domingo. 09.02.2025
El tiempo

3ª FUTGAL: O Zas alonxa ao Cerqueda

Sporting Zas - UD Cerqueda-Foto-Noe Tourinan 1
Andrés controla o balón no Sporting Zas - UD Cerqueda-Foto-Noe Touriñán
3ª FUTGAL: O Zas alonxa ao Cerqueda

Quédase algo lonxe o Cerqueda do primeiro vagón tras caer en Zas. As vitorias de Sofán B, Malpica e Volantes, provocan unha fenda de 8 puntos entre estes catro equipos (que, liderados polo Sofán B están nun pano de 2 puntos) e o propio equipo cerquedán.

Polo demais, na loita por esa 6ª praza que quedará en xogo, o Oza supera a un Pereiriña que nada puido facer coo líder. O Baíñas métese na pelexa de cheo tras vencer no Rodeiro, e o Nantón non quere baixarse de aí a pesar de descansar.

Camelle - Baíñas (2-3)

  • Camelle: David C.; Vicente, David V., Ruso (Raiku), Martín; Chans, Steven, Fabián (Macareno) (Lucas Dios), Kampi (Gabi), Sandro e Lucas.
  • Baíñas: Fabián; Raúl, Dylan, Héctor, Manu; Santi (Leo), Kevin, Aníbal (Pedro), Ruly, Pablo (Tajes) e Joel (Pedro).
  • Goles: 0-1, m.12: Ruly de tiro dende fóra da área que bota na lama e despista a David; 1-1, m.17: Lucas; 1-2, m.24: Pablo; 1-3 m.38: Ruly; 2-3, m.82: Lucas de penalti.

O céspede do Rodeiro volvía condicionar o partido, cunha zona central enlamada polo paso continuo dos temporais. Así que tocaba, como non, xogo directo, segundas xogadas e moita brega.

Comezaba pegando o cadro de Sanchiño, cun gol de Ruly dende fóra da área aproveitando o bote irregular Pronto empataban os de Sergio, nunha contra cunha fermosa volea cruzada de Lucas pola escuadra. Pero no ir e vir, volvía adiantarse o Baíñas cun golazo de Pablo dende fóra da área. Tivo aí o cadro local un par de contras e un par de córners, pero antes do descanso, sería o Baíñas o que ampliaba a renda nunha xogada individual de Ruly.

O Camelle saía moito mellor na segunda, máis intensos, levando os duelos e rexeites e chegando con perigo.. No treito final, Lucas recurtaba tras un penalti dubidoso. A raíz deste gol o Camelle tirouse para diante e dominou o partido poñendo en apretos a Fabián que con moi boas paradas fixo que o marcador non se movera máis. Sandro tivo a mellor ocasión pero o seu tiro dende lonxe batería no longueiro, botaba na liña de gol e saía fóra.

Seaia - Malpica (0-2)

11 do Seaia en Pedra Queimada

  • Seaia: Lamas, Marcos, Brais, Alex Mato, Alex García, Alex Pérez, Jorge Calvete, Iván, Juni, Nando Torres e Martín Costa. Tamén: Erik, Kevin Reino, Manu Castro, Diego e Raúl.

11 do Malpica SCD en Pedra Queimada coa Deputacion

  • Malpica: Joel, Anxo, Pablo, Eloy Vilas, Luisma, Damián, Adrián Pose, Cristian, Aday Mato, Chicha e Charro. Tamén: Ndoye, Fran Lema, Julián, Jorge Parga e Sergio.
  • Goles: 0-1, m.70: Cristian; 0-2, m.93: Damián.

Sufríu o Malpica para sacar os tres puntos do derbi de Pedra Queimada (campo que espera a súa necesaria renovación do céspede). O cadro de David Baña comezaba controlando o balón e xerando algo de perigo pola banda de Luis, chegando a ter dúas ocasións claras nas botas de Cristian e Chicha. Pero eran as defensas as que se estaban impoñendo nun choque con bastantes interrupcións froito da intensidade.

A segunda comezaba de xeito semellante, cun Malpica algo máis arriba, dirixido por un Aday que estaba facendo un auténtico partidazo. Chicha avisaba cun balón ao traveseiro e momentos despois Luis saca un centro medido para a cabeza de Cristian quee anota o primeiro para o Malpica.

Reaccionou o cadro de Jorge Martínez, na busca do empate, pero a defensa do Malpica repelía ben os balóns directos do Seaia. Nos últimos minutos, co Seaia envorcado e con presas, chegaría o 0-2 nun doble erro de Lamas, que ata ese momento estaba a facer un partido fantástico, pero que permitía a Damián sentenciar o partido.

