mércores. 30.04.2025
El tiempo

3ª FUTGAL: O Oza abre fenda na loita pola 6ª praza

11 do SD Oza 03-2025
11 do SD Oza
3ª FUTGAL: O Oza abre fenda na loita pola 6ª praza

Quedan 8 xornadas para o final e a cousa segue igualada, con 4 equipos en apenas 5 puntos. Parte como favorito o Sporting Zas, que sumou a súa 11ª vitoria consecutiva, e ten 4 puntos de marxe sobre o Sofán B e 5 sobre Volantes (ten un partido menos) e Malpica. Ningún dos 3 perseguidores tropezaron desta volta.

Co Cerqueda ben situado para asegurar a promoción, semella que a loita pola 6ª praza vaise clarexando, trala vitoria do Oza ante o Baíñas, rival directo que chegaba ao Carral a só 4 puntos, e a derrota do Pereiriña ante o líder. Os ceenses quedan a 5 agora do Oza.

Buño - Sofán B (0-5)

Sofan SB B en Xavina
Sofán SB B en Xaviña
  • Buño: Piña, Adrián pose, Facal, Mamadou, Jose Castro, Eloy Santos, Andrés, Sarr, Fran, Alan e Jesús. Tamén: Rubén e Pablo.
  • Sofán: Iván Fraga, Samul, Raúl, Iván, Breo, Christian, David, Nacho Eirís, Nacho Moreno, Adrián Vázquez e Isma Ramos. Tamén: Saydo, Marcos, Ceide, Álvaro e Íker.
  • Goles: 0-1, m.33: Adrián Vázquez; 0-2, m.44: Adrián Vázquez a balón parado; 0-3, m.49: Isma Ramos; 0-4, m.55: Saydou Tacko; 0-5, m.65: Adrián Vázquez.

Partido disputado o venres pola Mikaela, no que o Buño se plantaba cunha moi seria defensa que impedía que o filial carballés chegase con perigo. Foi Adrián Vázquez o que rompía a igualada á media hora, e conseguía, na última xogada do primeiro tempo, facer un segundo que fixo dano a un Buño de Lilo que estaba a facer unha gran primeira metade.

O terceiro ao comezo da segunda rompeu o choque.

Volantes - Inter de Brens (4-2)

  • Volantes: Alez de Yi, Dani Mariño, Josiños, Héctor, Rober, Miguel, Alex Louro, Fran Rama, Javi, e Borjs. Tamén: Jesús, Hugo e Edu.
  • Inter: Costa, Diego, José Ángel, Fabián, Ricardo, Regueira, Miguel, Alex Castro, Juan Lagoa, Torices e Adrián Pasantes. Tamén: Brais.
  • Goles: 1-0, m.15: Borja; 2-0, m.16: Josiño de tiro axustado ao poste; 3-0, m.27: Dani Mariño de córner directo; 3-1, m.46: Adrián Pasantes marca un golazo; 4-1, m.67: en propia; 4-2, m.86: en propia.

Saían confiados os laranxas, e os ceenses tiveron dúas claras ocasións para meterse por diante por medio de Adrián Pasantes e Fabián Barreiro. Pero na primeira chegada dos locais, gol de Borja, e na seguinte Josiño fai o segundo para os de Gus e Sil. Estaba algo noqueado o cadro de Javichu e Dani Maríño ampliaba a renda de gol olímpoco á media hora.

Nada máis comezar a segunda o Inter metíase no partido cun golazo de Adrián Pasantes. Aí, co vento a favor, o Inter apretou varios minutos, e puido ter recurtado antes do cuarto dos locais.

Ambos equipos queixáronse a labor da contenda 3 membros do equipo local no treito final a pesar de ser un partido perfectamente limpo e estando ademais decidido.

Seaia - Camelle (1-4)

  • Seaia: Anxo, Erik, Alex, Alejandro, Martín Costa, Diego, Jorge Calvete, Manu Castro, Kevin e Iván Tamén: Marcos, Brais Vllar, Juni, Raúl e Pablo.
  • Camelle: David C., Vicente, Dido, David V. (Ruso), Martín, Chans, Steven, Josiño, Kampi (Lucas Dios), Sandro (Paulo) e Lucas (Pirata).
  • Goles: 1-0, m.10: Erik; 1-1, m.12: Sandro; 1-2, m.19: Sandro; 1-3, m.74: Josiño de vaselina; 1-4, m.85: Lucas.

Saía o equipo local moi metido no partido e pronto se metía por diante. Pero de contado, dúas internadas de Sandro pola dereita lle daban a volta ao marcador, para meter aos de Sergio por diante.

O Seaia tomaba o mando de novo, cun Erik imperial, e puido empatar.

Na segunda o partido vai perdendo enerxía e o Camelle aproveita para sentenciar cunha fermosa vaselina de Josiño e con dúas internadas pola esquerda de Lucas, que unha acaba en gol.

