FUTFEM: Xallas e Corme puideron celebrar os seus cantados os títulos, con Muxía e Esteirana loitando polo ascenso

O Xallas celebrando o campionato da 2ª Div.

Rematou a 2ª Div. Feminina e o Xallas confirmou o seu título de campionas. As de Eloy García Feteira completan un ano espectacular, e tras vencer 4-1 ao Brexo Lema na Fontenla ante a súa entregada afección, puideron celebrar o campionato e o ascenso por toda a vila. 3 tantos de Olalla e un de Noe Vimi, dúas das grandes protagonistas da categoría permitiron ás xalleiras remontar o gol inicial de Jasmina, e demostrar que este ano foron o mellor equipo da categoría.

Poden descansar xa despois dunha longa tempada as xalleiras, despois de quedar eliminadas dunha Copa da Costa que se retoma este mesmo domingo.

O Corme e o Muxía, en xogo na Liga da Costa

A estrana competición da 3ª, a pesar de ter 4 xornadas menos, non acabará ata o 1 de xuño. O Corme conseguía celebrar, a dúas xornadas do final, o seu merecido título de campionas da 3ª Div. Fem. 22 vitorias e 2 empates (124 goles a favor e só 15 en contra) suman as de Rubén Souto nunha temporada histórica para as cormelás, demostrando que o traballo ten premio. Onte, superaban ao Cerqueda por 0-2, cos tantos de Aroa e Zeltia.

O Corme celebrando o título da Liga da Costa

As que seguen pelexando polo posible ascenso son Muxía e Esteirana, que buscan meterse entre as 3 mellores 2ª dos 5 grupos. Mellor o teñen as muxiás de Isma Pose. Agora mesmo, trala vitoria 5-1 ao Mazaricos cos tantos de Andrea Piroja (2), Barca (2), e Nerea Barrientos), o Muxía está situada como a 3ª mellor segunda (por detrás de a Cañiza no Gr.5 e San Lázaro no Gr.3) pero necesita gañar a Zas na penúltima xornada e a un Corme que aínda non sabe o que é perder, na derradeira, para asegurar esa praza de ascenso. Afrontan as dúas últimas xornadas dependendo de si mesmas as da Barca, en todo caso.

Espera a Esteirana un tropezo das muxiás (e que non sume demasiado Eirís no Gr.1) para intentar esa praza, pero tamén ten ao líder, Céltiga, que só suma unha derrota en toda a temporada, na última xornada.

Polo demais, na Liga da Costa, o Ponteceso superou a un Bergan B que vén de menos a máis e parece enfilar a 3ª praza, co permiso dun Corcubión que está rematando moi ben a temporada, e que vencía a un Soneira tremendamente mellorado.

A atención trasládase este domingo á Copa da Costa coa celebración das Semifinais, entre Ponteceso e Dumbría no Pinguel, e Muxía e Cee en Arliña.

Máis info

Todas as crónicas do FUTFEM