3ª FUTGAL: O Malpica alonxa ao Volantes da loita polo ascenso directo

A falta de 7 xornadas seguen vivas 3 loitas na 3ª FUTGAL. Por arriba, o título e a primeira praza de ascenso directo ten un nome posto pero sen nada asegurado: O Sporting Zas sumou a súa 12ª vitoria consecutiva, e con todo, apenas saca 4 puntos ao Sofán B e 5 ao Malpica. Os dous conxuntos, ademais de pelexar polo título se o Zas comeza tropeza, mandan na loita pola segunda praza de ascenso, con permiso dun Volantes que esta xornada caía en Pedra Queimada ante o propio Malpica, que lle saca agora 3 puntos (co golaveraxe individual igualado, polo que cada gol contará de aquí ao final de liga).
Co Cerqueda afianzado na 5ª praza, a loita pola 6ª praza, a última de promoción, é a terceira pelexa aberta. O Oza vencía en Camelle e saca 5 puntos a un Pereiriña que no a dá por perdida tras gañar ao filial muxián. Os que si parece que non darán chegado son Baíñas e Nantón que selaron un empate que lles vale de pouco para alcanzar aos carballeses.
Baíñas - Nantón (0-0)
- Baíñas: Fabián; Raúl, Rodri, Dylan (Gustavo), Dani; Santi, Kevin (Tajes), Pedro, Chavico (Edu), Manu e Chipi.
- Nantón: Jose Vidal, Mikel, Adri Abelenda, Fran Pombo, Jorge Rey, Nando, Sevillano, Fuentes, Josué, Javi Muíño e Iago Torres. Tamén: Álvaro, Dany Añón, Julio César, Dani Castro e Juan.
Partido no que os porteiros foron os protagonistas e que puido caer do lado de calquera, ero acabou en empate. Primeira metade descontrolada, marcada polo vento. Os vimianceses tiñan o vento a favor e dominaban territorialmente pero só inquedaron con tiros loxanos. A mellor ocasión, un man a man de Yago Torres que salva Fabián.
A segunda metade foi máis aberta, cun Nantón algo máis combinativo, que tivo varias boas ocasións (Jorge de cabeza, un tiro de Maikel, dúas de Jorge, un balón de Jorge ao pau) nas que se volveu atopar cun imperial Fabián baixo paus. Con todo, a ocasión máis clara do partido foi para o Baíñas, un penalti que Jose Vidal lle para a . Aínda no desconto Manu tivo un remate nun corner para levar o partido para os locais, pero finalmente queda un empate que lles sabe a pouco aos dous.
Muxía B - Pereiriña (0-5)
- Muxía B: Xavi Trillo, Prieto, Damián Trillo, Mario, Martín, Noé, Santi, Eloy Sambad, Adrián Baamil, Damián Soneira, Furelos. Tamén: Brais, Isma, Alex Franco, Brais e Antonio.
- Pereiriña: Maikel, Ozón, Diego Oca, Calo, Sertgio, Pablo, Brais Lagoa, Juan oBello, Martín, Charlu e Tito. Tamén: Xacobe, Jose, Isma Graíñño, Gabri, David.
- Goles: 0-1, m.15: Tito; 0-2, m.52: Martín; 0-3 m.57: Brais Lagoa; 0-4, m.60 Juan oBello; 0-5, m.85: Tito.
Mal partido defensivamente do filial muxián que segue sufrindo atrás a pesar de ter moi bos minutos con balón. Estaba dominando o equipo de Isidro, pero era Tito o que abría o marcador para os de Joaquín Quintáns, que non estaban finos, e que non sentenciaban a pesar de ter varias xogadas de Brais, Juan oBello e Martín.
Si que tivo varias ocasións, mesmo un balón ao longueiro o cadro muxián, pero falta intensidade en varias pezas chaves do equipo de Isidro, que pouco a pouco foise indo do choque e permitindo a goleada ceense.
Zas - Seaia (2-1)
- Zas: Guille, Adrián Rama, Pablo Fuentes, Roberto Amoedo, Juan Touriñán, Redondo, Marcos, Estefan, Darío, Andrés, Dani Mato. Tamén: Eloy Moreira, Álvaro Fariña, Mauro, Raúl Corzón e Adrián Domínguez.
- Seaia: Lamas, Marcos, Brais, Kevin Reino, Alex Mato, Alex García, Martón Costa, Nando Torres, Diego, Raúl e Juni. Tamén: Jorge Calvete, Manu Castro e Pablo.
- Goles: 0-1, m.10 Juni; 1-1, m.32: Roberto Amoedo dende o medio campo; 2-1, m.58: Raúl Corzón de penalti.

