Martes. 19.03.2024
El tiempo

Lobelos, adestrador do Muxía: "O Cairo é outa historia, pero a este equipo encántalle xogar estos partidos"

Diego Lobelos Adestrador do Muxia-Foto-David Castro
Diego Lobelos, Adestrador do Muxía-Foto-David Castro
Lobelos, adestrador do Muxía: "O Cairo é outa historia, pero a este equipo encántalle xogar estos partidos"

Falamos con Diego Lobelos, adestrador do equipo senior do Muxía, que nos analiza o seu club que está na 5ª posición da Liga da Costa, e nos conta como sente o fútbol e a súa vida de adestrador. Ademais, non perdemos de vista o partido da xornada, que terá lugar no Cairo ante todo un Corme, líder da categoría.

 
  • QPC: Diego, para a xente que non te coñece. Cal é a túa experiencia no mundo do fútbol?

Levo adestrando dende que teño 20 anos, empecei na base do Fisterra durante cinco tempadas, pasei por Carnota, Dumbría oito anos, Bergantiños, Lira e agora en Muxía.

 
  • QPC: Que significa para ti ser adestrador?

Adestrar é a miña ilusión dende que era un neno e acompañaba o meu pai, que por aquela era o adestrador do Fisterra.
Formeime e sigo a facelo para mellorar cada día.

 
  • QPC: O adestrador, nace, faise ou fante?

Eu creo que un pouco de todo, a miña experiencia é un cúmulo das tres. Déronme a oportunidade cando non tiña formación, a partir de ese momento, non parei de aprender.

 
  • QPC: Que diferencia encontrás de adestrar a seniors ou base?

As diferencias que atopei ata agora non ten nada que ver ca idade, por exemplo, adestrei equipos de base que pola calidade que tiña, permitía facer máis cousas que os equipos senior. O mesmo que cas categorías, non sempre hai máis compromiso se subes nas ligas, eso vai en cada grupo.

 
  • QPC: Como calificarías o que vai de liga do Muxía?

Con boa nota. Estamos acercándonos ao que queremos ser, os resultados cos equipos da zona alta son moi bos pero non fomos regulares cos da zona media e baixa. Pero ca evolución do equipo, estou contento, pouco a pouco imos sendo mellores.

 
  • QPC: Cal e a fortaleza do Muxía?

As fortalezas son dúas, o vestuario é moi bo, xente da casa comprometida e os que se sumaron de fóra do pobo intrégranse á perfección.
No campo, a nosa fortaleza é o balón, queremos telo e somos perigosos con el.

 
  • QPC: Despois de ver todos os equipos, sorprendeuche algún lugar clasificatorio?

Na parte alta esperábame ver ós que xa están, pero o Coristanco foi o equipo que máis me sorprendeu, non os coñecía e foi un dos mellores que vin.

 
  • QPC: Este ano para o ascenso abrese o abanico, e un obxetivo real do equipo?

O ascenso non foi o obxetivo dende un principio, agora sabemos que o cuarto posto pode ter premio, non nos obsesiona, pero está claro que si podemos chegar, imos intentalo.

 
  • QPC: Esta xornada contra o Corme no Cairo, como chegades o partido?

Non chegamos como quixeramos, temos algunhas baixas importantes, pero confío cen por cen nos que salgan ó campo, temos unha plantilla de moi bo nivel.

 
  • QPC: Ahora xa non está invicto, eso fai creer mais na posibilidade da vitoria?

Creemos nas nosas posibilidades porque na primeira volta fomos superiores e merecemos gañar. O Cairo é outra historia, pero a este equipo encántalle xogar estos partidos.

 

Os traballadores na sombra

ENTREVISTAS do Fútbol da Costa en QPC

Comentarios