Oza - Baíñas (4-0)

  • Oza: Samuel, Brais Bolón, Alexis (Saad), Archi, Puñal (Casais), Cristian (Javi), Salah, Crespo (Lagoa), Lavandeira, Abib (Fernando) e Nacho.
  • Baíñas: Fabián, Raúl, Rodri, Manu, Dylan, Kevin, Fabio, Santi, Brais, Pablo, e Aníbal. Tamén: Gus, Adrián, Dani, Leo e Edu.
  • Goles: 1-0, m.11: Nacho de gran remate de cabeza nun córner; 2-0, m.38: Salah; 3-0, m.83: Fernando; 4-0, m.84: Salah.

Partido igualado no que a maior pegada cara portería dos carballeses decidiu o partido. O Oza saía máis enchufado e creaba problemas na defensa dos de Sanchiño, e nun córner, Nacho demostraba a súa potencia cun golazo de cabeza. Igualouse a contenda, ata que antes do descanso Salah ampliaba a renda para os locais.

Colleo o mando do partido no medio campo o Baíñas despoos dun arreón inicial dos de Míchel Sande no comezo da segunda metade. E tiveron aí os vimianceses dúas ocasións claras para meterse no partido, cun man a man e un tiro ao longueiro. Pero o Oza fixo cambios e comezou a percutir aproveitando a velocidade Archi e Nacho, sentenciando por medio do xuvenil Fernando, que se estreaba esta temporada cos maiores.

SD Oza celebrando nova vitoria
SD Oza celebrando nova vitoria

Nantón - Cerqueda (1-1)

  • Goles: 0-1, m.40: Salah; 1-1, m.93: Jorge Rey de penalti.

Partido gris nas Fontiñas, cun Cerqueda algo mellor, pero un Nantón, que viña de facer moi bos partidos, moito máis incómodo do esperado. Poucas ocasións e era o cadro de Gurita o que se adiantaba nunha xogada na que os locais pedían que o balón saíra por liña de fondo.

Na segunda mellorou o equipo de Adrián Varela, pero seguían espesos ante un Cerqueda que tivo as súas ocasións para matar o partido. Aínda quedaba con 10 o cadro local pola expulsión do incombustible Carlos Vidal, pero con fe, o equipo local seguíu empuxando ata que no desconto, un derribo do meta visitante Mateo sobre Manuel, propiciaba unha pena máxima que convertiu Jorge Rey a pesar de que Mateo estivo a piques de paralo.

Pereiriña - Zas (0-1)

  • Pereiriña: Xacobe, Ozón, Oca, Estebo, Aitor, Pablo, Carlos Leis, Jose, Gabri, Juan oBello, Tito. Tamén: Maikel, Eloy, Iván Sambad, David e Sergio.
  • Zas: David, Adri Rama, Fuentes, Roberto Amoedo, Redondo, Marcos, Juan Touriñán, Estefan, Darío, Dani Mato e Raúl Corzón. Tamén: Guille, Eloy Moreira, Andrés, Peke e Adrián.
  • Gol: 0-1, m.70: Andrés.

Pereirina-Zas

Encontro condicionado polo vento ao que cadro local chegaba con moitas baixas, mesmo o adestrador. Joaquín Quintáns. O Zas levaba o peso do partido mentres que o Pereiriña apostaba por un bloque baixo e buscaba saír rápido por banda e con Juan oBello ao mando das operacións. Nos primeiros 20 minutos, o Zas tivo as ocasións máis claras: Raúl estrelou un remate no longueiro e pouco despois o porteiro do Pereiriña salvaba un disparo a bocaxarro. Pero o partido foi perdendo fol e acabou sosa a primeira metade.

Comezaba igual a segunda, pero co paso dos minutos os locais ían baixando forzas. O Zas non se precipitou e esperou o seu momento, que chegaría nunha xogada de estratexia tras un córner, na que Andrés remataba con precisión para facer o 1-0 no marcador.

A partir do gol, pouco pasou sobre o céspede do San Paio de Refoxos.

Laxe - Malpica (2-4)

11 do SCD Malpica en Laxe 03-2025
11 do SCD Malpica en Laxe
  • Laxe: Jacobo, Roi (Brais), Pérez, Pablo, Elías, Djamel, Felipe, Pedro, Alex (Torrado), Raúl e Abdel.
  • Malpica: Joel, Eloy Vilas, Anxo, Pablo, Eloy Suárez, Damián, Sergio, Luis, Aday, Chicha e Cristian. Tamén: Ndoye Fran, Jorge Parga, Lema e Raúl.
  • Goles: 1-0, m.3: Alex; 1-1, m.15: Luís; 1-2, m.21: Chicha; 1-3, m.27: Chicha; 1-4, m.43: Sergio. 2-4, m.55: Alex.

Empezou ben o Laxe no Cabo da Area Rogelio Martínez, xogando ben o primeiro cuarto de hora e mesmo meténdose pronto por diante. Pero aproveitou o Malpica o primeiro erro dos de Ordóñez, e xa empataba. Desapareceu o cadro local ata o final do primeiro tempo e Chicha e Sergio deixaron o partido sentenciado.

Na segunda o Laxe intentou competir mellor. Recurtou pero pronto se quedaron con 10 pola expulsión de Djamel. Así e todo os locais seguiron intentándoo e recurtaron ante un Malpica que tamén puido marcar algún máis á contra.

Máis info

Todas as crónicas da 3ª FUTGAL

Comentarios