Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Futfem: O Bergan sofre o segundo tropezo mentres o Cerqueda mantén as súas opcións de meterse na Fase

bergantinos contra o Lostrego
Imaxe do Bergantiños-Lóstrego
Futfem: O Bergan sofre o segundo tropezo mentres o Cerqueda mantén as súas opcións de meterse na Fase

Segundo partido da Fase de Ascenso á 1ª Nacional e segunda derrota para o Bergantiños. As Eiroas acollía un ambientazo espectacular para animar ás de Gueli na súa loita contra unha das favoritas, que chegaban tras unha liga regular cuns números que marean (80 goles a favor e 3 en contra), e que conseguían vencer, pola mínima.

Mentres, en 1ª Galicia, o derbi entre Xallas e As Miúdas quedaba na casa. Pero a nota máis importante, ademais dunha nova vitoria, xa van 6 seguidas, do Cee, é a goleada dun Cerqueda que está preto de meterse na Fase de Ascenso. Ten un punto máis a día de hoxe que o Cacheiras, pero este xoga un partido atrasado este mércores. As vindeiras xornadas serán claves con choques complicados para os dous equipos.

Pola sua banda, o Mazaricos tocáballe obrigado descanso pois o Vista Alegre, que ía ser o seu rival no comezo da Copa, deuse de baixa a última hora.

1ª Galega, Fase de Ascenso, xornada 2

Bergantiños FC - Lóstrego CF (0-1)

  • Bergantiños: Andrea, Noe, Tati, Elena, Yaiza, Inés, Lara López, Paula, Laura Caamaño, Cruz e Bárbara. Tamén: Lorena, Laura Torrado, Carla, Zaida e Lara Sánchez.
  • Gol: 0-1, m.80.

As de Gueli cambiaban a forma de xogar, esperando atrás, para intentar roubar e saír en transicións rápidas. Na primeira metade apenas houbo ocasións, e só a balón parado se conseguía chegar á área rival.
Non se decantaba o choque tamén na segunda metade. As carballesas tiveron algunha ocasión a balón parado pero no treito final, precisamente nun córner, adiatáronse as visitantes. Foron arriba as locais, deixando espazos atrás que permitiron algunha contra, pero non chegaría tampouco o empate, que podería ter sido máis xusto.

Bergantinos Feminino agradece a afeccion
As carballesas agradecen o apoio da afección das Eiroas

2ª División Feminina, xornada 20

Cerqueda - Amio (7-0)

  • Cerqueda: Lidia, Gabi, Paula, Naroa, Raquel, Cris Veres, Natalia, Nuria Veiga, Saskia, Lorena, Eva. Tamén: Lucía Rod., Nuria Varela, Zeltia e Lucía Dourado.
  • Goles: 1-0, m.12: Naroa; 2-0, m.22: Gabi; 3-0, m.31: Paula; 4-0, m.40: Gabi; 5-0, m.86: Paula; 6-0, m.88: Paula de penalti; 7-0, m.89: Nuria Varela.

Partido dominado de principio a fin polas locais onde desde o primeiro minuto o Cerqueda mostrou o seu dominio. Non tardou en chegar o primeiro xa que o equipo de Xaviña non quixo ceder nin un só minuto ante o Amio para evitar sorpresas.Foi Naroa quen abriu o marcador ao quedarse nun man a man ante a porteira aos 10 minutos. Gabi tras unha gran xogada por banda de Paula ampliaría a vantaxe e pouco despois a mesma Paula subiría o 3º ao marcador á media hora. Antes do descanso Gabi ampliaría a renda ao 4-0 rematando un córner.

Na segunda parte seguiu o dominio local e chegarían máis ocasións aínda que foi cerca do final cando Paula pecharía o seu triplete na mañá do domingo, primeiro aproveitando un pase longo que a deixou man a man ante a porteira e despois transformando un penalti. Para pechar o marcador sería Nuria Varela a que estreou a súa conta goleadora e pechar así un partido que segue mantendo ás de Xaviña na loita polo ascenso

Xallas - As Miúdas (1-0)

  • Xallas: Rosio; Laura, Alicia, Leti, Maite; Michelle, Luchy, Rita; Yoli, Yasmina e Xastia. Tamén xogaron, Olalla, Lucía, Andrea, Rhany e Tania.
  • As Miúdas: Adriana; Pau, Mariña, Clara, Sofía; Alba; Marta, Ana, Leti, Saray; Paty.
  • Goles: 1-0, m.18: Michelle.
Xallas feminino
A piña das xogadoras xalleiras antes de comezar o partido

Con 11 presentábanse as Miúdas en Fontenla, en clara liña ascendente pero con pouco recambio para afrontar 90 minutos nun campo tan grende. E foi ademais un partido moi físico e duro, cun cadro local superior, mellor posicionado, que tivo máis ocasións. Abría pronto o marcador Michelle, e parecía que o partido podería rematar en goleada. Pero en fronte estaba unha Adriana que, con paradas incribles, mesmo un penalti a Xastia, mantivo ás muradás no partido, que loitaron ata o final con afouteza e coraze. e mesmo meteron os nervos no corpo das locais nalgunha xogada a balón parado.

Calo - Cee (1-3)

  • Cee: Noemí, Lucía Rod., Lucía Facal, Andrea, Nerea, Lucía Canosa, Saray Duarte, María Lijço, Sharay Caamaño, Uxía e Lucía Martínez. Tamén: Laura, Ruth, Sablea e Nayara.
  • Goles: 0-1, m.21: Lucía Canosa; 1-1, m.70; 1-2, m.73: Andrea; 1-3, m.76: Lucía Canosa.

Primeira parte na que as ceenses foron claras dominadoras do xogo e na que puideron sentenciar o partido sobre todo en sendos man a man de Canosa e Duarte. As de Rafa levaron en todo momento a iniciativa do xogo iniciando e elaborando con calidade pero faltoulles un pouco de claridade no último pase.

Na segunda metade o Calo adiantou moito a liña de presión o cal dificultou a saída de balón das costeiras pero aínda así non pasaron excesivos apuros pese a que o Calo empatou nunha contra despois dun corner a favor. Pronto volvero nmarcar as costeiras nunha boa combinación entre Andrea e Martínez e pouco despois Canosa fixo o terceiro para cerrar o partido.

 

Novas do Álbum Futfem Galego

Crónicas do FUTFEM

Comentarios