Zas - Cerqueda (2-1)

11 do Sporting Zas ante o Cerqueda

  • Zas: Guille, Roberto Amoedo, Juan Touriñán, Adrián, Pablo Fuentes, Redondo, Andrés, Brais, Darío, Fran e Marcos. Tamén: Eloy Moreira, Álvaro Fariña, Mauro, Adrián Domínguez e Estefan.

11 do Cerqueda en San Andres-Foto-Noe Tourinan

  • Cerqueda: Mateo, Hugo Fraga, Andy, Marcos Pensado, Dani Reixía, Andi Rei, Brais, Alex, Salah, Hugo Paredes e Palermo. Tamén: Christian, Carlos, Víctor e Iván Rey.
  • Goles: 1-0, m.66: Andrés; 2-0, m.83: Adrián Domínguez; 2-1, m.92: Víctor.
Zas e Cerqueda en San Andres contra o cancro-Foto-Noe Tourinan
Zas e Cerqueda en San Andres -Foto-Noe Touriñán

Tenso, intenso e igualado partido en San Andrés con moito en xogo. Dende o pitido inicial, ambos equipos deixaron claro que non ía haber concesións. O Zas apostou por sorprender cos xogadores de segunda liña, tentando gañar ás costas da defensa do Cerqueda. Nesta primeira metade, as ocasións máis claras para os locais foron un man a man de Adrián Rama co porteiro e unha boa xogada por banda esquerda de Andrés que non se logrou finalizar na área pequena.
Pero o Cerqueda, moi firme en defensa, tamén tivo varias chegadas claras, moi atentos ás segundas xogadas e intentando conectar rapidamente cos seus homes de ataque. Palermo e Salah xeraron perigo nas transicións ofensivas e tamén a balón parado, onde os visitantes sempre foron unha ameaza.

O desgaste físico foi enorme, e iso notouse no último cuarto de hora da primeira metade, onde o ritmo baixou lixeiramente despois dunha fase inicial moi intensa. Co 0-0 no marcador, chegouse ao descanso con todo por decidir.

Sporting Zas - UD Cerqueda-Foto-Noe Tourinan
Foto: Noe Touriñán

 

Na reanudación seguiu un guión semellante ao da primeira parte, con ambos equipos buscando o gol, aínda que con menos intensidade debido ao desgaste físico. A medida que pasaban os minutos, as liñas comezaron a separarse, abríndose espazos e deixando máis opcións para as xogadas ofensivas. Nunha destas accións, Redondo atopou un pase para Andrés, que definiu para facer o 1-0 e poñer por diante ao Zas. Este gol impulsou ao Zas, que seguiron buscando ampliar a vantaxe, e lograron facelo grazas a un auténtico golazo de Adrián Domínguez, que enganchou unha volea espectacular para poñer o 2-0.

O Cerqueda, que deixou unha gran imaxe en Zas, non se rendeu e conseguiu recortar diferenzas nos minutos finais tras unha cesión curta que foi aproveitada polo seu dianteiro Víctor, establecendo o 2-1 definitivo.

 Sporting Zas - UD Cerqueda-Foto-Noe Tourinan3
Foto: Noe Touriñán

Pereiriña - Sofán B (0-4)

Pereirina-Sofan B-FOto-SD
Foto: SD
  • Pereiriña: Miguel, Adrián Ozón, Estebo, David Marcote, Brais Lagoa, Carlos Leis, Martín, Gabri, Juan oBello, Isma e Tito. Tamén: Eloy e Sergio.
  • Sofán B: Marcos Varela; Borja, Samuel, Nacho, Raúl; Breo, Eloy; Adrián (C), Dani Calvete, Marcial e Isma.
  • Goles: 0-1, m.14: Marcial Vázquez; 0-2, m.17: Adrian Vázquez Fraga; 0-3, m.33: Isma Ramos de penalti; 0-4, m.60: Isma Ramos.
Pereirina-Sofan B-FOto-SD 3
Foto: SD

Con 13 xogadores e sen porteiros (tivo que poñerse Miguel baixo paus) chegaba o Pereiriña para enfrontarse ao líder, e o partido foi sentenciado moi pronto. O cadro de Barca saía moi intenso, con presión alta, e aos 20 minutos xa marcaran dous tantos, indo 0-3 ao descanso. Segunda metade de trámite, tendo o equipo de Joaquín Quintáns un par de ocasións por medio de Brais que non acertaría.