Partido igualado en San Andrés, cun ambiente propio do tramo final da tempada, onde cada punto vale ouro. O Seaia comezou sorprendendo e adiantouse moi pronto no marcador cun balón ás costas da defensa do Zas, que Juni aproveitou para facer o 0-1. O Seaia estaba moi ben plantado, con Lamas e a defensa moi firme, pero a resposta local non se fixo esperar, dominando a posesión e xerando varias ocasións claras, pero sen acerto ante a portería do Seaia. Á media hora, Juni lesionábase nos visitantes e Adrián Rama vía o cartón vermello, deixando ao equipo de Rubén Forján e Pereiro cun home menos para o resto do encontro.
Pero este Zas ten carácter de campión, e apenas uns minutos despois, Roberto Amoedo sacou un disparo espectacular dende o medio do campo que entrou pola escadra, un auténtico golazo imposible de deter para o porteiro do Seaia, poñendo o 1-1 e devolvendo a esperanza aos locais.

Na segunda metade, a pesar da inferioridade numérica, o Sporting Zas saíu mellor, controlando o balón e xerando ocasións, ata que o árbitro sinalou penalti por man dentro da área. Raúl, converteu desde os once metros para darlle a volta ao marcador e poñer o 2-1 no marcador.
Os últimos minutos foron de empuxe do equipo de Jorge, que buscou a igualada con balóns longos, e tivo unha boa falta botada por Dimaga que Guille sacou a córner, ao que mesmo subíu Lamas que a pique estivo de rematar, pero o Zas aguantou sumando a súa 12ª vitoria seguida.
Con este tanto Corzón suma 28, a 2 goles do actual pichichi da categoría, o carballés Isma Ramos (30) e un por riba do compañeiro deste Adrián Fraga (27). Salah do Cerqueda ten 20, mentres que Raúl Lestón (Volantes). Lucas (Camelle) e Nacho (Oza) suman 18.

Camelle - Oza (1-2)
- Camelle: David C., Vicente, Dido, Ruso (Raiku), Martín; Steven, David V., Fabián (Lucas Dios), Kampi (Sandro), Josiño; e Lucas (Gabi).
- Oza: Sanuel, Brais Bolón, Lagoa, Archi, Nico (Fernando), Cristian (Alberto), Salah, Crespo (Alexis), Lavandeira, Abib (Puñal) e Nacho.
- Goles: 0-1 m.11: Abib controla e define tras un centro de Cristian; 0-2 m.16: Archi tras un penalti cometido sobre el mesmo; 1-2, m.46: Lucas de vaselina.
Comezou moi forte o Oza, que en 10 minutos se colocaba con 0-2. Pero o Camelle reaccionaba e non baixaba os razos, trenzando algunha xogada e metendo o balón en campo contrario. Tamén o Oza saía á contra con perigo.
Nada máis sacar de centro Lucas recortaría cun belo gol de vaselina. Chegaba aí unha sempre innecesaria tangana que acabou coas expulsións de Vicente polos locais e Archi polos visitantes por endosarse sendos puñetazos.
O choque convertiuse nun ida e volta con ocasións en ambos lados, que puido acabar con empate ou con goleada.

