Martes. 15.10.2024
El tiempo

FSF: O Amarelle Santa Comba, a unha vitoria do título de liga. O Fisober pecha o curso con empate

Foto do Fisober 21-22
O Fisober despedía ao adestrador Dani Costa
FSF: O Amarelle Santa Comba, a unha vitoria do título de liga. O Fisober pecha o curso con empate

O equipo xalleiro do Amarelle Concello de Santa Comba, dirixido por Nacho Tuñas e auxiliado por Sergio Vieites, afrontaba a penúltima xornada ante o pechacancelas deste grupo da 1ª Galicia. Foi un choque igualado pero un gol de Andrea, a falta de tres minutos para o final, deu unha nova vitoria para o Amarelle Concello de Santa Comba; que queda a unha vitoria de certificar o título de liga.

Pola súa parte, o pavillón de Cee despediu a temporada o Fisober, nun partido que ademais servía para despedir a Dani Costa que despois de tres tempadas ao frente deixa o cargo de adestrador do primeiro equipo a vindeira tempada para voltar a adestrar nas categorías inferiores do club.

Liga Regular A da Liga Primera Autonómica Feminina, xornada 10

  • Resultado: Amarelle Santa Comba - Seguridade Galega 5 Coruña FSF (1-0).
  • Amarelle Concello de Santa Comba: Eva Igrexas, Elsa Souto, Tania, Andrea, María (cinco inicial), Ge, Sheila, Nuria, Lucía Sestayo, Eva Lema, Lidia.
  • Goles: 1-0 Andrea (min. 47).

amarellestacomba-vilalbaB_17

O partido empezaba con dous equipos que se coñecen e moito desta tempada; pois era o cuarto partido no que ambos equipos enfrontábanse; e tíñanse as medidas moi ben tomadas. As xalleiras trataron de chegar á portería contraria e adiantarse pronto no marcador; pero a igualdade do choque foi crucial para que o partido fósese ao tempo de asueto co 0-0 inicial.

Na reanudación, a dinámica do xogo non variaba , ata que a falta de tres minutos para a conclusión chegaría o gol de Andrea, que poñía o 1-0 no marcador, e que ao cabo resultaría definitivo para dar a vitoria ao conxunto laranxa e asentalo no liderato da competición liguera.

Xa pensa no último partido de Liga ante o Grupo Forma-t Vilalba FSF B.

Preferente Galicia, xornada 30

  • Resultado; FISOBER FSF – ED VIGO 2015 (1-1).
  • FISOBER: Sharay, Paula Fandiño, Ana, Uxía, Saray; tamén xogaron: Claudia, Lucía Martínez, Adriana, Nuriña, Lucía Canosa, Carre.
  • Goles: 1-0 min 13 Ana, (descanso), 1-1 min 23 Ana María.
Dani e Ana Mouzo co Fisober Cadete
Dani Costa e Ana Mouzo co Fisober Cadete

O partido era decisivo para as olívicas que se xogaban o descenso e as locais que querían mellorar a clasificación. Un gol de Ana adiantaba as costeiras na primeira metade. A volta de vestiariros un gol de Ana María poñía a igualada no electrónico que xa foi definitivo. O resultado non mellorou a clasificación de ningún dos equipos, as costeiras que de gañar ao menos serían quintas na táboa, e unhas olívicas que descenderon pero aínda que gañaran non se salvarían polos resultados que se deron na xornada.

O Club agradece o compromiso de Dani Costa nestas tres complicadas marcadas polo covid, nas que acadou a permanencia con solvencia rematando este curso nunha 6ª posición.

O Fisober, un ano máis na Liga Galega Cadete

Fisober Cadete en Liga Galega
O Fisober Cadete mantén o seu posto na Liga Galega

Das categorías inferiores do cadro dumbriés, tan só competía o cadete masculino que era o último equipo da base do Fisober por pechar a tempada e acadou o punto que necesitaba para garantir a permanencia na Liga Galega unha tempada máis, asegurando non sufrir na última xornada e ademais evitando os posibles arrastres, acadando unha meritoria novena praza da clasificación.
Polo Fisober formaron: Brais, Pablo Costa, Javi, Iago Larrañaga, Álex; tamén xogaron: Adrián, Leo, Adan, Yonatan. E os goles costeiros foron obra de Iago Larrañaga en dúas ocasións, Pablo Costa, Álex, Adrián.

Máis información

Novas relacionadas

Máis crónicas do FSF

Crónicas do FUTFEM

Comentarios