Pereirina-Sofan B-FOto-SD 2
Foto: SD

Oza - Inter de Brens (7-1)

11 do SD Oza contra o Cancro
11 do SD Oza contra o Cancro
  • Oza: Samuel, Brais Bolón, Lagoa (Alexis), Salah (Jorge), Cristian (Casais), Nico (Raúl), Archi, Crespo, Lavandeira, Abib (Saad), e Nacho.
  • Inter de Brens: Ema, Diego, José Angel, Regueira, Evaristo, Miguel, Alex Castro, Torices, Ricardo, Mbala e Jorge Trillo. Tamén: Fabián, Santi Agulleiro, Marcos e Costa.
  • Goles: 1-0, m.19: Nacho; 2-0, m.45: Abib; 2-1, m.50: Ricardo; 3-1, m.60: Salah; 4-1, m.61: Nacho; 5-1,m .67: Salah; 6-1, m.69: Archi; 7-1, m.81: Archi.

Superiores os carballeses sobre todo no segundo tempo, despois dunha primeira metade igualada na que Nachi abría o marcador para os Miguel Angel Sande e Abib ampliaba a renda ao fío do descanso. Pero o gol nada máis volver dos vestiarios dos de Javi Barrientos, parecía que metía aos ceenses no partido. Pero comezaron a aparecer erros da defensa e do porteiro e o Oza sentenciou con 4 goles consecutivos en menos de 10 minutos.

Buño - Volantes (1-4)

  • Buño: Piña, Rubén Canto, Pablo, Hugo, Adrián pose, Facal, Alan, Edu Souto, Brais Fraga, Martín e Ciss. Tamén: Fran Santiago, Cristian, Eloy Santos, Jose Castro e Miguel Mallo.
  • Volantes: Alex de Yi, David Carballo, Héctor, Barreiro, Alex Louro, Isma, Hugo, Javi Romero, Manu de Yi, Raúl Lestón e Borja. Tamén: Fran Rama e Róber.
  • Goles: 1-0, m.28: Brais Fraga; 1-1, m.34: Borja; 1-2, m.69: en propia; 1-3, m.80: Raúl Lestón; 1-4, m.91: Manu de Yi.

Primeira metade igualada na que os de Sil e Gus comezaban combinando e chegando por bandas, pero pronto parecían relaxarse ante un cadro de Lilo moi ben armado atrás, que comezaron a traspasar liñas con ocasións como as que tivo o dianteiro Brais cun man a man diante da portería e un testarazo de cabeza. O propio Brais abrñia o marcador, pero antes do descanso Borja empataba para os laranxas.

Na segunda parte subiron o ritmo os muradáns, que se adiantaban con algo de fortuna cun gol en propia tras un centro lateral. Intentou aguantar o cadro de Lilo pero acabou levando unha derrota demasiado abultada cos tantos de Raúl e Manu de Yi.

Laxe - Muxía B (2-2)

  • Laxe: Jacobo, Elías, Felipe, Pablo, Martín (Halal), Samuel, Pedro (Unay), Raúl, Elías Galeano (Djamel), Alex e Ismael (Eliseo).
  • Muxía B: Ángel, José uís, Mario, Damián, Martín, Noé, Santi, Adrián Baamil, Damián, Fabián e Furelos. Tamén: Xabi, Brais Santiago, Alex Franco e Brais Rod..
  • Goles: 0-1, m.35: Fabián; 1-1, m.37: Felipe de cabeza; 1-2, m.50: Fabián; 2-2, m.81: Djamel.
Laxe e Muxia B contra o cancro
Laxe e Muxia B contra o cancro

Partido igualado, con poucas ocasións e moitas imprecisións e con moito vento. O Laxe, a base de intensidade e veteranía ante un equipo moi novo, dominaba, pero era o filial o que se adiantaba por medio de Fabián nun rexeite nun córner. Pero apeas dous minutos Felipe empataba para os de Ordóñez.

Na segunda dominaba combinaba máis o cadro de Isidro, e pronto Fabían facía o segundo. Chegaba ademais a expulsión do local Alex, pero o filial non foi capaz de calmar o xogo, e malia ter un par de ocasións, non pechou o partido e o Laxe comezou a apretar, ata empatar de penalti. Aínda tivo un balón ao pau xa co partido tremendamente bronco, que acababa cunha tangana final e tres expulsados (Raúl e Felipe polos locais e Adrián Furelos polos muxiáns).

Máis info

Todas as crónicas da 3ª FUTGAL

Comentarios