Malpica - Volantes (3-0)
- Malpica: Abdu, Eloy Vilas, Anxo, Pablo, Damián, Diego, Eloy Suárez, Cristian, Chucha, Aday e Luís. Tamén: Joel, Fran, Adrián Pose, Sergio e Julián.
- Volantes: Xandre, David, Dani Mariño, Barreiro, Jesús, Manu de Yi, Javi, Manuel, Miguel León, Héctor e Alex Louro. Tamén: Alex de Yi.
- Goles: 1-0, m.18: en propia tras unha falta lateral; 2-0, m.30: Chicha de cabeza a centro de Luís; 3-0, m.67: Fran.
Con moitas baixas chegaba a este trascendental partido o cadro de Sil e Gus, con 3 xuvenís e un cadete no 11 e só un porteiro de suplente (varios lesionados e enfermos, algún sancionado e mesmo un derbi coa Esteirana dos xuvenís na xornada sabatina). Comezaron moi ben os locais, circulando de lado a lado, e facendo cambios de orientación, e chegando con profundidade polas bandas. Tiveron sorte os de David Baña no primeiro tanto, pero pouco despois Chicha facía un golazo de cabeza. Seguía o Volantes sen volverse tolo e o Malpica dominaba con solvencia.
Co vento a favor si que se estiraron os muradáns na segunda, tendo mesmo un man a man de Manu de Yi que foi ao poste. E cando mellor estaban apretando, chegaba o terceiro nunha contra de Fran de cabeza tras outrpo gran centro de Luís, que deixaba o choque sentenciado. Tivo aí varias o Malpica pero non foi quen de recuperar o golaveraxe tralo 3-0 da ida.
Cerqueda - Buño (3-1)
- Cerqueda: Mateo, Carlos, Andy, Dani Reigía, Marcos Pensado, Iván Rey, Edu, Schuster, Palermo, Salah e Brais Costa. Tamén: Hugo, Christian, Sergio e Víctor.
- Buño: Pablo Lema, Rubén Canto, Hugo Álvarez, Adrián Pose, Facal, Jesus, Alan, Fran Santiago, Andrés, Eloy Santos e Jose Castro. Tamén: Ciss.
- Goles: 0-1, m.48: Andrés; 11, m.52: Brais Costa; 2-1, m.62: Salah; 3-1, m.75: Christian Velo.
Derbi dominado polos locais, ante un cadro oleiro moi mermado, pero que aguantaron ben as embestidas locais no primeiro tempo, e mesmo se colocaban por diante os de Lilo nada máis saír dos vestiarios na segunda. Parece que espertou aos de Gurita o gol, que pronto empataron e pouco a pouco foron a mans selando a vitoria cos tantos de Salah e Christian Velo.
Sofán B - Laxe (8-0)
- Goles: Christian, Adrián Vázquez (2), Iván, Ismas Ramos (2), Breo Rey e Nacho Moreno.
Dende o comezo saíu por todo o filial, e Christian de falta xa abría o marcador ante un Laxe que non puido competir ao ter ademais moitas baixas. Adrián Vázquez marcaba o segundo pronto tras un centro lateral. Aguantou aí o Laxe ata o descanso, cun gran Jacobo na portería.
Pero na segunda metade, os locais estiveron máis acertados, e o terceiro nada máis sacar de centro xa deixou o choque encarrilado. O Laxe apenas inquedou a meta do xuvenil Diego.
Máis info
- Todas as táboas ligueiras en www.futboldacosta.com.
- Os cadros da Copa da Costa en www.copadacosta.com.
Todas as crónicas da 3ª FUTGAL
- X.22: O Oza abre fenda na loita pola 6ª praza.
- X.17: O Zas supera ao Sofán B e escapa.
- X.21: O Cerqueda non cedeu ao asalto do Oza.
- X.20: O Oza tamén frea ao Sofán B e Zas e Volantes colócanse colíderes.
- X.19: O Malpica, único dos 4 de cabeza que tropeza.
- X.18: O Zas alonxa ao Cerqueda.
- X.16: O Sofán B ponse de líder ante a vitoria do Zas ao Malpica.
- X.15: O Malpica lidera un grupo de 5 equipos con opcións a todo.
- X.14: 5 equipos están en apenas 7 puntos de diferencia.
- X.13: O Zas golea ao Volantes e o Malpica bate co Cerqueda.
- X.12 : Zas e Volantes apretan a parte alta.
- X.11: Malpica e Sofán B selan as paces.
- X.10: Quedan 5.
- X.9: O Sofán B peta na mesa
- X.8: O Volantes supera a un gran Malpica e o Sofán B aproveita e ponse de líder.
- X.7: 4 equipos destacados.
- X.6: O Malpica tamén gaña o derbi ante o Buño e se mantén arriba de todo.
- X.5: Tres equipos invictos.
- X.4: Volantes e Malpica póñense por diante.
- X.3: Só tres equipos permanecen invictos trala terceira xornada.
- X.2: A Festa do gol.
- X.1: Ningún empate na xornada da histórica estrea do Inter de Brens.