Martes. 15.10.2024
El tiempo

FSF: O Amarelle Santa Comba mantén o liderato

amarellestacomba-pastoricense17
FSF: O Amarelle Santa Comba mantén o liderato

O Fisober fixo o último viaxe da tempada nesta penúltima xornada e acadou un triunfo que as deixa 6ª na clasificación con opcións de mellorar posición na última xornada dependendo dos resultados.

As que manteñen as espadas por todo o alto son as do Amarelle Santa Comba, que conseguían remontar un complicado partido ante o ADC Lugo, grazas aos goles de Ge, Nuria, Elsa, Andrea e Lucía Sestayo. Con estes puntos mantéñense no alto da táboa coas opcións intactas de ascender precisamente á Preferente.

Preferente Galicia, xornada 28

  • Resultado: A FERVENZA FSF B – FISOBER FSF (0-9).
  • FISOBER: Sharay, Paula Fandiño, Ana, Nuria, Saray, tamén xogaron: Claudia, Lucía Martínez, Adriana, Uxía.
  • Goles: 0-1 min 1 Paula Fandiño, 0-2 min 5 Nuria, 0-3 min 7 Paula Fandiño, 0-4 min 15 Adriana, 0-5 min 16 Lucía Martínez , 0-6 min 18 Lucía Martínez, ( descanso) , 0-7 min 25 Adriana, 0-8 min 31 Uxía, 0-9 min 37 Adriana.

Un gol de Paula Fandiño no primeiro minuto puxo moi de cara o partido. Aos cinco Nuria facía o segundo e daba tranquilidade as costeiras. Despois dun par de ocasións máis, Paula Fandiño facía o terceiro gol visitante. A Fervenza tivo un par de ocasións para reducir diferenzas antes do cuarto gol obra de Adriana. Un doblete de Lucía Martínez antes do tempo de lecer deixou o partido moi claro para as costeiras.
Uxía e Adriana facían os dous últimos goles do conxunto dirixido por Dani Costa.
A vindeira semana o ED Vigo 2015 visita ao Fisober para pechar a tempada en horario unificado xa que as olívicas xóganse o descenso.

Liga Regular A da Liga Primera Autonómica Feminina, xornada 9

  • Resultado: Amarelle Concello de Santa Comba - ADC Lugo Sala Psicotécnico Dinan (1-5)
  • Amarelle Concello de Santa Comba: Eva Igrexas, Elsa, Andrea, Eva Lema, Tania (cinco inicial), Ge, Sheila, Nuria, Lucía Sestayo, Lidia, María.
  • Goles: 1-0 María José (min. 5); 1-1 Ge (min. 13); 1-2 Nuria (min. 22); 1-3 Elsa (min. 35); 1-4 Andrea (min. 45); 1-5 Lucía Sestayo (min. 49).

O partido empezaba con pouco ritmo nos minutos iniciais, e a escuadra lucense aproveitaba para adiantarse no marcador aos cinco minutos de xogo cun gol de María José. Aínda quedaba moito partido por diante, e a escuadra xalleira empezou a buscar a portería contraria e xerar ocasións, conseguindo poñer a igualada no marcador na medianía do primeiro tempo cun gol de Ge. Xa co 1-1 no marcador, Nuria conseguía dar a volta ao marcador e poñer por diante ao Amarelle Concello de Santa Comba a falta de 3 minutos para o final do primeiro tempo, subindo o 1-2 ao marcador.

Na reanudación, o Amarelle Concello de Santa Comba pasaba a xerar máis perigos sobre a meta local, e na medianía do periodo, Elsa subía o 1-3 ao marcador. Xa nos últimos minutos do partido, chegaría o 1-4, por medio de Andrea; e posteriormente, a falta dun minuto para o final, Lucía Sestayo á saída dun saque de esquina, subía o definitivo 1-5 ao marcador.
A seguinte xornada terá lugar o vindeiro sábado 21 de maio de 2022, a partir das 18:00 horas no Pabellón Municipal de San Vicente (A Baña), onde recibirán ao CD Seguridade Galega 5 Coruña FSF.

Máis información

Novas relacionadas

Máis crónicas do FSF

Crónicas do FUTFEM

Comentarios