1-0, m.10: Eloy Cabeza nun corner; 1-1, m.23: Dani Mato; 1-2, m.36: Dani Mato; 2-2, m.55: Nacho Moreno; 2-3, m.79: Pablo Fuentes.

Fermoso partido, moi igualado e moi vistoso, cunhas bancadas cheas, para a loita polo liderato. Un choque marcado pola estratexia (os 5 goles a balon parado) e cos porteiros, Iván Fraga e Guille, como grandes protagonistas.

O Carral ateigado no Sofan B - Sporting Zas
O Carral ateigado no Sofan B - Sporting Zas

Comezaron os carballeses cunha marcha máis, metendo gran intensidade, e adiantándose no marcador. Pero este Zas xa demostrou en varias ocasións que sabe reaccionar nos momentos adversos, e pouco a pouco foi levando o partido ao seu terreo. A presión e o dominio visitante deron os seus froitos cun inspirado Dani Mato, que asinou unha remontada espectacular antes do descanso: primeiro cunha falta directa á frontal da área e despois cun cabezazo nun córner que poñía o 1-2 no marcador ao intermedio.
Tivo tamén o Sofán un par de achegamentos, como un centro de Dani que case remata Adrián, para igualar unha igualada contenda.

Na segunda metade, o Sofán B saíu máis enchufado e obrigou ao Zas a redobrarse en defensa. Os visitantes non tiveron a mesma claridade ofensiva que na primeira parte, e tras un saque de banda longo, os locais lograron o 2-2 cun remate no segundo pau por medio de Nacho. O empate deixaba o partido aberto, e o Sofán gozou das ocasións máis perigosas no tramo final, pero cando máis sufría o Zas apareceu Pablo Fuentes para rematar de cabeza un corner e facer o 2-3 definitivo.

Sofan B - Sporting Zas no Carral-Foto-SD Sofan
Sofan B - Sporting Zas no Carral-Foto-SD Sofan

Máis info

Todas as crónicas da 3ª FUTGAL

Comentarios